LIÑAREDO – TAPIA – OCA – LENS (17-11-13 OEA)

Boas OEAs, a petición da directiva Jo … ejem ejem … Tocoume a min desta vez describir un pouco a saida do pasado domingo.

Coma sempre a saída foi dende a praza das TETAS. Alí estábamos uns 20 cascos máis ou menos, todos con ganiñas de quentar as perniñas polo frio que facía.

Diriximonos sobre as 9:30 dirección Cobas e a mala sorte tocoulle esta vez a Alfonso xa que partiu, perdeu ou saíuselle un parafuso da súa mtb, mala sorte!

Empezamos a subir toda esta zoa de Cobas e xa chegando ao desvío habitual para o Monte SanMarcos decidimos ir por outro e despois de sortear ramas, e cachopos recén recortados tivemos que dar volta e subir pola estrada.

Encaramos un par de pendentes en dirección o SanMarcos das que fan parar moito o ritmo. Unha vez sobrepasadas, diriximonos sempre subindo ao alto. Algúns xa nel e outros collendo un atallo na baixada polo monte, «10 segundos» de baixada e todos a pe de monte. Eso si, houbo quen se atreveu a baixar enriba da mtb.

Namentres ¡Ángel rompe a cadea!, non tarda en reparala e xuntarse co grupo no pe do monte. Entre risas e caralladas polo que se acababa de baixar, Juan solta unha verdade coma un puño «Qúen carallo limparía o monte con esa pendiente?», a saber, Juan a saber!!! pero as risas non no las quita ninguén 😉


Seguindo o camiño dirixímonos en dirección ao rio Tambre, todo discorreu rápido xa que as pistas estaban en moi bo estado e as zonas técnicas limpiñas que daban gusto.

Pasados uns 20 km xúntase de novo Alfonso, con nova mtb e Carlos e Necho aproveitan para reunirse coa familia. Rápidamente empezamos a descender e algún que outro a soltar pata nas curvas de baixada. Mi madriña se se comen a Angel abaixo de todo … Lume botaban as rodas …

De alí diriximonos a Tapia, coñas cos novos, fotos e arreando que hai que voltar a subir para encontrar novos camiños.

Chegando as 14:00 h, hora H, o careto era de eu quero ir pa casa!!!, así se fixo, ca mala sorte de que Alfonso trilla a roda, reparación rápida e a fogo para Bertamiráns, mi madriña como ían Jory, Joyero, Pato, Juan, … (carreteira de Negreira abaixo) Buff sin palabros, os autos dábanlle paso 😉

Unha vez ocupado territorio Bertamiráns, Pepe e Pekeno despídense cara Brión e o resto pa casiña.

Mi madriña que voltas cachondas se deron.

Ata a próxima

DavidGC_oea

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.