ALTO DA PENA

«MONOBIELA»

Destino: ALTO DA PENA
Asistentes: Pato, Angel Jollero, Jorge, M. Vieites, Luis Montero, Andrés, Yago, José,  Panchito, e dous chavales mais que non lle sei o nome, sintoo. (dous do ames).

Amencía un domingo mais de inverno cerrado, eran as 8:30, caian picarañas de punta e soplaba un airiño estilo cicloxénesis explosiva, á media hora comezan os primeiros juasapes de indecision dalguns,(chove, non chove, imonos mollar, mi madriña, aquí non cae gota) o típico nestas condicións meteoroloxicas. A esa hora xa tiven o primer problema da mañan, baixei antes da hora pa cambiar a cuberta de atras, e como non, cheguei con retraso á praza das tetas. Había tamen dous compañeiros do club ciclista de ames, que nos acompañaron hasta pasar ponte maceira. Todos preparados e alá imos camiño do pedregal, pasando por Castrigo, Brans dabaixo, Brans darriba, saindo ó Portanxil, o tempo moi inestable, unha de cal e outra de area, collemos camiño de finisterre hacia transmonte con ritmo normal (nin moito nin pouco) peeero, segundo percance pa min(Pachito), de repente notei que me escapaba a perna esquerda mais pa baixo do debido, mirei pa baixo e… vaia por DIOS, quedei ca biela esquerda colgada do pe, e dando pedal solo ca dereita, a simple vista segun mecánicos oficiales do club, non era nada, apretamos dous tornillos e en marcha outra vez.
Baixando hacia Ponte Maceira, caeu unha chuvieira de auga conxelada que nos deixou entalados, o incrible era que un amigo de Yago ía sin chuvasquero e arremangao (CUIDAO)  e o carallo é que non dou síntomas de hipotérmia nin cousas desas, ja, ja. (Un home é un home, índa que a muller lle peje) chegamos a Negreira sin mais percances, había «mercadillo» e quixemos comprar churros, pero deciimos non parar e ir tiando «pa no enredar», e veña camiño de Fisterra pa riba e pa baixo, lama hasta las orellas, charcos de quedar espetados, carreiros cheos de pedras e paos, en fin, o que ven sendo…(MARAVILLOSO). Uns kilometriños antes de chegar á falda do monte, non chegades a imaginar o que pasou, pois sí, tádelo pensando, volvín a quedar ca biela colgada do pé esquerdo, puufffff, e desta vez parecía mais grave,  » tes que ir por carretera» «eso ten a muesca comida e xa non vale»  «chama á muller que te veña buscar» etc… entonces  entrou en acción o manitas da escudería,(José arreglalotodo) coa axuda inestimable do Jollitas, (mais dun pau de pino duns trinta centímetros a efecto de martillo) nuns cinco minutos mentras todos merendaban quedou a máquina lista para seguir o trayecto. Por fin chegamos ó Alto da Pena, os primeiros esperaron polos rezagados e a baixar, que non se paraba co aire frio que facía alí arriba. Trialera complicada de pedras duns 200 metros e despois descenso moi rápido por pista de concentracion «paavernos matao» deberon quedar a mitad das pastillas de cada un, as de Jorge cheiraban como si frenara un coche. Nun vuelo estabamos en Negreira outra vez, esta vez sí, uns churriños con moito azúcar que nos sentaron como dios, e a tirar rápido por Ons e Rañalonga que xa era tarde, pero ainda fixemos a baixada dos cabalos porque vindo por esta zona, tiña que ser, disfrutamos coma enanos outra vez.

E esto toca a final, lavámonos na gasolinera, nós mais as bicis, e cada un para a súa casa que estaban as mulleres esperando ca comida feita, e penso que ninguen esperaba que o día que encontramos á primeira hora da mañá se fose quedar tan ben, e que gracias á gran compañia e ás ganas de querer disfrutar de cada minuto que estás na bicicleta, fósemos capaces de olvidar o frío e a molladura que tíñamos no corpo. Hasta a próxima.

PD: SARNA CON JUSTO NON PICA.

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.