II XC SANXENXO (Open Galego Ralli)

Ola compañeiros e compañeiras das dúas rodas¡¡¡ Que tal estamos?? Os OEÁS mais liados que nunca ca organización da súa 4 edicion da marcha, pero non por iso deixamos de pedalear.

Este sábado comezaba o Open Galego de Ralli e alí estabamos para representar ós OEA´S Carlos T. que estrenaba categoría sub 23, Yago Lestido que estrenaba se nas carreiras en Cadete, e o que escribe Jory, que xa van 3 anos competindo, dous en categoría Senior e este ano estrenando categoría en Elite, que tal como di a palabra estan os mellores de Galicia.

Tocaba acudir a Sanxenxo, tocaba visitar ós do Team Corbelo e a varios amigos que alí temos. O día unha autentica trapallada, chuvia, néboa…pfff un asco pero as ganas eran moitas e alá fomos. Comemos e arrancamos os dous coches para alá. Pepe Taboada no Suzuki coa carpa ó lombo e no outro coche os corredores. Autopista e entre comentario e comentario chegamos ó peaje donde xa botamos as primeiras risas cando ó pasar por debaixo do telepeaje a barrera non nos abre jajaja e primeira ó peito xD volta para atrás e a facer figuras co aparatito ata ver se abría a barrera que finalmente nos deixou pasar 🙂 Chegamos ó circuito que está no Monte do Con e xa había ambiaente. Buscamos sitio para aparcar e para montar a carpa que quedou alí o lado do circuito moi ben situada. Chovía bastante pero logo de asentarnos e montar todo arrancamos facer a volta de recoñecemento….Vaia odisea, o circuito estaba moi chulo pero a chuvia desfixoo todo. Moita lama e as baixadas impracticables de todo, cheas de raices, lama, e trampas que á minima xa che facían probar o suelo e así o fixemos varias veces.

A parrila das sardiñas estaba formada cos élite – sub 23 saíndo de primeiros e logo o resto. Colocados non moi adiante Taboada mais eu pistoletazo de saída e zas¡¡ Meter todo e aire. Por diante 4 voltas ó circuito que tiña case 7 km por volta e facíase longo longo….Primeiras voltas con boas sensacións e nas primeiras baixadas xa estaba toda a xente animando e claro a xente colócase donde hai espectáculo e o espectáculo estaba nunha trialera que acababa cruzando un regato cun pale….e alí habia de todo miña nai. Cada volta que pasaba aquelo convertíase nunha odisea e había que ter mais tempo o pe no chan que no pedal e cando o querías meter no pedal…Olvidate, todo o barro ali metido que non había forma de quitalo. Varías das subidas había que facelas andando xa que o terreno estaba pestoso pestoso. O que mais e o que menos probou o chan. Que llo digan a Carlos T. que por culpa dunha caída tivo que abandonar…xa que a rodilla non lle iba moi ben. O noso cadete coma un campeón rematou a carreira. Que tal como estaba a cousa non foi pouco e eso que se estrenaba. Pouco a pouco as voltas pasaban e as pernas xa notaban o cansancio….pero alí estábamos dandoo todo. Gustaríame seguir o ritmo de algúns pero costábame e volta a volta foronme pasando os 4 ou 5 cos que intentarei pelexar dunrante este ano 2013 nas carreiras. Ó final moi contento co 13 posto conseguido que para ser a primeira carreira en Elite non está mal Eu pelei ata o final asique… bien por min¡

Gracias a Pepe Taboada pola auga e polos ánimos e tamén á familia de Yago por vir a vernos que sempre axuda 😉 Carlos T. como abandonou non puntuou pero Yago si quedando nunha meritoria 6ª posición

RESULTADOS XC SANXENXO 2013

OEA TEAM xa se puxo en marcha e cada día con algo máis de movimiento e representación nas carreiras 🙂

UN saúdo¡

FOTOS

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.