Trail Río da Fraga

Como moitos sabedes, o domingo 3 de Febreiro, asistín ao Trail Río da Fraga en Moaña. Trátase da primeira de cinco carreiras dun Circuito de Montaña organizado por Galicia Máxica Trail.

Esta primeria proba, da que podedes ver abaixo o perfil, é anunciada pola organización como «perfecta para iniciarse no trail running», pois só ten unha lonxitude de case 20Km e un desnivel positivo acumulado de 700m. E, a verdade, así me pareceu a min, pois despois de participar nela, podo asegurar que calquera que se atope medianamente entrenado para correr algo máis de 15Km e lle guste o monte, o barro, cruzar regatos, subir e baixar trialeras,… vai a poder rematar este Trail cun moi bo sabor de boca.

perfilmoaña2013

Cóntovos un poco como foi a miña experiencia. De principio comentar que estabamos case 600 inscritos, cousa que me inquietaba pois correr tantos polo monte, por camiños moi estreitos, parecía que ía ser un «follón», pero ao final nada, só se notou nos 3 primeiros Km. Ademais, ainda que chovera moito as semanas anteriores, ese día saíu perfecto, un día soleado e cunha temperatura ideal para facer deporte ao aire libre, polo que a asistencia estaba case asegurada, e así foi, falaban alí duns 570 corredores. Para intentar arranxar este problema os membros da organización aumentaron un pouquiño o percorrido facéndonos correr uns 800 metros pola praia da Xunqueira, atravesar a desembocadura dun río e subir un dique, así, xa de saída, pelotón estirado e mollados case ata a cintura, jeje.

 

Moaña paso por río
Moaña, paso por río

Logo collíamos un camiño que transcorría paralelo ao Río, aí si que tivemos momentos parados, pois en algún punto tiñamos que pasar de un en un… pero nada, moi bo rollo e compañerismo, os que ían a competir ían moi adiante.

O camiño, a carón do río, xa vos podedes imaxinar como estaba (algunhas fotos da organización), moito barro, pedras con musgo, raíces, … que vos podo dicir, unha chulada. Así foron os 5 primeiros kilómetros. Logo o primeiro avituallamento, este só líquido, auguiña en vaso de Coca-Cola e seguir para adiante… quedaba o mellor por chegar.

Como se ve no perfil, todo para arriba os 10 primeiros kilómetros, pero, en especial, había un tramo por un «cortafuegos» que era peor que subir escaleiras, imposible correr, a andar… 

Ría de Vigo
Ría de Vigo

Unha vez arriba, e xa pasado o segundo avituallamento, nos atopamos cunhas vistas estupendas, tanto da ría de Vigo como da ría de Pontevedra, sitio e momento máxico que tiña que inmortalizar, así que nada, saquei de móbil e aí tedes algunha das fotos.

Ría de Pontevedra
Ría de Pontevedra

Pois nada, aí mesmo, nas Antenas, fixéronnos pasar por unhas escaleiriñas de a un, para control, e xa nos dicían que só nos quedaba «baixar con precaución»… e así foi, uns 7 Km de baixada. Que vos podo contar, pois que o pasei xenial, a primeira vez que non deixo pasar a ninguén baixando unha trialera, jeje… foi o mellor, eses 7 Km foron todos de risas, de adrenalina e, cando chegamos a zona de río, de barro, auga e… de todo!!! Xenial!!!

Subida ás antenas
Subida ás antenas

Bueno, ao final foron 2h14m de carreira moi moi amena, chegando coa sensación de que me pareceu curta pois, subindo non me atrevín a apretar por non cansarme e, estas baixadas tan empinadas, ¡¡¡non cansan!!!, jeje… Bueno, os 4 últimos kilómetros si que apretei o que puiden pero, con tanto barro, tiña que ir con coidado de non esvarar.

OEA
OEA satisfeito

Dicir, por último, que dos 570 que saímos terminamos uns 500, que eu quedei do posto 291, que o primeiro volou polo monte facendo un tempo de 1h27m en comparación có meu de 2h14m… Así que, a conclusión: se podo, repetirei, e espero que algún OEA se anime a vir conmigo, ¡¡¡¡non quero disfrutar tanto eu só!!!!

Un saúdo a todos

Manuel

 

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.