PEREGRINANDO A MUXÍA

Como dicía o outro, «mais vale tarde que nunca» e así é como ven esta crónica, case unha semana despois do evento, pero bueno tamén nos dou tempo de facer meeeeeemoria para contar as aventuras que un nutrido grupo de beteteiros tiveron de camiño ata Muxía pola vía da peregrinación.

muxia oea
Vista da iglesia da barca en Muxía, fin da ruta

Como todos os anos, o club ciclista os esfola arrós inicia a tempada dominguera a mediados de setembro. No verán a xente está mais para ir a praia e as festas que para pedalear. Este ano as saídas de domingocomezaron con forza e foron moitos os amigos oeas que se animaron a vir con nós e pasar un bo momento pedaleando polos montes da zona.

Pero o traca de saída sempre a da a primeira ruta a Finisterre. Xa empezamos fuerte, ainda nin dous domingos saíndo e xa 90km po lombo jeje. Pois si, así somos, que lle imos facer. Este ano apetecianos cambiar algo e planeamos ir ata Muxía, xa qe sabiamos que por ahi andaría en km, e ala fomos. Preparamos a loxistica de autobus, pabellón e comida e aire de Muxía.

Domingo 6 de octubre de 2013

A saída estaba programada para as 08:00 am. 21 ciclistas na parrilla das sardiñas e por diante moitos quilometros para as aventuras. Como sempre na saída os nervios de siempre, que si vamos xa que son e 5, que o que non está que queda en terra… jeje pero bueno arrancamos todos en comitiva pola carretera de Negreira para arriba. Vaia tropilla, un pelotón en toda regla, cos seus chalecos representantes, coas luces…todo moi organizado, como é normal. A idea era coller o camiño a altura de Transmonte enton ata o Portanxil fomos por carretera e a subida dos Barreiros serviu para entrar en calor. Xa con ese puntiño de alegría no corpo que da o frío da mañán dispoñemonos a cruzar a ponte sobre o río Tambre en PonteMaceira coas brumas sobre o ría que ven pasar un tras outro a todos os Esfola Arrós que contentos peregrinan cara Muxía.

Caras de felicidade na entrada de Negreira.
Caras de felicidade na entrada de Negreira.

Pero a alegría dura pouco na casa do pobre e jajajajja pasamos por unha zona do camiño cuns badéns que cruzaban a vía e un tras outro 3 OEA´S pinchan a cuberta ajajajja alaaaa¡¡ Aínda non eran nin as 9 e xa alí parados e vendo como se poñia toda a comitiva a reparar rodas. Aquelo parecía a de Traba nos seus mellores tempos. Pasados 20 minutiños todo solucionado

 Ruta sen demasiadas complicacións e que ata se prestaba para algún que outro pique. Sempre rodando todos xuntos e cun ritmo suavesito. (MARCHETILLA MARCHETILLA¡¡¡) Algún que outro pinchazo lle tocaba pero sempre rápido se solucionaba. Nos puntos complicados do trayecto alí estaban as cámaras para grabar as posibles caídas e é que os OEA´S sempre damos xogo para eso jejeje. Pero non foi nun punto complicado onde viñeron as caída….O primeiro en probar a terra foi o nooso compañeiro Necho que nun valiente xesto de manejar a burra cunha man topouse cunha pedra no suelo que fixo que se desestabilizara e pmmm ostiazo dos bos. Pero nahh alí estaba joyitas que moi hábilmente lle bota unha man e rápido tira de chave inglesa para arreglar unha simple desviación do manillar jejje. A todo esto íansse facendo grupos. Os andadios algo mais adiante e os que so fan a ruta a Finisterre cada ano algo mais atrás pero con bo humor que é o que se pide. O noso Presi dándolo todo para chegar o mais enteiro posible e non quedarse atrás xunto con algún outro rezagado das duas rodas jeje. Parada obrigada na cafetería de Olveiroa para tomar un cafelito e algo de comer e seguir. A partir de aquí comezaron os primeiros cambios de monturas, aquelo parecía o día de probas. Andrés a do Joyero, Necho a miña, o outro a do outro… todo sea por quentar un pouco a cabeza e se 29, se 27,5 …..E eso que no club xa temos todas as medidas posibles….O tema e pedalear e deixarse de caralladas¡

Bonitas estampas as que nos deixa o camiño sempre. Logo de esa proba de monturas chegamos ó Alto de Hospital e alí nos estaba esperando o enviado especial da Voz de Muxía jeje retratar a nosa chegada, todo un evento¡¡ Sacamos unhas cuantas fotogarcías e seguimos.

Reporteiros
Reporteiros

Xa quedaba menos para Muxía, segundo os postes uns 30 km. Íbamos ben de tempo. Dende o punto mais alto do camiño, solo quedaba comezar a baixar. E menudas baixadas, que ben o pasamos, cómo gozamos. Curvas cerradiñas, bo firme…e 20 OEAS monte abaixo eso solo pode dar nunha cousa. CAÍIIIIIIDAAAA¡¡ Desta vez tocoulle a LM, mais coñecido como o SALTABALOS jejje Este Luis cada vez lía unha diferente. Pero bueno a súa specialized 29er lo chupa todo e el sale despedido por enrriba da bike e aquí non pasou nada jeje A go pro está viva e continuamos. Seguen as baixadas e a xente emocionada. Todos se estaban a lanzar algo demáis. Adiantamentos por dentro, por fora, nunha roda…e nunpunto que ninguén se imaxinaba aparece Manuel como unha bola dos bolos e pmmmmm alá se leva por diante a Pato. Menudo ostiazo que se meteu o tipo… ainda que por suerte non houbo moitos danos, puido ser peor¡

A xornada sempre con bo humor e grandes dosis de aventura sobre todo cando chegábamos a puntos onde non sabiamos por onde continuar e empezábamos a improvisar jeje. Despois dunha boa quentada baixando sempre viña unha boa quentada subindo e eso xa se empezaba a notar nas pernas pero bueno xa nos quedaba pouco para entrar en Muxía e é que o camiño merece moito a pena. Entrás por un paseo moi chulo de madeira e co día que facía disfrutámolo moito.

ANDRÉS coa súa Pronjom de 27,5 que iba encantado, PATO, que é arrollado polo tren locomotor de MANUEL VIEITES. Outro que vai coma un tren que é CARLOS T. coa sua focusin de 29er, pekeno estrenando nova montura que non fallou nada, CARLOS D. sentíndose moi fuerte en todo momento xunto con KIKO que tivo momentos moi épicos durante toda a xornada. JUAN que volveu ás andadas ca specialized de 26, VICENTE ROMERO que pouca a pouco vai vendo de que pasta estamos feitos os OEAS, xunto con WILIAMS o noso compañeiro que se está unindo. Ademais de PEPE TABOADA sempre cun sorriso e un movil na man disposto a retratarte nas situacións mais cómicas. As autoridades do club, a PRESIDENCIA, aguantando coma un valente e volvendo ós camiños coa sua maneira clásica de pedalear. ALFONSO que tamén volve por fin a sair nesta ruta de comezo de temporada e coa bicicleta, non co bus. O que parece un autobús e o noso ANGEL alias JOYERO que mira que fai Kms parriba e pabaixo jejje sempre botando unha man a quen faga falta. Os chavales YAGO e JOSÉ dando a talla e desfrutando como bos OEAS que xa son. XULIO que coa súa marchetilla marchetilla nosameniza a ruta ademais de PANCHITO e NECHO que coa súa voz nos fan sentir que sempre están ahi ejejje e por ultimo LUIS MONTERO o cámara da ruta xunto co que escribe JORY, que sempre deixan imaxes para o recordo. Penso que non me olvido de ninguén…e se me olvido pois…. Bueno si. De ITO, OSCARITO, ABOGADO, ADRIÁN, SUSO BEIS, SERGIO que non puideron asistir a este gran comezo de ano pero que de seguro estarán para a próxima 😉

Xuntos chegamos a MUXÍA cun gran humor e un gran sprint final para chegar pronto ó pavillón deixar as mochilas no bus, ducharnos e a comer¡ Vaia comida. Percebes, navallas, calamares (pa uns mais que para outros jejejje) e raxo a fartar todo regado de cerveza (pa algúns mais que para outros jejje) e bo rollo xunto coas familias de algúns OEA´S que tamen comeron con nós e quixeron compartir con nós ese bo momento que vivimos.

UN ABRAZO FAMILIA

JPérez 

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.