ANTENAS SCALA + RUTA MONTE BRAVO

PERFIL RUTA SCALA

Moi boas familia! Aquí o Pekeno vaivos comentar, coa súa PROsa digna de Garcilaso de La Vega, o que deu de sí (que non foi pouco) a salida deste domingo! Partíamos case case case puntual as 9:30 da praza das tetas uns cuantos corzos, vease Luis, Vicente, Juan,Carlos D, Taboada Jr.,Joyero, Freire (CEO iAlma3D AmoteMoito), JoryTime, Manuel Vieites, Kiko, Andrés, William, David e o compañeiro  que non me acordo do nome. Ao que ibamas, collemos dirección Scala e nada máis salir aparece Pato, coma sempre, as últimas. Terreo para entrar en contacto co monte nada máis saír e pa coller caloriño que refrescaba de cara… Primeira baixa importante e a prudencia de Andrés que xa avisou que a baixadiña do gaseoducto sempre acarreaba algunha caída memorable…tal cual «mehome», vai e apaña Juan! Cositas de la vida!!jajaja. Seeeguimos a ritmo normal imposto por su señoría Joyería enfiando camiño pola Peruca cara a saída na Excravitude para enlazar a subida ao Scala.

Comezamos esa subida cun principio roto, matador, pestosisisisisimo, con cazadores imprudentes…e así ao ritmo que cada un dá, foise subindo e o día comezaba a abrir e o sol sorría por primeira vez no día. A todo esto, comentar que diante de Juan e Andrés un cazador pegou un tiro no camiño…en fin, esto xa o dí todo, asique non digo máis e que cada un saque a reflexión que queira. Chegada arriba, comidiña e para abaixo! Ibamos enlazar coa que foi a marcha dos compañeiros do Monte Bravo, enlazando camiño cara Lampai…eso si, as baixadas moi moi a fuego! Subimos o repeitazo máis pestoso da redonda cuns % que case é mellor non miralos! Pero a nai natureza é moi sabia, e para baixar, hai que subir, e unha vez subida….a baixar! Previa caída de William en parao e as culpas das calas…jajajjaa. Baixadas….puuuf que guapas! O certo é que o terreo estaba bastante mollado e patinabase que daba gusto, pero ese tramo da marcha dos Monte bravo é acojonante! Falo por min, pero nunca o pasei tan ben baixando (debe sela bici). Unha vez chegados a altura do Faramello, uns xa se foron pola estrada e outros seguimos a escornear polo monte adiante vendo polos fritidos everywhere.

Seguimos indo pola ruta ata chegar a Ameneiro onde paramos na casa de Carlos Duro a ver se invita a unhas cocacolas (acompañadas duns aperitivos), pero o tipo salenos en peitos pola ventana…e non era plan!!!! Asique, baixada por Biduído e parada no New York para dar por finiquitada a saída matinal do domingo. En xeral, unha moi moi boa ruta para os domingos ou para entrenar, e a compañía como sempre de 10!

Un abrazo familia!!!!! Bicos!

Pekeno

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.