II RUTA DO LACÓN

PERFIL LACON

Ruta do Lacón…., 2 edición, Cuntis, Festa do Lacón….o ano pasado xente moi contenta…recorrido moi recomendado…bastantes bos comentarios da xente…pois nada, imos a anotarnos¡¡

Hacia Cuntis tiramos 5 OEA´S (Luis Montero, Angel, Panchito, Suso Beis e Jory (escribe). 08:00 desayunando en Cafetería Ventos. Montamos nas furgonas OEA e arrancamos cara Cuntis. O tempo…..en fin, que decir que non saibades; chuvia, frio, néboa, barro….pfff que PESTOSIDAD de tempo este ano. Chegamos a Cuntis e o primeiro que facemos é ir a polos dorsales.Bastante xente na zona de recollida pero sen grandes colas. A saída ás 09:30 e saímos bastante puntuais ainda que habia moita xente na saída e non saimos directos senon que demos mais voltas……miña nai jejej, xa conozo o casco urbano de Cuntis sen fallo. Bueno o caso, pensabamos que sañiamos contra adiante peeeeero…200 personas xa iban por diante e o Joyero xa vos imaginades, non vou comentar nada jajajja.

IMG_3561Todo o mundo sabía que ó principio habia unhas boas subidas e puidemolo comprobar in situ. Todo bastante estirado e sen embotellamientos pero o terreno que estaba algo roto facía que moi ta xente tivera que botar o pé á terra (normal) pero o que non é tan normal é ir andando polo mellor sitio do camiño porque a xente que intenta subir encima da bicicleta ten que ser respetado e na medida do posible deixalo pasar….pero bueno, pasado este primeiro tramo a subida xa era menos complicada e sen problemas. Terreno embarrado por cachos, pero non era intransitable. A subida longa ata o primeiro avituallamiento e a baixada moi chula. No avituallamiento aínda conseguimos beber algo os primeiros pero según escoitei, moita xente se quedou sen líquido para repostar…deberon ter algún problema na organización….ainda que estaba moi ben ubicado todo hai que dicilo. Continuo ca idea de facer a ruta larga completa, xa a conocía en parte pola Volta a Galicia e sabía que estaba moi chula ainda que o final….jejejje.

Sigo e logo de un par de subidas do 20% nunha trialera de subida moi rota TRAS¡¡¡ rotura de patilla (vaia puta merda)  Ala, acabouse a ruta para min despois de 15 km mais ou menos. Por suerte eu tiña as chaves da fragoneta da Pnachitada e nah¡ levantei a man, veu o quad da organización (darlle as gracias por levarme ata o avituallamiento con tanta celeridade 😉 ) quitei o cambio, puxen piñon fijo e aire, para Cuntis a ducharme e a tomar un colacao quente.

O resto de OEA´S xa contarán como lles foi pero bueno resúmovos eu…que acabaron contentos polas baixadas do final, as trialeras e cheos de barro. (Ben resumido no? jajaj)

Despois de tomar o colacao (porqué non me poñerían unha tapiña de lacón con grelos?? jajaja pedín o colacao porque tiña frío pero fame tamén¡¡ jejej) pois tocaba esperar e ir vendo como chegaba todo o mundo. Canta xente había…Moita. Sobre todo menuda se formou para lavar as bicicletas….Nós nin nos planteamos estar 1h ali esperando para lavala pero ahí si que se quedou pillada a organización…sabendo toda a xente que había e mais chovendo e co frío que facía. A ruta ata onde eu fun pois non estaba mal marcada, o avituallamiento ó que cheguei sen problemas, eu bebín, o resto…..O recorrido moi chulo e que volverei para facelo porque merece a pena. Ó final seica había un sorteo a quen entregara o dorsal….non sabiamos nada….seguramente non leímos a información toda completa….pero o dorsal veu para a casa jejej e…..que mais decir, penso que foi demasiada xente pero xa sabíamos o que había asique dende aquí un abrazo á organización porque fixeron todo o que estaba nas súas mans e un gran esforzo organizar unha rutaza así.

Contade cos OEA´S para a siguiente jeje seguiremos fozando polos camiños de Cuntis. E esperámosvos na nosa ruta o 14 de abril de 2013¡

UN ABRAZO

 

-Jory-

ALTO DA PENA

«MONOBIELA»

Destino: ALTO DA PENA
Asistentes: Pato, Angel Jollero, Jorge, M. Vieites, Luis Montero, Andrés, Yago, José,  Panchito, e dous chavales mais que non lle sei o nome, sintoo. (dous do ames).

Amencía un domingo mais de inverno cerrado, eran as 8:30, caian picarañas de punta e soplaba un airiño estilo cicloxénesis explosiva, á media hora comezan os primeiros juasapes de indecision dalguns,(chove, non chove, imonos mollar, mi madriña, aquí non cae gota) o típico nestas condicións meteoroloxicas. A esa hora xa tiven o primer problema da mañan, baixei antes da hora pa cambiar a cuberta de atras, e como non, cheguei con retraso á praza das tetas. Había tamen dous compañeiros do club ciclista de ames, que nos acompañaron hasta pasar ponte maceira. Todos preparados e alá imos camiño do pedregal, pasando por Castrigo, Brans dabaixo, Brans darriba, saindo ó Portanxil, o tempo moi inestable, unha de cal e outra de area, collemos camiño de finisterre hacia transmonte con ritmo normal (nin moito nin pouco) peeero, segundo percance pa min(Pachito), de repente notei que me escapaba a perna esquerda mais pa baixo do debido, mirei pa baixo e… vaia por DIOS, quedei ca biela esquerda colgada do pe, e dando pedal solo ca dereita, a simple vista segun mecánicos oficiales do club, non era nada, apretamos dous tornillos e en marcha outra vez.
Baixando hacia Ponte Maceira, caeu unha chuvieira de auga conxelada que nos deixou entalados, o incrible era que un amigo de Yago ía sin chuvasquero e arremangao (CUIDAO)  e o carallo é que non dou síntomas de hipotérmia nin cousas desas, ja, ja. (Un home é un home, índa que a muller lle peje) chegamos a Negreira sin mais percances, había «mercadillo» e quixemos comprar churros, pero deciimos non parar e ir tiando «pa no enredar», e veña camiño de Fisterra pa riba e pa baixo, lama hasta las orellas, charcos de quedar espetados, carreiros cheos de pedras e paos, en fin, o que ven sendo…(MARAVILLOSO). Uns kilometriños antes de chegar á falda do monte, non chegades a imaginar o que pasou, pois sí, tádelo pensando, volvín a quedar ca biela colgada do pé esquerdo, puufffff, e desta vez parecía mais grave,  » tes que ir por carretera» «eso ten a muesca comida e xa non vale»  «chama á muller que te veña buscar» etc… entonces  entrou en acción o manitas da escudería,(José arreglalotodo) coa axuda inestimable do Jollitas, (mais dun pau de pino duns trinta centímetros a efecto de martillo) nuns cinco minutos mentras todos merendaban quedou a máquina lista para seguir o trayecto. Por fin chegamos ó Alto da Pena, os primeiros esperaron polos rezagados e a baixar, que non se paraba co aire frio que facía alí arriba. Trialera complicada de pedras duns 200 metros e despois descenso moi rápido por pista de concentracion «paavernos matao» deberon quedar a mitad das pastillas de cada un, as de Jorge cheiraban como si frenara un coche. Nun vuelo estabamos en Negreira outra vez, esta vez sí, uns churriños con moito azúcar que nos sentaron como dios, e a tirar rápido por Ons e Rañalonga que xa era tarde, pero ainda fixemos a baixada dos cabalos porque vindo por esta zona, tiña que ser, disfrutamos coma enanos outra vez.

E esto toca a final, lavámonos na gasolinera, nós mais as bicis, e cada un para a súa casa que estaban as mulleres esperando ca comida feita, e penso que ninguen esperaba que o día que encontramos á primeira hora da mañá se fose quedar tan ben, e que gracias á gran compañia e ás ganas de querer disfrutar de cada minuto que estás na bicicleta, fósemos capaces de olvidar o frío e a molladura que tíñamos no corpo. Hasta a próxima.

PD: SARNA CON JUSTO NON PICA.

ANO NOVO OEA EN ALTAMIRA 2012

Estréome nestas lides de facer a crónica das saídas que facemos os OEA’s os domingos e festas de gardar, polo que desculpade si non é tan extensa, tan lírica e con tanto humor como as fan os habituais nestas lides. Bueno pois ala bou.
Quedaramos as 9:30 como sempre na praza das tetas, alí nos xuntamos uns cuantos OEA’s e algún compañeiro biker visitante, a saber: Carlos D., Andrés, Angel (Joyero), Carlos T. (senior), Luís e un colega deste, Carlos (visitante), e o que escribe esta parrafada; máis tarde xa no camiño se uniría a nos Pato. Estaba tamén a chabalada: Pekeno, Carlos T. (junior), (aínda convalecientes os dous) Adrían, etc… pero só de visita.
Por certo día de cans, pasou toda a noite a chover e a xornada comezaba da mesmo xeito chovendo, debido a isto tivemos un momento en que si marcharmos para a casa que a onde vamos, que pero que somos OEA’s un auguiña de merda nunca nos freou, polo que ala fomos dirección a Altamira. Por certo hai que dicir que despois tivemos bastante fortuna pois durante a pequena ruta que fixemos non nos choveu nada.
Collemos camiño do pedregal, metémonos polo camiñiño de sempre que nos leva a zona de Castrigo, desde aquí nos diriximos ao paso que vai por encima da autovía e cando colliamos camiño directo para as torres aparece Pato e di que por alí non, que se non chegamos moi pronto, entón collemos dirección Rañalonga. Unha vez chegados alí tiramos para riba por un trazado bastante empinado e co camiño moi roto, debido a chuvia, e con moita ramallada, as zonas mais limpas a llanas estaban cheas de charcos que parecían pequenos lagos, o terreo polo que andabamos é zona coñecida por Pato e segundo nos ía indicando había sempre que ir para riba que así sempre hai saída que quen vai para baixo afoga (Pato dixit) entón cando estabamos chegando arriba de todo cagámonos no que dixo Pato e tiramos pa baixo para seguidamente volver a subir e coller dirección a zona onde se celebra a Festa dos Cabalos en Brión. Desde aquí collemos dirección ás Torres de Altamira onde nos estaba esperando Pekeno cuns turronciños de chocolate, comemos os melindres a palo seco pois non había cava.
Despois de facer a foto de rigor tiramos xa dirección Brión City, baixamos pola zona onde normalmente acabamos a nosa marcha dirección a gasolineira, pasamos polo paso que hai por riba da autovía e collemos dirección Guitiande demos un paseíño pola zona de monte que hai por alí fixemos unha pequena subida moi tendida a unha lomba que hai alí, onde quen menos quen máis pasounas canutas para chegar arriba e desde alí nos diriximos a cafetería da gasolineira para tomarlle unha.
Xa non me enredo máis que me fago pesado, en fin demos unha voltiña para estirar as pernas e celebrar a chegada do novo ano esperando que este ano novo sexa os máis venturoso para toda a familia dos OEA’s.
Unha aperta.
P.D.: Despois aínda lle tomamos unha xerriña de viño en Manolito e un cava para rematar como deus manda no New.

CARREIRA DO PAVO (BERTAMIRANS)

 A verdade e que era unha tarde que parecía que non iba a quedar sen caer un bo chaparrón pero olle, ó final non choveu.

Fai uns días recibimos a notificación de que o sábado 29 de decembro íbase a celebrar unha carreira ciclista en Bertamiráns. Sona ben. A carreira en sí era de carretera, xa non sona tan ben, pero bueno tras notificación vía wasap oea decidimos «en principio» ir participar uns cuantos valientes. O caso é pasalo ben, como se suele decir.

un dos andadios

Chegou o día, sábado pola moorning e o wasap empeza a botar fume de si quedamos, a que hora, etc. pero cal é a sorpresa que por diferentes motivos houbo varias baixas…Ainda así atrevemonos dous valientes a meternos no medio de moitos andadios, si, xa sei que o oficial andadios é Panchito pero….neste caso…jajaja

O tema, a carreira empezaba as catro da tarde, a comida no peito ainda e aló imos. Circuito polo Pedregal de uns 800m e que faciamos no sentido das agullas do reloj, cousa que de primeiras xa non nos vai moito e para mais inri (escribese así?) a carretera, ainda que tiña bastante bo firme, estaba mollada e xa se sabe…. Bueno o caso, o tempo vai pasando, anotámonos e alí xa vemos algunha representación Oea como Andrés, Necho, Carlos, Oscarito, Suso Beis and soons, Alberto Pego, Joyero, Pato, etc. Un lujo de público. Como bos «andadios» comezamos a dar voltas ó circuito e comprobar o terreo. – uyyy aquí hai que trazar por dentro e logo por fora -Si e aquí hai que bachear que esto ta moi jodido…. Comentario va comentario viene xa estamos na liña de saída, 30 voltas de competición e 5 de calentamiento…. miña nai¡¡¡ O caso alí estabamos case 60 carreteros listos para a saída neutralizada, silbato e piiiiiiiii

A partir de aquí esto foi un pouco caótico. Pola miña parte decir que me quentei literalmente, dixen, -bueno, corro na casa conozo ben o circuito, en mollado vou ben….pois ala….nas 5 voltas de quecemento iba cos 20 primeiros e claro como me encontraba con «ansias» así que dan a saída oficial, eu de pardillo de 3º jajajjaj mimah, aguantei 3 voltas e despois empezaron a pasar e pasar e pasar andaadios de verdade, que animalada. Nas curvas aguantaba xa que non había problema por arriesgar pero nas rectas menudos latigazos pegaban os cabróns…

A todo esto, tiña unha boa hinchada dandome ánimos pero eu co corazon na boca e as pernas coma pedras. Dobláronme 2 veces, a Panchito 3 creo… pero olle, abandonar non abandonamos. Houbo bastantes retiradas pero nós por nuestros santos c…….. que íbamos acabar. E así foi, como bos OEA´s dando espectáculo ó final e entrando ó pique jajajja que risazas.

Ainda que quedáramos case de últimos acabamos moi contentos e eu cunha media de 35km/h e 45 min a tope. Non estivo mal para rematar o ano. O pavo non o ganamos pero un chocolatiño quente (moi sabroso por certo para o ano levamolo para o Rubial no nadal) sí que nos deron tanto ós participantes como ó público, gran detalle.

rico rico chiculate….

E bueno, esto foi todo nesta tarde de sábado que a chuvia respetou e axudou a que fora algo mais levadeira. Moitas gracias ós organizadores, esperemos que se faga mais veces, moitas gracias ós OEA´S que viñeron de público animar sobre todo os rapaces. E panchito coma un toro¡¡ jajja RAPACES, CHACHOS, MEUS, CORZOS, ETC.

UN ABRAZO

JORY

NADAL OEA 2012 NO RUBIAL

Se a navida é o que fixemos este domingo no Rubial e polos arredores da zona…. cada mes que sexa nadal, jajaja porque vaia festa montamos.

Viandas listas para papar

A idea como todolos anos era xuntarse o maior numero de OEA´S e de amigos bikers da zona e así o fixemos. DUrante a semana cada un de nos iba pensando que podiamos facer alá no monte o domingo. Pero durante a semana vaia chuvia, aire que xa pensamos que había que suspender pero por suerte o domingo veu un día espléndido, que pasada. Sólo fixo vento e para eso arreglamos ben.

Saída ben organizada da praza das tetas ás 9:45 da mañá con todo cargado na furgalla oea e no taboada´s car (noraboa polo carnet). Non faltaba de nada: viño, champan, cava, viño, champan, cava, chourizos, churrasco, pan, turrón, roscon, etc e todo cedido por cada un de nós. Agradecer tamén ó noso colaborador a CERVEXERÍA NEW YORK polo detalle que nos fixo 😉

Con todo listo o presidente e o «rapas» tiraron para o alto do monte preparar todo. O resto direccion rubial pero en bike. A ruta como siempre tranquila, polos camiños de sempre e sen demasiadas complicacións. Non facía casi frío e a mañá prestábase para andar en bike. Estivemos case todos presentes salvo algúns que non puideron vir. Destacar a presencia de un Montero, 4º na linea sucesoria á presidencia OEA despois de Alfonso e do pekeno, o benquerido Luis Montero,  que alí estaba coa sua 29er case a estrear.

Os camiños non estaban demasiado embarrados e podíamos rodar sen problema por eles, os novos rapaces OEA van moi moi be polo monte arriba e da gusta saber que hai nova sabia no club. A altura de Macedos unha malla da cadea rota fixo algo de xisqueira no desviador de Jory, menos mal que ali estaba o coche escoba e o mecánico co alicates e solucionamos o tema cortando e pegando jejej. Xa na base do Rubial notabase as ganas de chegar arriba á papatoria pero ibamos a ter un visitante moi pestoso, o aire, mimahh que vento facía de cara, era moito…habia case que subir a relevos para o monte ajajja dous grupos feitos, un mais adiantado coa chavalada e outro mais atrásado de parrandeo. Pouco a pouco fomos chegando arriba ó Rubial e cal é a nosa sorpresa cando das a última curva xa para subir a caseta que alí cheiraba que mmmmmm entrábanche moitas moitas forzas. Ata chegfaron uns trialeros coas motos que no seu impetu por facer filigranas tiveron un pequeno percance jajaja que risas e que mal quedaron. E sen probar nada.

Unha vez no campamento base aparcamos as burras polo pasto e tocábamos encher. QUE MARABILLA¡¡ unhas boas brasas…pan, chourizos, chocolate…esto si que é vida¡¡ outra cousa non pero logística e infraestructura non falta cos OEA´S e ganas de pasalo ben tampouco. Ali comemos e bebemos e sobre todo estivemos ríndonos un bo cacho con todas as parvadas que se din nestos casos. 

Cando rematamos con todo o material salado pasamos para o primeiro postre, turrons, mazapans etc e o chiculate quentiño cun toque de queimado que sentou de vicio (polo menos a min) e quentou un pouco mais o corpo e refrescou o picante dos chourizos que tan gentilmente cedeu a grand mother de Jory. jeje

Pero claro, todo o que sube, baixa e eso era o que nos tocaba, BAIXAR. Podiamos escoller baixar polo asfalto, cousa que sería mais razonable pero….. que sería do espíritu OEA se non lle poñemos algo de emoción á mañán? e por eso escollemos a trialera da marcha 2012 para descender. A maioría sen problemas salvo unha rotura do buje do chaval Jose, e as aventuras de Necho que a partir de agora vai a levar viño e champan no bidón porque por fin baixou unha trialera chachooo¡¡¡¡ Jjajajajjajajjajaj GRANDE Nechoo.

Xa en Macedos decidimos tirar cara Rañalonga e baixar a dos Cabalos e como siempre non deixou indiferente a nadie, sobre todo a saída estilo Lemans ainda que a algún esos metros de carreira xa o deixaron baldao. Pato non sei como fixo pero xa arrancou antes e detrás todolos ginetes coas suas monturas a por él…. vaia estampida 15 OEAS detras dun pato. A baixada como sempre moi divertida e perfecta que cunhas copas faise algo mais estreita do normal jeje.

A partir de aquí xa arrancamos dirección 1ª taberna PEPE REI. Todo moi rico moi abundante,cheos coma pelotas. Pero quedaba o último tramo, o mais duro e de resistencia. ABELLEIRA.

Tratando co patrón.

Non foron moitos os que nos quedamos alí, pero si que demos bo trato de todo como se pode ver na foto. O día prestaba para estar na terracita e veña tazas e veña jrasiosa. Juan, Jory, Andrés, Oscarito, Suso Beis, Pato, Necho e Carlos D. alí sentados na mesa. Batallita va batallita viene que se imos vender as bikes (esto é verdade, vaise poñer á venda material atentos), que se o remolque OEA está wapisimo, proyectos para a nova tempada, partido de solteiros contra casados…..O discurso do rei Oscarito….Qué risas¡¡

Todo foi pasando ata chegar algo o frío e ter que ir para dentro. Alí xa se encargou o patrón de traernos unha de LK para rematar a festa e sentenciar outro nadal mais. A tradición manda. Todos contentos, cada un na sua casa por suerte e sen contratempos.

Decir que foi un día completo e que o pasamos coma enanos. Os que puideron e non viñeron esperámosvos para o ano, será igual ou mellor jejejje

Un saúdo a todos e xa imos comentando detalles.

PD. o pekeno e adrian perderon a bike no Rubial, se alguen a atopa que se poña en contacto con nos. 😉

ABRAZOS E BO NADAL

Jory

KDD OEA + MTB DUBRA + ULTREIA

Plaza das tetas, 8:30, habíamos quedado 6 OEAS, Juan, Pato, Pachito, Jory, Ángel y Yo.
  Nos encaminamos en los coches hacia Bembibre, marcaba 2 grados el termómetro, unha rasca do carallo, chegando alí sobre as 9, encontrando outros bikers, algún cabra, algún ultreias e os susodichos do  Val do Dubra. Cando chegamos o termómetro marcaba 4grados menos, vaya rasca, o campo de fútbol blanquiño coma a neve. Ás 9:30, encamiñámonos por camiños desconocidos para nós, rodadores, sen subidas duras e o terreo xeado ( moi duro ), alí pinchou un biker nos primeiros kilómetros, e houbo intercambios de opinións, que si frío, Panchito que quita a tableta de chocolate, non sei que tería, pero andadios, doume moita vitamina.
   Subindo camiños e primeira baixada, chula e fenomenal, rodando despois uns kms pola beira do río, para salir a Portomouro, e continuar xa, a segunda parte do recorrido, con máis subidas para quentar un pouco antes do tramo final, onde si que había uns repeitos, que picaban un 25 % ou máis; para afrontar un tramo rodador, antes de afrontar a baiaxada final, baia baixada; rápida, jn do grupo partéuse en anaquiños, chegando a Bembibre, a tomarlle unha birriña e intercambiar opinións.
     Pdta: día agradable, compañeiros agradables e ruta chula, para repetir; sen percances de importancia, aínda que houbo algún abandono; chegada aos coches e volta para casa.
         SAÚDOS
A X do noso patrocinador no aire
Kiko sabía que non nos ibas a fallar, pero defraudachesme ca crónica ehh jajajajajaj hoxe era o teu día¡¡¡ tiñas que falar un pouco mais polo miúdo o que dou de sí esta KDD que vai xa pola súa segunda edición. A intención é que volvades polas nosas terras ehhhh
Desde o meu punto de vista (JORY), apetecíame moito volver pola zona do Val do Dubra, e si que é un val eh.. dou fe. Nada mais sair cun frío de cojones, e logo de facer un par de subebaixas para quentalo corpo, fumos en busca do sol, dirección Portomouro e a beira do Tambre, por onde foramos da outra vez. A verdade é que ó principio había bastante pista asfaltada pero bueno na segunda metade cambiou a cousa. Hoxe Kiko foi un ANDADIOS¡¡ hai que reconocelo. Foi coa cabeza todo o tempo e vaia cabeza de carrera, Brandán entre eles… Ahora fóra caralladas, se segues andando así mais de un vai ter que apretar as tuercas para joderte no monte ehhh.
A cousa foi de camiño en camiño e baixadas non houbo moitas nin moi longas pero as que había disputábamolas a muerte. Houbo sempre un ritmo moi cómodo para ir falando e o día acompañaba, cunhas temperaturas moi agradábles. Ata a metade da ruta a cousa estaba tranquiliña pero pronto a sangre comezou a ferver, seria cousa da cantidade de roupa que levábamos que agora sobraba e para que non tivéramos frío os amigos do Val do Dubra metéronnos unha subidaza que CUI – DAO, picaba e picaba para arriba e veña platillo e veña chepazos juju.
unha bonita foto do comezo da ruta (-2º)
A partir de aquí llaneamos polas alturas e todos íbamos con ganas de festa e de apretarlle ás bielas, de eso pode dar fe Panchito que viu como dous misiles lle pasaban pola beira nunha zona de charcos e ohhhhhh AUGAAA¡¡¡ jajajja que risazas, o chaval quedou coma un pito jejeje
Logo de case 40 km sólo quedaba baixar cara Bembibre de novo e tomarlle uha chiquita no Hotel Camiño de Santiago onde os amigos nos invitaron e degustamos un rico polo e algo de zorza. Todo moi rico moi abundante.
Dende o CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS queremos darvos as gracias polo trato recibido e que estivérades tan atentos a que ninguén se quedara atrás nin nada. Fomos moitos os que fixemos a ruta, pronto fotos e algún video da GO PRO, o do final promete ehhhh, vendo a Juan Leis e Brandán dando chimpos e baixando a tumba aberta jojo.
tomándolle a chiquita, xa víamos borroso ajajja
O dito, un placer e esperando a vosa visita. Tamén decir que conocemos a outros bikers do Ultreia (xunto con Raul que marchou co frío pff) e algúns das cabras que tamén se sumaron a esta ruta.
SAÚDOS JORY
VER CRÓNICA E MAIS MATERIAL DA KDD NA PÁXINA WEB OEA (PINCHA AQUÍ)
PD: «Dende aquí quero darlle as gracias á boa capacidade de reacción de Guillermo de Portomouro e do camionero do leite por frenar a tempo e non ter que lamentar un gravísimo accidente… pfff ajajjaja ahora rimonos pero acojonamonos ehh»


COMENTADE¡¡¡¡¡¡¡¡ QUE XA SABEDES O QUE PASA SE NON EHHH  JEJE