INICIO TEMPADA OEA 2013-2014

IMG_6976-SMILE

29-9-2013

E por fin chegou o día no que o CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS volveron á praza das Tetas en Bertamiráns para rodar polo monte. Logo da foto oficial do día anterior coas novas equipacións (GRACIAS A CASA ABELLERIA -DISPREX – AMERICANS PIZZERÍA – TINO PELUQUEROS – PELUQUERÍA MANUEL – TESEL – PAZ ABOGADOS – ÓPTICA ZAERA) o domingo presentábase nubladillo con posibilidade de chuvia pero alí estábamos un feixe de OEA´S, algún ULTREIA con Simal á cabeza e algún compañeiro máis que decidiu sair con nós a disfrutar dun domingo en compañía de xente que lle gusta disfrutar do monte sen prisas. Uns 20 en total.

Feitas as presentacións tocaba arrancar e o destino estaba claro, ahora que como chegar….xa era outra cousa. Voltas por aquí e por ala. Ás primeiras de cambio Panchito xa tivo que abandonar, o nucleo volveu a darlle problemas e a súa cara era de poucos amigos…sobre todo con un de Santiago que sei eu jajajja pero bueno cousas do oficio. A mañán ameazaba chuvia pero estaba respetando, e así co jiji jaja fomos subindo cara o Bosque Animado e logo cara Ventosa e por detrás do campo de futbol do Covas onde David (O físico) tivo un pequeno problema coa cuberta que rápido solventou. Neste compas da saída apareceu Raul, veterano biker da zona que se nos uniu, logo de baixar de Santiago cara a casa ó ver que non había ningún Ultreia no seu punto de saída habitual. Agora xa era Juan o que nos levaba por unha corredoiras moi chulas que iban cara a base do San Marcos co cal o que nos tocaba subir estaba claro. Ascensión onde xa se empezaba a ver a lengua fora a algún pero pedal a pedal chegamos ó alto do Liñaredo para alí desfrutar das vis…, da niebla mais ben jeje.

PERFIL OEA 29-9-2013

O parón estival notouse en algún pero bueno o que mais e o que menos foi tirando e con boa cara jeje. Cada un iba desfrutando á súa maneira e penso que os que viñeron con nós foron moi ben tratados esperando que volvan e nós alá. jeje (Si Simal, intentaremos ir ata esa zona vosa jejje)

As baixadas a algún atragantábaselle pero as subidas….mimah como iban os Master 50-60 polo monte arriba jaja na llama. Pero esa llama rápido de apagou cando David (O Físico) volveu ter un percance coa roda que coa maña Joyerística rápido se arranxou (15 minutos alí a chuvia….) A partir de aquí os cadáveres, perdon ajajajja a xente que tiña prisa, xa empezou a marchar e a idea de subir ó Mercuto cambiámola pola idea de baixar cara Villestro cara a casa do MEIJO (hechicero para los de la Coruña) e pim pam e entre risas chegamos á baixada estrella da xornada que nunca defrauda, a baixada de ALDEA NOVA. Qué autentica chulada….

Pouco a pouco a fame iba aparecendo e decidimos tirar cara a gasolinera para lavar bikes e tomarlle as tapitas que moi gustosamente nos ofrece Manolo para repoñer algo as forzas 😉

E pouco máis, a verdade e que foi un gustazo de saída coa xente que veu. Os novos espero que o pasárades ben e que volvades (comentadelle ahí), os Ultreia Simal, Dipri?? e Raul, como di Simal, «case» sodes OEA´S, faltavos a sanGre ejejjejejej 😉 e os vellos roqueros, todos os OEA´S que hoxe nos xuntamos, qué decir, que cada vez son risas e risas e pasámolo de pm. ÁNGEL o da for, non me olvido de ti ehh, volve cando queiras, eres moi ben recibido.

Un saúdo a tod@s

JPérez (CICLOindoorforLIFE) PD: dalle un toque pro no? jajajjaja

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.