II RUTA BTT DA CARAMIÑA

ÓS TOMBOS EN CAMARIÑAS

IMG_5786

Como nón , habia unha marcha en camariñas, e alá fomos, Necho, Jory, Oscarito, Pato, Jollero, Carlos T, Carlos D, Andres, e o que escribe, Panchito, a visitar os nosos grandes compañeiros os PC BAIKERS DO VILAN.


Tocaba madrugar moito un domingo(outra vez), ás nove en camariñas, saída de bertamiráns ás sete e media pasadas, alguns ainda había pouco tempo que nos deitáramos pero sarna con justo non pica!!!!. Comenzamos ca rutina,recollida de dorsais, tomamos chocolate, preparamos burras, vestímonos de faena, catro parrafadas cos do vilan, etc. O tema principal da mañan era o dos kms, 45 a corta e 65 a larga, e coma sempre diversidad de opinións, «somos corzos ou que somos» » teremos que facela larga ou que?».
Chegou o momento de ír para o muelle onde era a saída da marcha, comendo un anaco de biscoito que fixo miña sogra con moito cariño… jajaja, sacamos un par de fotos antes de arrancar e o presi dou o pistoletazo de saída. Pato meteu algo de cizaña no jollero dicíndolle que había trofeos para os primeiros de cincuenta, e o susodito mais Carlos T coma fuegos detras dos primeiros,( o noso Jory desta vez, decidio non escornear cos de cabeza, e ir acompañándonos pa disfrutar da paisaxe) e o resto da cuadrilla na parte datras a un ritmo trotón falando burradas e vacilando uns cos outros. Entonces!!! carreiro estreito que desembocaba nun camiño mais ancho, cun pekeno badém entre eles sin peligro aparente…jaja home ó chan, o noso Necho levou un Tombo deses de caer barrija pa riba, jajaja(un despiste home) ó non ter consecuencias seguimos co ritmo trotón,  por uns camiños preciosos pola veira do mar, algunha trialera en subida que nos fixo sudar, e camiños de monte ratoneros «maravillosos». Peroooo…. a tranquilidade durou pouco, empezaron os pikes en llano, plato grande e jastar rodas nos cruces e nas baixadas, adelantamientos interiores, exteriores, uns por riba dos outros, unha maravilla vamos. Nunha subidiña que nos freou un pouco, aí estaban, os nosos enviados especiais pa seguir ós andaadioses de cabeza, Jollero e Carlos T os dous cas máns cheas de aceite, si vos dijo a verdad, non sei que carallo lle rompeu, pero xa o contará carliños despois. O caso, e que estabamos os nove xuntos, e outra vez a jerrear!! Camiño medio cerrao, con moitas pedras soltas, Oscarito mais éu luchando por chegar a unha curva perseguindo a Andrés(iva escapau), entra el primeiro e eu intenteille facer un interior, pero falloume a estabilidad por culpa dunha pedra na roda de diante, e ai vai!! Tombo deses de caer barrija pa baixo, jajaja… unha rascadiña no xeonllo e a maneta do freo de diante un pouco doblada, e tiramos outra vez.LEÑA!!! Con estes rifis rafes, chegamos o avituallamento dos 25 km, onde se partía a marcha, corta ou larga, comemos un pouco de todo e dividímonos en dous grupos, os Prós para os 65 (Jory, Jollero,Carlos T,Oscarito) e os trotóns para os 45 (Pato, Andrés, Carlos D, Necho, Pachito). Uns paquí e outros palí, seguimos a aventura nós os cinco afrontando estes últimos 20 km con ansias de acabar pronto pa ir comer a casa, camiños moi rodadores, metemos plato grande e os cinco en fila de «a uno» dándolo todo, vistas preciosas outra vez por delado do mar hacia o faro de camariñas, oleaxe perfecto, colléndonos o sol nas pernas ca brisa marina, pedaleo constante, pensamentos de…(si seguimos con este ritmo, daremos acabauu) ase saber, peroooo…como dixen antes, íamos os cinco en fila dándolo todo,cando de repente óese un berro, miramos para atrás e faltaba ún, quen viña de último?…Patoo, bicicleta no chan e vemos uns brazos e unhas pernas movéndose no medio das silvas do arró, Tombo de Pato completo, barrija pa baixo e despois barrija pa rriba con esperneo incluido, Necho al recate!! un bo golpe na rodilla e unha boa rascada nun brazo, (todo por culpa da madeira que separaba o camiño peatonal do outro)

IMG_5793

no seguinte km protección civil abriron de botiquín, auga oxixenada a dolor,(picaba a diós), intentaron convencer ó accidentado de que non seguira na bici, que fora con eles no coche, e se non , polo menos que non seguira polo monte, que collera a carretera pa chegar rápido, pero o noso pato é un tipo duro, deses que xá non se dan agora, jajaja, e acabou con nós os km que faltaban sin problema, e con un ritmo xa non tan intenso desda caída (dounos a vida a algúns) recorremos os últimos metros da marcha entre risas, recordando os Tombos do día, gracias a que non tiveron consecuencias graves, e eu asta aquí podo contar,os que fixeron a larga que sigan.

ACTUALIZACIÓN DE CARLOS T CONTANDO A PARTE DA RUTA LARGA 

Boas chavales, o domingo tocou moverse hacia Camariñas, a chulísima ruta da PC Baikers do Vilán.  Quedamos as 7:30 en Berta, cargamos bicis, metemonos nos coches e arrancamos a temazos. De camiño xa nos iba comentando Jory que era unha ruta moi chula e bastante rodadora (si, os 65 km tivemolos que rodar jajaja).

Chegamos alá as 8:45 mas o menos, a risas xa ca xente dos Baikers do Vilán. Aparcamos, e ala, polos dorsales. Preparaditos e listos para sair, comentando as estrategias “Pégate á roda de aquel que anda ben” “Ves aquel? Vaite detras que ese malla”, cousas de equipo.. jajaja Saimos, Joyero e eu a cabeza ata que apareceu jory polo medio da multitú, pero caeulle o guardabarros e alá foi por el. Joyero e eu seguimos, ata que nunha subidiña a forza descomunal ddas pernas de Ángel rebentaron a cadena da súa bici! Pois nada, paramos, amañamos e xa estamos co resto dos OEA, a partir de aquí xa nada, de risas y na más! Imos subindo os repeitos en grupeta ata chegar ao avituallamento líquido. Rellenamos cacharras ( Quen as tiña ) e comentamos algunha xogada, ata que nos damos de conta de un chaval que estaba alí, que tiña unha arenilla no casco jajajaja. Despois das risas volvemos a poñernos en movemento. Que si sube, que si baixa, que si Oscarito vai apajarao, que si se fai a corta ou a larga.. e así ata  o aavituallamento grande. Aquí cambiaron os papeles… Andrés, Necho, Panchito, Carlitos e Pato a corta e o Joyero, Jory, Freire e eu a larga. Separamonos e alá imos a roda do Joyero, o tipo tirando dos tras a muerte ata chegar a outra rampaza onde PLÁS! Vólvelle a romper a cadena, neste punto xa dixo que non a volvía a amañar porque iba acabar rompendo de novo asique viñeron por el. Ao marchar Ángel xa o tomamos con outra filosofía, a de non entrar nun banquete de polos fritos! Vaaia planchas! Subir co molinillo enganchado todo o día. Nunha destas planchas de areilla decolorida tipica do noroeste galego, vemos a un parado no medio da pendiente, preguntamoslle se está ben, mirounos, dixonos que si que estaba descansando, aínda que nos sabíamos que os polos fritos chegaran a él.. pero cando eu mirei cara atras vimos unha mancha vermella e branca ala o fondo da rampaza. Pareceume un OEA pero desmentimolo porque quen podía ser? SIII ERA O JOYERO TODOPODEROSO!! Jajaja Seica lle puxeron cadena nova e tira!. Que fenómeno! A partir de aí volvemos a papar os 4 xuntos. Chegamos ao segundo avituallamento grande. Botamos un cachiño alí de risas cos da organización,e xa nos dixeron que agora tiñamos que subir Santa Mariña.. Cando che din eso, MALO!

Volvemonos a poñer en camiño, baixada chula e ala comezamos a subir Santa Mariña con Freire enseñando como arrancar en pediente, bien da 6ª vez saleulle ben, e con jory dando voltas pola cuneta jajaja. Subimos, subimos, subimos e subimos, vaia rampaza, tendida e prolongada, non se acababa macho! E alá arriba estaban os organizadores dando ánimos co de “Agora é todo llano!” Nunca esperes nada bo cando che din eso, vale  que había algunha subidiña, pero levábase perfectamente, pero menos mal que non se nos ocurreu poñer os chuvasqueiros, que entre que quedan un pouco frouxos e tal fan de vela e co temporaal que alí se levanto mimadriña! Menos mal que iba Ángel tirando a dolor e nos os tres agazapados detrás del jajaja Pero aínda indo fundidos nos quedou ese puntiño de forza para dar o espectáculo de entrar o pique como bos OEA´s jajaja

A partir de aquí xa foi relaxarse, duchiña, callos quentes, e un lote de conservas para Panchito! Jajaja

Aquí vos deixo! Para o ano haberáque volver!! Abrazoo

SIGUE PANCHITO

Nós ás doce e media da mañán collemos direccion para o pavellón, lavado de bicis, ducha, cañita e pa casa, como nón, escoitando as palabras sabias de Andrés, «non ai como ser andaadiós pa non facer cola para lavala bici e ter auga quente» jajajaja.

Recoméndovos a ruta a todos os que non poidestedes vír, merece a pena desplazarse a Camariñas, e merece a pena sempre tamén, levantarse temprano un domingo para pasalo ben, con xente tan «cojonuda»!!! Un saudo.

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.