CRÓNICA DA RUTA DA CAMELIA VEDRA

Unha vez máis, e como non en domingo, tres dos integrantes dos OEAs, atrevímonos a percorrer este pasado domingo a ruta que nos tiñan preparado na Marcha Da Camelia de 2014.

Puntualmente as 8:15 da mañán saimos Jose e o que escrebe cara Vedra, alí reuniríamonos con Suso Beis. Unha mañán a verdade que moi boa no que respecta ao tempo. Non choveu e non facía vento.

Despois das primeiras risadas do dia co número de Jose «13», que si nos avións non levan este número, que si da llullu, … O carallo e que «habelas hailas»… Xa veredes porque o digo.

A saida prevista para as 9:30, demorouse para as 9:45 despois dos consellos e normas publicadas pola organización.

Xa na saida, corte de cinta protocolario, e lumeee… Tanto foi así que Suso ía 5º nos primeiros intres de carreira, eu nas suas costas e Jose nas miñas.

Carreira bastante rodadora, con percorrido rompepernas e moito asfalto. Papamos asfalto que si o chego a saber poño neumáticos de estrada. Despois de 5km empezou a primeira zona técnica e ahí xa foi cando perdín a Suso de vista, Jose seguía conmigo e mantiñamos o posto.

Pronto, despois dunha sinxela e curta baixada bordeamos o rio, e menuda lamada papamos. Tanta que foi inevitable por pe a terra. O final deste carreiro 1º dos avituallamentos (platanada, Aquarius, Agua, e demáis). Neste intre foi cando me din conta que Jose non estaba preto, raro, raro, … Nada, foi ver un dos do Monte Bravo arrancar e a fuego detrás del, pero as perniñas nin pa diante nin pa tras.

Nesta segunda parte da Marcha máis repeitos e pistas anchas nas que rodar a fuego. Fun alcanzado por nada menos que Ezequiel, daquela debía ir 15º, e claro está non o vin máis de 30 segundos. Pasamos varias pontes a primeira delas sobre o rio Ulla e outra a do tren de cercanías. Neste intre ía a carón de Silvia que despois de 3km de seguirlle a marchetilla, como non na baixada cara a seguinte ponte perdinna de vista .Moita caña lle din as perniñas na subida. Hai que dosificar …

Seguindo a marcha imposta por Silvia un paisano petou un ostión en asfalto e en baixada, que fixo historia na carreira. Derrapou de atrás e tijeretazo al canto. Ufff…

Hai que dicir que o compañerismo reinou neste intre e os 7 que íamos preto del paramos e vimos como se volvía a reincorporar. «Hoxe andará con analgésicos» Seguro!!!

Despois disto chegamos ao último avituallamento, eu non parei, xa que estaba desexando chegar, e empezou a poñerse o terreo algo fastidiado con herba alta, barro e auga acumulada.

Os dous últimos quilómetros parecéronme interminables. Tanto que cando me pasou un maior dos Ultreia, uff … Como me ardía o corpo.

Chegados á meta 2 horas e 27 minutos para 41km. Suso xa estaría duchado (6º na marcha) e Jose, e Jose, onde carallo está o coche de Jose… Resulta que o final o número 13 do dorsal tivo a culpa de que partira a tija do asiento guapísimamente.

Rematada a sesión ducha bici, ducha aseo lavatorio persoal. A palicar un pouco coa xente, e para a casiña. Cabe dicir que a organización portouse e regalaronnos un planta de camelia a cadanseu. Un pasote.

Ata a próxima, que nos vexamos todos.

DavidGC

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.