Dia de Reis: disfrutando do MTB.

Ola, son Oscar Freire como o seu propio nome indica, e vouvos a comentar (espero que brevemente) cómo de ben foi a xélida mañá dun 6 de Xaneiro. Non tiña moi claro que foramos a acabar saíndo porque: 1) os quintos do día anterior 2) o historial de jory pa quedarse durmido e 3) a min non me apetecía nada saír en MTB. Ó final, os que casi nunca taban últimamente, estaban: Jory e Oscarito.

O caso e que quedamos estirando o café ata as 10 no NewYork, patrocinador que nos coida bastante, e como non había presión, esperamos a que o día quentase un pouco. Malia todo, 3º que nos puxeron as orellas frías e os mocos tesos. O destino era o monte Scala, e fomos ata alá ratoneando pistas: rio Sar, obras AVE, fragas do río… Joer qué frío, pero qué belleza saír así en MTB con nieblilla e todo xiado… e nin un alma se escoitaba, os rapaces abrían os agasallos ó carón da lareira, e nos disfrutábamos do regalo dunha boa ruta mtb como esta.

Paraxes lóbregas e con encanto.

Eu iba de rodaje, non teño o corpo pa caralladas así que xa informo que non vou a facer nada máis que disfrutar da subida, otrora vez sufrida, pero hoxe o día iba de platillo. No medio da subida, paramos a estreitar lazos cun cazador, que nos dí que é o último día de caza… andaban todos locos por un conexo (risas).

Coronamos, e eu entre que busco por dónde andan os meus bronquios, chegan 3 Ultreias que resultaban ser os unicos valientes dun grupo máis numeroso. La unión hace la fuerza así que facemos a baixada por donde nos gusta tanto. O monte estaba rápido e bonito a partes iguais. Hora de disfrutar ata que ó pasar o río, previa molladura de pés nun dia como o de hoxe, atopámonos con repeitada. Afróntase con dignidad.

Cazador cazado

Xa son as 12 e o sol luce con esplendor, facendo que as 4 capas de roupa que levaba, que nun principio do día foron salvadoras, me fixeran botar as alegrías coma un chourizo da jamalleira cando o botas na sartén con aceite. Despistándonos un pouco chegamos ás faldas do Picaraña. Seguimos cos Ultreia ata que os nosos camiños se separan: eles siguen polo Camiño de Santiago para casa, e nos ratoneamos outra vez.

Conforme caían os Km’s íbamos disfrutando máis dos camiños, unha chulada. Cando levas tempo andando en carretera ou sin andar, botas de menos esa sensación de mollarte no monte e difrutar de cada metro. Jory iba sempre de paseo e a min as pernas xa me taban a pedir papas.

Así que nada, como colofón, volvemos a facer a do rio Sar pero completa e do revés, para comprobar que o camiño ta moi rodador e moi limpo. De ahí para pasarlle unha auga ás bikes e tar antes das 2 na casa comendo o roscón de Reis, con 45km ó lombo, e cun dor de pernas e de cú digno de cando un bo día fai uns anos se me deu por volver a desempolvar a mesma bici que hoxe me volveu a levar polos camiños.

vistazas Meda

Espero que os que non viñéchedes disfrutárades igualmente do día, algún día nos seremos os que quedemos na casa cos… ¿fillos? e Andresín Jr, David, Joyero Jr, etc sexan os que tomen o relevo.

Un abrazo!!

Oscurito!

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.