MTB OU CARRETERA?? AS DÚAS¡¡

                     DOMINGO PASADO POR LAMA (MTB)

Bueno chavalada, despois de mais de 1 mes ausentado da bici tocou volver a sair cos OEA´s. Esperábanos un domingo frío e con moita moita lama e charcos de nuestro señor, pero nada que un bo OEA non poida aguantar!

Saímos da praza das tetas  Taboada´s father, Adrián, José(compañeiro Adrián), José veterano, Luís Montero, o compañeiro de Luís do cal non me acordo do nome, perdoa, Kiko, Fernando (primo de Kiko), Juan e o que escribe (Taboada). Como tocaba Pedroso, as cabezas xa andaban a traballar para non ir tan directos cara o noso destino. Asique saímos da praza das Tetas cara a Ameixenda, onde por un tramo estreito nos fan presenciar un salto con tirabuzón con caida en regato! Jajaja foi o amigo de Luís que nese regato pinzou ca roda de diante e caeu, pero non se fixo dano que caeu o xeito. Aínda que despois veu Kiko e fíxonos un amago de caída, pero nada grave, todo controlado.

Despois destes incidentes proseguimos sen mais percances, polo momento… Seguimos uns camiños conocidos por Juan, onde nos iba contando que era por onde solía entrenar el cando saia solo. Seguimos andando,  ou intentandoo polo menos, que ca roda enterrada ata a metade nas lameiras complicaba un pouco a cousa, pero bueno ibamos tirando, subindo por camiños de herba mollada/lameiras/charcos no que saltou a frase de… Pero que pestoso se fai esto.. forzando ata que chegamos a unha baixada que enlaza co pedroso pola zona de figueiras, con bastantes charcos e incluso un vello con vara que apouco mais nos da con ela…

Logo desta breve pero intensa baixada comezamos a subir o Pedroso, ata chegar a metade do monte, pequena parada para avituallarnos e veñaa a baixar como toloos. Collemos baixada do descenso a fuego ata abaixo de todo, onde nos encontramos con Nando do Costa Vella probando unha Mondraker Podium 29, que chula a bici, eso ten que ir como un foguete, pero sempre con un bo motor encima jajaja

Deixamos a Nando e comezamos un tramiño pequeno de baixada con pedras con musgo e cheas de follas, aquí Adrián apareceuselle a Virxe pa salvalo de unha boa! COIDAO! O tipo resbaloulle a roda de diante nunha pedra e foise contra o valo da esquerda e como logrou safar? Moi fácil, simplemente hai que subir polo valo, xa nos dirás como o fixeches macho… jajaja

Agora toca a volta a casa, e como non, enganchamos o Camiño de Santiago, aínda que so seguimos  4, Juan, José, Taboada´s father e eu. Os outros, Luís e o se compañeiro xa iban para a casa que lles quedaba mais a man, Kiko e Fernando igual, e Adrián e José baixaron por carretera.

Proseguimos os  4 valentes  polo camiño sen aparentes incidentes ata bertamiráns, onde nos despedimos de Juan e José que tiñan algo de prisa. Aínda que non contento Taboada´s father aínda me fixo para a tomarlle unha na gasolinera jajaja E despois dunha tapiña pa casa, con lama en todoo o corpo, lavamos as bicis e deixamolas preparaditas para sair entre semana que haberá que buscar algun camiño para a IV Marcha OEA ou que?

Abrazoo!

ESTRENANDO A NECHO NA FLACA (CARRETERA)

Despois de moitos dias de auga e cansado de chegar cheo de terra a casa, decidín (Andrés), senón chovia, sair en carretera. A min unironse, Carlos D., Pato, Angel, e o novato  nestas lides Necho. Asi saimos da plaza das tetas os 5 camiño do Tremuzo (por non oir a Pato) a ritmo moi tranquilo, tan tranquilo que hasta nos adiantou un tipiño nunha btt, «a ver que vos está adiantando un Pegaso», espetounos o joyitas, jajjaja. Asi con pouco ritmo( alguns non lle adiantaron o da mtb nin en Urdilde, e non quero decir nombres, pero hai moito reservón, xa vos sabedes,jajja), chegamos a meta volante de Martelo, con Pato lanzando un ataque gaseosa, que nos deron para as primeiras risas da mañan…e xa estabamos en Serra de Outes.
Ali produciuse un motín e decídimos non ir o Tremuzo e tirar hacia a Pereira que era unha subida máis levadeira. Pato, resignado, non ofreceu moita resistencia. A subida é levadeira pero bastante larga, serviunos para darlle clases teoricas o novato Necho, «que si mete plato, saca plato, vaite de pe un pouco, que hai que ir a roda moi cerquiña, coidado co afilador»… Pronto puxemos a teoria en práctica pois o acabar a subida, nos chans hasta a Pereira, pegamonos un bo recalenton a roda de Angel.
Na Pereira paramos a tomar unhas cocacolas con donetes, e de aqui cara a casa xa cun ritmo un pouco mais alto para chegar a Bertamirans ben quentiños con 80 km ó lombo, pero eso si: LIMPOS.
Saudos

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.