PEDESTRE SANTIAGO 2013

PEDESTRE  SANTIAGO 2013

 PEDESTRE SANTIAGO 2013

Ola unha vez máis compañeiros, Yago Lestido ó teclado. Este Domingo 27 de Outubro presenteime á XXXVI  Carreira Popular de Santiago. A proba estaba dividida en dúas carreiras, a dos maiores de 11 km creo lembrar(persoas nacidas antes do 1997) e a dos pequenos/escolares 7 km(persoas nacidas posterior ó 1997 e este incluído). A min correspondíame a dos escolares, e ainda me queda un ano máis posto que son do 1998.

Todo correcto, todos na parrilla de salida, colócome diante de todo ó lado do gañador desta carreira, que gaña tódolos anos. A prensa como non xa o entrevistou a el e dicía que adestraba todo o ano para isto jajaja e eu ó estar ó lado chapei algo de cámara xD. Bueno, organización perfecta, non hai queixa. Saída puntual ás 11:30 despois de quentar un pouco por Xoán XXIII dende onde era a saída.

PÁS ! Pistoletazo e saída ! Collo o meu ritmo dende o principio xa aprendida a lección de capítulos anteriores … e algunha xente vai pasando. Carreira moi continua, sentinme ben correndo, non hai queixa. Subida por Bite durecha pero superable. Chegado arriba da costa pequeno puntillo no peito, subsánase e a seguir correndo. Agora empezaba a parte que máis me gusta a min, a zona vella de Santiago, toda a carreira ao meu ritmillo pero nesta parte si que no jajaja aquí é onde me encho e me enche de verdade a carreira e máis o disfruto. Eu sempre divido esta carreira en dous, a primeira dende a salida ata zona vella ao meu ritmo comodo e a partir de aquí ata o final FUEGO ! Sabía que a meta andaba preto, asique máis leña ó lume. Paso a uns cuantos e motívame. Sigo correndo a tope, chega a recta final … e máis leña ! Sprint … creo que nunca corrín tanto ! Houbo algún que se me intentou poñer ao sprint ó lado e non dou jejejeje chegado a meta en 33 minutos, para min boa marca, un posto 106 na xeral e de 70 na miña categoría. Non me vou con malas sensacións todo o contrario jeje ahora a entrenar para a pedestre de Negreira que é a que queda. Non sei se houbo máis presenza OEA polos maiores que non vin a ningún, que digan eles que tal lle foi.

Un abrazooos familia ! Vémonos !

Yago Lestido.

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.