CASTRO BARBUDO & IROITE

Fin de semana completiiiisimo para os OEA´S con representación e novidades en todolos campos, tanto carretera como montaña. Todo empeza o sábado cando dous dos integrantes dos Esfola Arrós se desplazan ata Ponferrada para completar a 4ª edición dos 101 peregrinos. Suso Beis e Oscarito. Proba que este ano sobresaleu pola súa dureza sobre todo nos km finais ainda que polo menos non houbo moito barro… Moi contentos coa súa participación conseguindo Suso un top 100 que sempre da ánimos. A ver se fan crónica da súa aventura.

 CASTRO BARBUDO

 PERFIL TARAGOÑA

Por outra parte o sábado pola tarde 7 OEA´S desplazámonos ata Taragoña para acudir á marcha dos nosos amigos do Castro Barbudo. A tarde estaba cojonuda e alá fomos ainda que con bastantes baixas, xa que os corpos de algúns non estaban moi católicos jeje. O primeiro de todo foi que estrenamos o remolque OEA, bueno o prototipo de remolque, xa que ainda lle faltan alguns detalles que todavía o fan algo imprevisible, pero bueno o noso ingeniero está traballando nel.  Unha vez en Taragoña descargamos bikes e arrancamos. En principio a ruta non iba a ter demasiadas complicacións e así foi. 15 km para arriba e 15 para abaixo. Nada mais e nada menos. A novidade de esta edición era ter ó presidente tamén participando. Foi gracioso ver como o custodiamos dende o primeiro momento, dous OEAS diante, dous ós lado e dous detrás xD e así pouco a pouco fomos subindo todos. Decir que a subida foi relaxadiña, e sen grandes complicacións salvo algúns tramos que se facían intransitables e non había dios que os subira, punto negativo da ruta. Unha vez arriba de todo reagrupamos oea´s e pabaixo¡ Aquí si que o presidente colleu a cabeceira e non houbo maneira de alcanzalo, baixando non perdeu moita práctica, aquí o vemos cunha estela de fume atrás.

IMG_4238 Logo desta pequena baixada habia un avituallamiento con algo para picar e aproveitar para falar alí un pouco. Comemos catro chilindradas e arrancamos a ver se podíamos empezar a dar guerra para o tema do día, o tramo libre, que este ano era coma siempre. A baixada ata él non tiña nada de especial, camiños abertos, moi cheos de pedras e pouco máis, todos baixamos sen complicacións. Ito, Andrés, pekeno, Carlos D., Presi, Pato… ahí estabamos todos. IMG_4242

 

Unha vez no inicio do tramo libre….as miradas para os posibles andadios empezaban. Eu intentei seguir as indicacións de Andrés que xa me dixo que me tiña que colocar en boa posición xa que o terreno tiraba para arriba e era bastante complicado ter tracción polo que coller unha boa zona era imprescindible. Esperamos 5 minutos a reagrupar e piiiiiiiiiiiiiistoletazo de subida¡¡ Arranco perfecto, colome entre algúns (de algo teñen que servir as carreiras jeje) e ala vou¡¡ xa entre os 10 primeiros e botando espuma pola boca con ganas de dalo todo. Eran 3km de subida que ó final se iban a facer duros duros. O primeiro km foi un inferno intentando coller ritmo. Sentíame fuerte e iba remontando ata situarme 5 ata que nun intento por baixar a plato mediano a cadea se me baixa de todo. MERDA¡¡¡¡ tiven que parar a poñela e arrancar de novo….Pulsacións a tope e remontando dende o km 2 ata o 3.  XA volvía a estar ahí adiante. O primeiro e o segundo xa se distanciaran pero o resto ibamos a roda todos, un grupo de 5 corredores. Ultimas curvas e digo…ahora teño que botalo todo, e así foi, pasando a todos os do meu grupo e rematando 3º. Pero……… PARA PARA PARA PARA¡¡¡ ALMENDRAOOO NON ACABA AQUÍ¡¡¡ jajja si señores si, ainda quedaba un cacho duns 300 metros e eu de almendrao pensei que acababa cando vin unha cinta no chan que marcaba que por ese camiño non se iba….. cando din reaccionado xa me pasaran tres homes dos cales so puiden adiantar a un e rematar 5º…. Que rabia…. pero bueno cousas que pasan. do resto dos OEAS Andres levouse o trofeo seguido de cerca polo resto.

Baixamos cara o pavillón para ducharnos e ali estaba o joyero que veu na moto dar unha voltiña e de paso papou algo de churrasco jejejje que cabrón. Xa limpiños e no pavillon comemos un rico churrasquiño e algo mais de picar que fixo que a tarde valera moito a pena. E no sorteo mira que nos tocaron cousas pero o tema e que a xente que lle tocou non estab… Abogado…Manuel vieites….pero bueno alí estaba Carlos D. ó que lle tocou un xojo de pedales.

Logo foi o presi e recolleu o trofeo ó club mais numeroso. IMG_4248

Dende aqui agradecer á peña ciclista Castro Barbudo o trato recibido e como non, para o ano alí estaremos¡¡

 IROITE

PERFIL IROITE

O sube e baixa, así se podía char esta volta que fixemos o domingo moorning. Xa facía tempo que non liaba unha das miñas, a mítica (Jory quedouse durmido jejej). Si señores, como cada ano, sempre hai algun día que me quedo durmido e onte foi ese día. Ás 9:30 desperto non sei como e xa vin no wasap de todo. Levántome, chamada de rigor e…alá vamos. Saio con 45 min de diferencia case e a idea era subir ó Iroite. A ver se os collo antes de que cheguen arriba. O día increible, sol, calorcillo, e sen aire. Alá iban unhs cuantos OEAS con Juan, Kiko, Carlos D., Pato, Andrés e Pato. Arranco en mangas de sisa. Ata Noia sen demasiados problemas e cun ritmo normaliño, sempre dentro duns límites que me marquei para facer uns bos intervalos. Xa cando aparto en Noia dirección Boiro as costas empezan a facer acto de presencia. O peor de todo case é a subida ata a aldea de moimenta, que pestodo mimah¡¡ Dos OEA´S nin rastro. Sigo subindo cun ritmo interesante e ata que chego arriba de todo non os vexo. Na última curva alá o fondo….lárgome un bo sprint para collelos pero non houbo maneira jeje. Unha vez arriba, e cun sol que apretaba comezamos a baixada. Como sempre, houbo bastantes piques ainda que as dotes baixando de algún deixan moito que desear…Nas rectas corredes moito pero nas curvas……. naaaaah jajaIMG_4257 IMG_4256

 

 

Logo dun refrixerio nunha terracita chill out al más estilo ibicenco seguimos baixando cara a seguinte chincheta do día. Vilacova. Subida longa e con bo firme que iba poñer as cousas claras. Todos vían fuertes a Necho, e a verdade e que o está. O cabrón está andando a Dios jajaja asíque ese era o Terminator a vencer. Como non, Andrés era o elexido para fecerlle fronte e o seu cuñado igual. A subida empeza e como non, Necho vaise e con Andrés á sua roda. Atrás quedamos o resto comentando o mítico, «xa caerá de maduro…, alí adiante vaise vir abaixo…, ainda o vou ter que sentenciar… jajajja» e demais palabrería. O caso era que se estaban indo e xa non os víamos asique dixen eu….mmmm imos ir ata alá a ver que fan esos dous. Para collelos puxen ritmo alto e cal e a miña sorpresa cando vexo que Carlos D. está á miña roda. Perfecto. Subindo a 30 km/h e Carlos flipando pero o cabrón non se despegaba. Foron dous km ata que os collemos e xusto cando os estabamos collendo había un ciclista na cuneta pinchado suplicandonos unha cámara con válvula estreita larga e alí fixen a boa obra do día dándolla. DE NADA¡¡¡ 😉

Seguimos ó noso e xa estamos os catro xuntos. Necho tira a dios, Andrés chupa a dios, Carlos D. gharda a dios e Jory reventa a dios. Eu vía que Necho se quentara e dixen… vouno estirar un pouco e alá vou, xusto na igrexa de vilacova empezo a tirar e tirar, él aguanta ata que despegamos ós outros dous e un pouco máis adiante despegome de Necho pero como a miña intención era queimalo un pouquiño e que aguantara a roda baixo ritmo. Os dous de atrás parece que apretaban e dannos alcance. Necho reventou un pouco e ahora e cando Andres lle pasa se pon a miña roda e veeeeña¡¡ Dime o tipo, tira tira jejejje Necho quédase, Carlos tamén e coronamos en solitario. Gran subida si señor. Logo chegamos a unha taberna e esperamos polo resto que viñan con mais xeito. Dende alí xa direcciñón á casa disputando un pouco a meta volante de Martelo e baixando desde Urdilde cunha forza que nos fixo arriesgar mais da conta. Vaia baixada a relevos e piques nos gastamos juju.

Gran mañán e bo entreno¡

 

Un saúdo (JORY)

PD: Carlos T. saleu a estrenar a súa nova 29er Focus Raven. A ver se a enseña. E moita sorte con ela neno 😉IMG_4235

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.