FIN DE SEMANA COMPLETA¡

Logo de planificar toda a semana para estas probas, a fin de semana pasada acudía a varias citas.

SÁBADO 1-6-13 // I KDD BTT OS ANDADIOS

perfil andadios

Aquí ó ladiño da casa, mais concretamente en Villestro City, un novo grupo de amigos practicantes da bicicleta de montaña organizaron a súa primeira ruta. Foron 35 km e vaia 35 km¡¡

A este cita acude Panchito (o noso particular Andadios ) e o que escribe. 100 persoas e a idea na miña cabeza de non quentarme, xa que pola tarde había unha nova cita, esta vez en Cambre, no Open Galego de BTT.

Recollida de dorsais, esperar a que chegaran todos e a golpe de bombas arrancamos. Diante de todo, como se nota que non estaba o grueso do pelotón OEA. ruteamos polas pistas da capital para alargar o pelotón e logo de saúdos á xente dos balcóns xa nos metemos no monte de cheo. Miña nai o que ahí limparon estos homiños…Camiños, pistas, trialeras…todo moi traballado si señor. Xa de primeiras méten a baixada de Aldea Nova e….bueno…..outra cousa no pero esa baixada seina de memoria, que ata á moto lle adianto. jeje Xa estou de primeiro e Panchito quedou algo atrás (xa comentará algo da súa experiencia) A partir de aquí a ruta iba a ser en parella, co fillo de Carballeiro, o da tienda de moto/bicis de Santiago. Entre os dous fomos marcando un ritmo bastante alto en todo momento e disfrutando a partes iguais. Cruces a maioría ben controlados e os camiños espectaculares. Trialeras ratoneras, subidas técnicas, baixadas rápidas…de todo. Era un continuo sube baixa, así ata o avituallamiento onde a cousa xa se suavizaba un pouco e xa era algo mais liviano pero co que traias detrás…. Sinceramente….non sei con que parte me quedo, se a primeira ou a última….Penso que ca segunda parte que era mais rápida e para rodar e darlle caña ó pedal prestábase e algun dos camiños xa os coñecía.

Cheguei á meta e a verdade que agradecido polo trato de todos os que alí estaban. O recorrido acabeino en menos de 2 horas e podo decir que ó final si que me quentei… e que a situación requeríao e volverei repetir a ruta a ver se baixo de tempo. jeje (Haberá probas gráficas).

Xa na meta duchita e a estirar e descansar para a tarde. Panchito andadios chegou de 6 e olle, moi ben de pernas. Él na súa casa cumpliu, alí en Villestro é como o rei, e todos o ían saludar -«e ti tamen por aqui paquiño?» jajaja que risas.

Pinchiños do final moi saborosos amenizados pola charanga (era o día da romeria do deporte) e para os bebeadios tamen habia cerveza que segun fuentes oficiais non chegou a nada.

981688_145555238963812_2065095927_o

En definitiva ruta moi moi recomendable e traballada que cumple co básico en canto a organización de eventos. Pola miña parte podo decirvos que acabei moi contento e foi un gran entreno.

SÁBADO 1-6-13 // XC CAMBRE OPEN GALEGO BTT XC

A eso da unha da tarde arranco para Cambre. As pernas non as notaba moi cansadas pero sabía que o meu nivel non iba estar ó 100%…aínda así alá vou.

Pola autopista a calor que facía e a bourada da mañan fan que se me faga unha viaxe pesada e estaba desexando chegar. ÁS 2 e pouco chegaba e póñome a preparar todo que coua axuda de Fátima (presidenta do C.C. Costa Vella) faise mais sinxelo. Monto bici e a facer a volta de quecemento.

Circuito moi sube baixa de 5km de corda ó que debemos dar 6 voltas. Visualizo varias zonas técnicas e realmente son algo complicadillas e necesitarían algo de entreno pero agora non hai tempo para eso. Para o que si hai tempo e para ir dándome de conta da dor de cabeza que me estaba entrando, e era moi raro xa que NUNCA me doe a cabeza…O mosquei era importante e non entendía o porqué. Sigo pedaleando e en cada repeito a cabeza lateame coma se tivera o corazón nela…Comezo a darlle voltas e pensar se tomara algo… ou non sei…. E nada, a dor non cesaba. Chegado á meta decido non tomar saída. Penso que é a decisión mais acertada xa que o meu corpo dábame señais para iso.

Xa coa bicicleta no coche acompaño a Fátima e imos ver a carreiras. É a primeira vez que vexo unha sen participar e a verdade…qué diferencia e qué envidia velos correr. Pero sufrese tamén bastante eh…. Foi moi espectacular ver a algúns dos participantes pero espero que para a próxima eu poida participar.

Ó acabar arranco para a casa e xa pensando en si ó día seguinte iría á Transgalaica a Paraños…

DOMINGO 2-6-13 // 3ª TRANSGALAICA PARAÑOS

perfil paraños

Pois si, ó final tamén o domingo tiven ganas de pedalear e alá me fun ata Paraños, un pouco mais adiante de Ponteareas, para disputar a última proba do circuito Galego de Maratón.

Día moi moi soleado e de calor e o meu corpo con ganas de facelo ben e demostrarme a miña progresión nesto do ciclismo amateur. Nesta última proba decidíase o liderato para o cal o millor posicionado era Brandan, que este ano esta a facer unha gran campaña co Corbelo. Como tiven que inscribirme no día, xa que non sabía se podía ir ou no, tiven que sair dos últimos e con 100 ciclistas por diante miña, o que sría un pequeno atranco xa de principio…E así foi, ruteo polas pistas e ala…ós 2 km un senseiro estreito. Non entendo como poden poñer algo así na saída dunha proba de maratón que saben que vai haber un apelotonamiento…e ainda por encima por culpa de un tipiño que baixou un pequeno baden e se parou no medio alí levei a miña caída que me provocaría ó longo da semana unha boa contractura no vasto externo que a miña masaxista se encargou de traballar (gracias Lucía ;)) Dito esto a carreira erasn 2 voltas a un circuito de 28 km mais ou menos. Subida de 15 km con algo de todo e baixada de outros 15 cun descanso no medio para facer unha subida de 3 km aprox. Vamos que era duro¡ 1000 m por volta. A primeira volta marquei un ritmo que rondaba o 78% da miña FCr e non superaría o 85%  (cousa de umbrales que non vou ahora detallar) e que farían que puidera ir moi rápido sen darme conta e adiantando sempre xente. Un dato para min alentador e que durante a carreira non me adiantou ningún participante e iso sempre motiva en carreira. Na primeira volta xa recuperara 60 postos e rodaba de 40 na xeral. Sabbía que a segunda volta non seria tan rápida pero ainda así intentei manterme nos meus límites e facer a miña carreira sen NUNCA mirar atrás porque iso o único que fai e desesperarte. Pouco a pouco iba pasando a algúns ciclistas que me marcaban un pouco o ritmo e logo pasaba para eu seguir tirando. Que boas sensacions tiña….Na última baixada adianto ós ultimos e logro chegar a meta de 28 na xeral e 3º na miña categoría ELITE. Sen dúbida un premio ó esforzo que supon o sair a entrenar moitas veces solo, con chuvia aire etc e que moita xente non entende. Esta tempada está sendo de coller experiencia na categoría e para a próxima intentaremos seguir ahí, e dando algo mais de guerra si se pode. O motor responde.

IMG_0259 Transgalaica Paraños

E isto foi todo, espero que nun futuro mais OEA´S me acompañen….que viaxar tan solo por toda Galicia….Ten o seu encanto pero xuntos faise mais levaderio. Esta fin de semana toca Ruta en Ferrol. Alá estarei.

Un saúdo a todos/as

Jorge (JORY OEA)

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.