IV CRITERIUM OEA!!!

IV Criterium OEA

Domingo 23 de Xuño, día D, o corpo xa o pedía, aplazado polo mal tempo e por motivos varios, chegaba a cuarta edicion do Criterium OEA. Proba tamén das clasicas OEA (voume ter que facer redactor xefe oficial das clásicas OEA) que transcorre no monte San Marcos. Alá nos xuntamos nas tetas (non sen atraso) a saber, Familia Taboada (Sr. E Jr.), Carlos, Andrés, Ito, Joyero, Oscarito, Panchito y su panchifurgo, Jory, Avogacía SL, Pato, David (amigo de avogado xefe de non sei qué), Sergi GTI, Suso “Supersmile” Beis maís o que escribe, Pekeno.

Arrancamos logo para o circuíto sempre enganoso do alto do San Marcos, ritmo imposto por Pepe e por min, suavesito para entrar en calor. A todo esto o día bastante bó se non fora porque a alguén se lle olvidou pechalo portar e sopraba o Nordés que doía nos osos. Chegamos arriba e armamos campamento, e comeza a discusión anual sobre como se organiza a salida, e coma sempre, jaleo. Uns que todos xuntos xa, outros que quentamos e xa facemos salida lanzada…un lío. Ao final decidiuse que se daban 2 voltas a un ritmo floxo imposto polo Secre, Jory, e xa ao acabar a segunda cada un ao que dera. Así “se fixo”, porque Pepe e avogacía toda non se enteraron da salida, Oscarito estaba durmindo na fugo de Panchito (ver foto) outros non se enteraron de que había que ir xuntos…CANTEIRA! Pero a cousa foi que todo saiu ben. Co paso dos eliminados do primeiro, comezaban a facerse grupos, Jory e Taboada Jr. en cabeza, Harry e Andrés detrás, seguidos de Carlos, Panchito,Joyero. Ito e Pato, e o resto como o escombro…As voltas foronse sucedendo, Jory xa dobrara a todo dios, Taboada despois foi ao seu ritmo, e Harry logrou despegar a Andrés de roda.

Ao final o Podium quedou completado por 1º Jory, 2º Taboada Jr. e 3º Suso. A todo esto eu fixen de xuíz e dou fé de que algún estaba máis vermello co propio maillot! Despóis dunha freca bebida, marchamos (facía un frio de cara…por culpa do vento) ata a de Juan que nos preparara unhas torillacas con guarnición de churrasco e criollo!!!! Notábase que era o día de San Xoán, e todo esto con cervexiña e Pepsi, e cando hai cervexa, aparece Kiko jajaja. E xa se sabe, OEA+comida+bebida+ferramenta+cans de Juan= RISAS. A poñerllo o meu casco aos cans de Juan, Panchito fixo un remix do Played a live, repertorio de radio….vaia risas!!! O caso era pasalo ben, en familia que sempre se agradece moito! Logo desto cada jaliña po seu curral, eso si, cos míticos ataques ata Bertamirans. Nada mas, un abrazoooo!!!!!

P.D. Perdoade a tardanza, espero que vos guste! Muack!

Pekeno

Pronto FOTOS

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.