NAVIDADES OEA 2013

bueno bueno bueno….un novo ano esta chegando e o vello está rematando. Ano tras ano, e xa van uns cuantos, a familia OEA xuntase para celebrar o nadal. Xa se sabe que os dous ultimos fins de semana do ano son para subir ó Rubial (celebrar o nadal) e altamira San Marcos (celebrar o ano novo).

Fai xa unha semana que moitos de nós, cargábamos as camelbags de todo tipo de víveres, sobre todo viño, champan, chourizos, queixos….e facer unha pequena ruta, xuntarnos arriba no Rubial e a papar¡¡ Iba un frío……que te deixaba congelado (para eso tiñamos o anticongelante jeje).

No alto do Rubial dedicámonos a comer, beber, botar unhas risas, comentar anécdotas…os novatos nestas reunións flipaban e é que semejante festa nunca se viu encima da bike.

Logo de encher e encher tocaba baixar do monte e algún baixou mellor que nunca¡ as trialeras parecían autopistas ca velocidade que levaban algúns jajaja. Pero bueno todo sen consecuencias case. Logo a baixada de Rañalonga, que sempre da moito xogo e sirve para poñer a cada un no seu sitio tamén. ó acabar o día tocaba o 3º tempo na de Manolito e vaia trofeo nos tiña preparado alí o tipo. IMG_6475

Dende as 9:30 da mañá ata as 5 da tarde dou tempo para pasalo ben e aproveitar o día….jejeje.

Logo chegou este domingo. Día sen choiva pero moito frío e que mellor para quitalo que un bo chiculate?? Moitos OEA.S (20) e algún compañeiro máis que nos acompañou. Fixemos parte da ruta OEA V probando cousiñas. As vistas desde o Alto do San Marcos con toda a néboa abaixo….Impresionante 🙂 O ambiente caralludo e as baixadas mellores aínda. Pero o bo aínda estaba por chegar e era a pota de chocolate que preparamos xunto co a rosca que sentou de maravilla. Preguntádelle ós canciños de Juan. jejeje

IMG_6576

E bueno de esta forma damos por rematado este 2013. Ano de moitas alegrías, o equipo foi medrando, cada día que pasa os OEAS imos tendo representación en moitos eventos e con xente que merece moito a pena. Eso e o máis importante. SEGUIR ASÍ DE UNIDOS.

O 2014 ven cargado de novidades e pensadas para que sigamos desfrutando da bicicleta.

PD: ahora a entrenar ehhh acabáronse as cheas jejeje

FELIZ ANO A TODOS¡

UN SAÚDO DOS INTEGRANTES DOS ESFOLA ARRÓS¡¡

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.