LIÑAREDO – TAPIA – LENS e a rodar¡¡

RODAAAAAAR Y ROOODAAAAAAAR, ROOOODAAAR Y ROOODAAAAAAAARRRRR

Así se podería titular a ruta de hoxe. Estaba claro o que buscabamos na xornada de hoxe. Tirar rápido ó Liñaredo e logo cara Tapia para descubrir algo aquela zona que temos tan abandonada.

Necho, Andrés, Carlos D., Kiko, Juan, Ito, Jory, Panchito, Pekeno, Luis Montero, Xisco, Willians, dous amigos de willians (un José creo e o outro que era cociñeiro non sei), David Gzlez, Botis e un Andadios de Villestro fomos os integrantes desta boa ruta. Bueno a dicir verdade LM apareceu ca bike de carretera que tiña que tar cedo na casa e Kiko algo igual pero veu en montaña. Outro día volvedes.

A noite era movida, varias fotogarcías amosaban a altas horas da noite que igual había varias baixas e non estaban todas do noso lado pero non tivemos maiores problemas, salvo a baixa de Oscarito que…. eso. jajja

Arrancamos dirección Liñaredo cunha «marchetilla» moi interesante e por camiños ultracoñecidos. Marchetilla que se ve interrumpida polo noso Pancho que fixo que a grupeta esperara por el en Ventosa. Todos xuntos seguimos dirección base do San Marcos por unhas subidiñas que xa nos poñían as pulsacións algo altas.
IMG_5707Era día de probas e o COI iba evaluando diferentes items. O primeiro do día era subida, «eu nunca fun por ese lado pero é mais directo» dicía Juan, naaadaaaa parribaaa, e parriba parriba ata que merdiña, roto tapao pffff e bicis ó lombo like José en sus mejores tiempos. Pero bueno pouco a pouco estábamos xa arriba moi preto do Liñaredo e da súa cima. Cada día mólame mais este monte 😉 Dende o alto poñemos a tirar ós trailers 29er e voando nos levan ata a primeira baixada importante da xornada, dirección Tapia. Pfff facía tempo que non baixaba tan rápido, a verdade e que a sorpresa do día foi o Botis que para ser carretero…..cara.. como baixaba ejejje. Seguíamos reagrupando e xa tocaba chegar a Tapia. Aquí o noso Pancho nun acto infantil total trilla a cuberta e aire pa foraaaa, a cambiar cámara e o grupo a meterlle uns nutrientes para dentro que olle, xa entraba a tales horas. 

A partir de aquí, algúns abandonaron (qué mal fixestes…) e o resto seguimos modo exploración ON con Juan e Andrés a la cabeza. A idea estaba clara e ala fomos. Moi directos e con referencias. Primeiro pola beira do tambre cara Pontemaceira (qué abandonada teñen unha paraxe como esta) e logo desde Lens a ver se había algunha pista…BINGOOOO. Camiño ancho, bo estado, rodador, sen case subidas, entre carballeiras….que nos leva ata Transmonte e alí enlazar co camiño de Santiago en Castiñeiro do Lobo. Os repechos víñanse a un xa pero a ruta estaba quedando moii chulaa. Os novatos seguían dando a talla ainda que por dentro igual se cagaban na virgen jejje. Antes do comezo da baixada de Castiñeiro do Lobo todo eran comentarios en plan, «no no hai que baixar amodo que hai peregrinos e podemos levar un golpe» «é moi peligroso ten unhas curvas que te botan para foora….» jajja Andrés arranca de coche 0 para avisar ós posibles pillgrins e ós 20″ a marabunta detrás…MIIIMAH como lle quedou a cara de susto a algun peregrino ajajjajaja eu paseille a un que case se quito o bastón xD pero bueno sen problemas ó final. Dende aquí xa dirección Caroubans por uns «Singles tracks» vai Andrés que déronlle un punto mais á ruta xa de por si interesante, para finalizar indo cara o asador donostiarra (gasolinera dos ánxeles) tomarlle os nosos preciados pinchos¡

EEEEEHHHH pensabades que me íba a olvidar da caída de Juan jajajajja non ohh. Ir pola beira do río e de repente escoitar «jory saca a cámara rápido que mira Juan onde caeu» e alí o taba, amarrao a unha pola a ras de río jajajja que tipo….

UN SAÚDO

JPérez

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.