CX TROFEO DE SANTIAGO (Granxa do Xesto)

Sete da mañan, coma estes últimos domingos (e os vindeiros) toca madrugar, inda que desta volta era distinto para min xa que sería a miña primeira carreira como OEA e nada menos que nun dos meus circuitos preferidos o da Granxa do Xesto.

Arrancamos cos colegas do CC Padronés  e nun viravira chegamos ó circuito, entrame unha bobera nas pernas, non sabía o que tiña que coller no bolso, facía cousas sin sentido… eu penso que sería a presión que me meteron o dia antes, que si  hai que apretar, imos ir todo o club, que tal e cual… mimaaaaaaa!!!!!  Ou sería o frio?? Estaba coma un flan ;b

Despois de un par de voltas para mirar que todo estaba no seu sitio e ver as primeiras carreiras xa non me paraba o corpo e poñome no rodillo, cando de repente vexo ó lonxe unha grupeta duns 15-20 bikers, Buaaa, ahí os veñen, que pasada!!!!  Acercome a saludalos un minuto e xa a formar a parrilla, non sei por qué pero xa non estaba nervioso.

Pitido de saída, por diante 60 minutos de moita explosividad, o caso era non reventar un, e nada máis pasar a curva de meta vexo unha morea de xente de rojo e blanco a ambos lados da subída berrando e incluso con trompetas, parecía aquello a grada ducati, Subidón ,Subidón!!! Ahí xa adiantei algún posto, e colocados estratexicamente para apretarme en cada subida e quentarme nas baixadas, tanto se notaron os berros que aguantei  con Darío (costa vella) algunhas voltas, estando físicamente moi superior  a min, ata que a falta de 2 voltas cambiou o ritmo e eu decidín mantelo, porque se non igual petaba, decisión acertada. Finalmente acabei no posto 10º, contento polo meu debut con Os Esfola Arrós creo que me saleu unha boa carreira inda que me faltou ese puntiño pa rematala.

A próxima semana estaremos o sábado por Dumbría e o domingo en Navia, un finde durecho.

Por sorte puiden sentir eses berros que entre tantos corredores dician o meu nome, e asi volta tras volta e en máis dun punto do circuito, unha cousa é contalo e outra moi distinta é vivilos. Espero que o pasarades tan ben coma min, e inda que sei que vai ser difícil repetilo, creo que máis de un merecedes tanto ou máis eses berros de apoio. Gracias a todos e en especial a un liante que me alegro non sabe el canto de estar entre OEAs. Gracias Jory!!!!!

by Nando

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.