CARREIRA PEDESTRE DE BERTAMIRÁNS

PEDESTRE AMES 2013

Compañeiros, primeira vez que escribo unha crónica… non prometo que sala gran cousa. Pero o tema non é falar da miña experiencia ao teclado, senón sobre o que nos une a todos nós, o deporte, xa sexa sobre a bicicleta, ou correndo (Coma neste caso). Preséntome para os que non me coñezades, son Yago, o cadete.

IMG_5791

A pedestre estivo dividida en varias categorías, os absolutos onde competiu o noso compañeiro Manuel Vieites que era un circuíto de 7,9 km, alevíns, benxamíns, pitufos, e cadetes/infantís onde corrín eu cun circuíto de 2,4 km.

A Carreira partía da calle Entreríos – Bertamiráns. Recollida de dorsais un pouco desorganizada … pero bueno, efectivamente, atopei o meu dorsal e o chip como é de supoñer. Atopei a Manuel que el xa correra, xa que os cadetes eramos os últimos en saír. Púxenme a quentar, facendo pequenos sprints … xa había algún que prometía bastante solo con velo quentar pero non vamos coller medo jajaja 20 minutos de retraso entramos na parrilla das sardiñas … que desta vez si que nos deron volta e volta na parrilla con tanto mareo…PREPARADOS …LISTOOOS… … … … … NN SE OE O DISPAROOO ! Escorrego e ven algún comigo … volta a poñernos detrás da línea … volven a intentar dar a saída … e..,.. PREPARADOS LISTOS…………… NADA ! Outra ves ! esta si que non ma colaron e non me movín, o gatillo da pistoliña apertábano pero resulta que estaban sen petardos … e non se daba a saída …… resulta que á terceira vai a vencida … jajaja cargan a pistola … todos detrás da línea:

PREPARADOS LISTOS PÁÁÁÁÁS ! Saída a todo GAS ! Consigo poñerme 1º no sprint de saída ! Todo vai ben manteño o posto os primeiros 200 metros de primeiro. Pásame algún que outro atleta de Noia e do Dexter de Tríatlon. Contaba con eles jaja era de supoñer. Eu sigo ao meu ritmillo máis ben baixiño que levaba tempo saíndo en bici pero a correr 0 patatero jeje algunha pequena mala sensación polo camiño fixo que me desmotivara  bastante pero render non me ia render. 2 voltas bordeando o camiño fluvial e meta.

Cheguei ao final cun 25º posto na xeral, e 16º en cadete. O meu punto nótase que non é precisamente correr. Disfruto máis encima da bicicleta, para que mentir. Pero aínda así gústanme as pedestres. Este Domingo 27 irei á de Santiago, e o 10 de Novembro á de Negreira se Dios quere claro ! Apuntado xa estou jajaja solo  falta ir e correr 😉 escribirei crónica sen falta.

PD: Encantado de lucir o maillot OEA como non !

Un abrazo ! Vémonos !

Yago 😉

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.