Camiño a Vedra

Destino: Milladoiro-Luou-Cacheiras-Vedra
Asistentes: Pato, Angel Jollero, Jorge, Andrés, José, Juan, Panchito, Sergio, Kiko, M. Vieites, e tres mais que non lle sei o nome.

Domingo día 20 de Xaneiro, no calendario OEA marcaba como destino a zona de Luou – Cacheiras, pero non nos chegaba, e decidimos ir un pouco máis aló e pasar do Concello de Teo ao Concello de Vedra, chegando na nosa saída ata San Xulián de Sales para percorrer unha fraga moi chula que se atopa entre a AP-53 e a N-525.

image (1)

O día presentábase chuvioso, pero non tanto coma o día anterior, que caera moitísima auga acompañada de rachas de vento de ata 80km/h. Así que nada, non tiñamos ningunha escusa para non saír, ou así o pensamos os 14 que nos xuntamos e, sen ningunha dúbida, acertamos, pois o pasamos xenial e o tempo acompañou.

187_8398_mini

Coma sempre, a saída foi as 9:30 dende a Praza da Mahía, alí se atopaban todos menos Sergio e máis eu que, como saímos dende Santiago, decidimos xa non baixar ata Bertamiráns. A ver se nos comentarios os compañeiros poñen como foi a subida ata Milladoiro pois, como dixen, nós xa estabamos alí esperando, facendo largos polo Novo Milladoiro. Parece ser que, no camiño, Juan pinchou a roda de atrás da bici e así, entre unha cousa e outra, xa case eran as 11:00 cando saímos rumbo ao alto da Poboa, que era o noso primeiro destino.

A subida “Milladoiro-Depósito de auga da Poboa” é ben empinada e así o iamos comentando todos, Andrés incluso recordaba como a empregara de entrenamento para afrontar os Lagos de Covadonga, ¿non?

Unha vez arriba, xa todos agrupados, baixamos por pistas de concentración cara Solláns para logo ir ata cerca de Luou, onde recorrimos uns 4 km da marcha dos Monte Bravo do próximo domingo 27 de Xaneiro.

Logo, outra vez, pistas de concentración moi rápidas pasando polo Punto Limpo de Teo para chegar ata cerca da Urbanización dos Verxeles. A verdade é que nos estabamos xa alonxando moito de Bertamiráns, o tempo pasaba e algúns xa ían preguntando ata onde chegaríamos… ¡¡¡saíndo antes non teriamos eses agobios!!! pero bueno, decidimos igualmente seguir “ata o final”.

Ao pasar os Verxeles comezamos a percorrer parte da Marcha organizada polo Concello de Vedra, así que moitos dos camiños aínda estaban marcados. O problema apareceu porque moitos dos cruces pásanse máis dunha vez en distintas direccións, e así foi como Panchito, Jory e Jollero, que ían diante nun típico pique OEA, se desviaron da ruta que tiñamos pensado seguir… aí volvimos a perder outros 5 minutiños…jeje

Pero aínda non quedaba así a mañá no que se refire a avarías e perdas de tempo, esta vez tocoulle a Juan, que volveu pinchar. Bueno, nada importante que non poida arranxar rápidamente José. Iso sí, esta vez, decidiron colocar unha cámara antipinchazos que levaba Ángel e, así, xa non lle volveu a dar máis problemas.

Seguimos baixando cara San Xulián de Sales pasando por unha preciosa Mimoseira, o Aeródromo e baixando ata o río de Santa Lucía por unha pequena trialera.  

Xa estabamos no concello e Vedra, pero dende aí aínda tiñamos que cruzar a Autopista que vai cara Lalín. O cruce da Autopista o fixemos por un dos tubos que o atravesan, comprobando que son o suficientemente grandes como para pasar enriba da bici… ¡¡unha experiencia interesante!! 

No outro lado da Autopista quedábanos unha das partes máis chulas da saída, pois eran uns 8 Km de camiños entre carballos e bosque espeso. Aí tivemos tempo para todo, cruzar “Grandes charcos”, perdernos por algún camiño descoñecido, baixar algunha trialera “case imposible” (ata a pe) e, como non, a Panchito doulle tempo de romper o cuadro da bici…¡casi nada! 

Cando chegamos novamente á Autopista aínda nos faltaba cruzar un pequeno regato que se xunta có Río Santa Lucía, este viña crecido e só Kiko e Jory se animaron a facelo na bici…

 Video OEA 20-1-2013

Xa eran case as dúas da tarde e estabamos a máis de 20 Km de Bertamiráns, así que decidimos deixar a volta por monte para a próxima vez que se realizara esta saída e volver pola estrada (sen que sirva de precedente).

Pois nada máis, fomos xuntos ata Solláns e aí, Kiko e máis eu collimos rumbo Milladoiro e, os demais cara Bertamiráns, chegando alí pasadas as 15:00.

foto

Por último, pedir disculpas pola tardanza da crónica e a ausencia de “chistes”… ¡¡¡A próxima antes e mellor!!!

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.