DISFRUTANDO DO RUBIAL :)

Ola as persoas e as que non son persoas tamén! Hoxe dous OEA´S Jory e Yago ían a unha transgalaica, Espero que Ben! Xa faceredes crónica. Nos  tiramos eu (Adrián amor) mais un compañeiro (Jose) cara a Praza das tetas haber si había alguén para saír en montaña pero como facía un tempo perfecto nin frío facía o chegar alí estaban parte dos OEA´S todos cas monturas de carretera (Joyero, Hito, Necho, Carlos D, Andrés) penso que non me olvido de ningún estivemos alí un pouco, mais tarde chega tamén Kiko que viña para ir en montaña e tiña a bici no coche pero despois de ver a todos en carretera di como non avisades e esas cousas problemas de juasapeo e novas tecnoloxías jeje… Pensouno e dixo que o esperaran no camiño que ía a casa a cambiar de bici e coller a bici de carretera entón eles xa tiraron todos por carretera e nos tivemos alí debatendo un pouco de a donde íamos ir, tocar tocaba Portomouro pero como non sabiamos ben o camiño decidimos facer o primeiro cacho da nosa primeira marcha (Rubial).

DSC_0100

Fumos por carretera hasta chegar a entrada do monte tiramos todo por o cacho da marcha unha vez feito as subidas todas facemos a primeira trialera  xa rondando por o monte do Rubial alí quitamos unhas fotos.

DSC_0073

 Despois baixando cara o cacho das baixadas de Bastavales,

DSC_0086





Viñamos baixando e encontreime ca típica televisión silvestre “(Behind de musjo)” jeje…

DSC_0090

(Estas cousas non se tiran nos montes existen sitios como puntos limpos)

DSC_0091

Seguimos mais pa diante e víñalle dicindo a jose aquí neste camiño o dia da marcha estaba un vello cun tractor saudando a todos os ciclistas que pasaban por diante, Aí ben un feito que dou unhas cantas risas por o camiño (Resulta que de repente sae unha persoa das malezas e di “O vello esta aquí eh!!!” Xa supoñedes  a cara me quedou… jeje…) Unha vez baixado todo o cacho de bastavales e unha vez chegado a entrada do Rubial seguimos tirando por donde ía a marcha seguindo o camiño que da a metade da subida larga que sube cara o rubial e no medio deste camiño descubrimos que o camiño estaba cortado por unha desembocadura de un regato, que desembocaba nun mar ou pouco menos era aquelo como o camiño pasaba por alí pois probamos a cruzalo haber que pasaba no medio era fondo de collons e había unha pedra no fondo da auga pero pasámolo sen ningún incidente.

Unha vez chegados a subida larga collemos por un camiño cara padrón despois tiramos todo por carretera, lavamos as bicis na gasolineira vindo xa cara aquí unha boa maña de MTB con un moi bo tempo e sen frío. Espero que os que fostes en carretera  tamén tiverades un bo dia. Bueno aquí acaba isto que pos guste a crónica non e moi grande pero… espero que vos agrada lela.

Un abrazo e un saúdo a tod@s

** ADRIÁN AMOR **

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.