Afinando afinando… Volta á Illa de Arousa

Bos medios-dias a todos, corcería e demáis flora! Onte (domingo) saímos 6 OEAS en carretera  a estirar as pernas, coller algo de fondo e afinar para as citas que se achegan no calendario cicloturista.

A consigna era clara: facer km’s… así que como (eu polo menos) nunca fora ata a Illa de Arousa e o día invitaba a rodar (polo ceo, porque polo frío…) alá nos aventuramos 6 artistas (Carlos Duro, Carlitos T, Necho, Ito, Andrés e Oscurito que escribe). Con algo de pasimonia, ás 9:10 xa estábamos na carretera.

Primeira sorpresa ó peito: subir por Osebe para despertar as pernas. Os primeiros berros dos presentes fan aparición pero cando nos queremos dar conta xa estábamos enfilando a toda velocidade cara Padrón. Ata aquí todo Oscarito e Duro papando aire, porque os sanguijuelas iban detrás sabedores do que ainda estaba por vir.

Decidimos ir dereitos ata Arousa e tiramos por Cordeiro, facendo a subida alternativa e afastada do tráfico, que sempre invita ó pique. Así foi, todos entramos ó trapo e ó final quedamos Taboadilla mais eu para disputarnos o primeiro pico puntuable. Chegamos al unísono. Ou eu tou moi ben ou o rapas xa ten tado mellor… jajajaja.

Máis ben debeu ser o primeiro, porque Taboada de tanta forza que fixo, escapáballe o trinquete do buje e non quixo forzar moito máis: acompañaríanos ata Carril para logo volver sobre os seus pasos non fora ser o demo.

E así seguimos tirando, a ritmo de jiji-jaja ata Villagarcía donde Duro nos deleitou con un paseo polo puerto donde él entrena as series que despóis lle pasa polo pinganillo a Necho. Día perfecto… algo de frío pero o sol quentaba… e aire? nada de nada. Así que mala señal porque íbamolo comer con patácolas para a volta…

Decir que o tramo de Villa a Arousa tivo nome e apellidos: Necho: más conocido por: bulldozer-humano. Os que teñen máis entradas no blog xa empezaban co refranero popular: «Xa temos o primeiro candidato para a caixa de Pino», «A melloría da morte» etc… jajajaja O caso foi que non nos deixou baixar de 40km/h ata chegar á Illa.

Oye chico, qué bonito aquelo… algo desangelao en plena temporada de transición pero moi chulo. Parada donde mandan os cánones joyerísticos (Bar O Porto) a tomarlle a de recuperación… e cal foi a miña sorpresa cando vexo na calle 10€ enrolladiños… pregunto se son de alguén do Club e nada… Pois xa a jodimos! imos ter que parar no Raña outra vez a gastalos.

Aquí todo eran risas e felicidad, recordando cómo anos atrás lle tiveran que quitar a Teodoro a bicicleta cunhas pinzas hidráulicas de rescate porque el non se daba movido. Historias para no dormir. Foto de rigor, y seguimos:

photo (2)

Á volta… qué decir… aire… aire e máis aire. Desesperante en cada momento, pero así tamen se entrena que senon amaricónase un moito. Necho que sigue de locomotora, vaia traballo «sucio» fixo… desde aquí decirlle a algún equipo PRO-Tour que si o quere para romper o pelotón nalgunha etapa, que me avise que lle mando o Currículum.

Caen os Km’s e imos esquivando o aire… ó pasar Villa, imos polo interior e ó chegar á rotonda que non sei como se chama, tiramos por Caldas… Aquí levábamos 80km’s e todos nos notábamos frescos: desde os que foron de tapadillos toda a ruta (Ito jaja) ata os que foron tirando todo o tempo: Necho. Estaba claro amigos, temos ante nós un irrefutable caso de: La melloría de la morte. Así  que Andrés e eu sabedores de cómo se cura dito mal, procedemos co trapicheo de barritas e líquidos. Así foi que nas rectas e a relevos tiramos do pelotón como animales, xa que cada un tiña unha motivación: eu entrenar para os 101 peregrinos e él, descolgar algún cadáver.

Xa se empeza a sentir a Necho por detrás queixarse, cómo lle gusta ó tipo… E xa comezan os síntomas de flaqueza por parte do pelotón: «Canto queda?», «Por donde imos?» «Es pestoso?»…. jajaja. Chegamos a Padrón, collemos auga e seguimos por Extramundi, ata chegar a Cortizo. Deixámonos caer ata o Scala e ahora si, a seguir papando aire e tráfico. Os relevos do Cuñado’s team xa non son o que eran así que Andrés ponse a tirar do grupo, eu dándolle algún relevo.

Toca última subidiña ó Faramello e disputar o final de etapa, donde Ito, que non se deixou ver ata os últimos km’s da volta, deume que roer no sprint final. Gran traballo de Andrés, que cada día sorprende pa mellor. Necho ta feito un animal e Carlos duro na súa línea coma sempre, a Ito ímoslle poñer deberes porque se escaquea moito…

Paramos no Raña como taba mandado e metémoslle unhas claritas que saben a gloria. De aquí para Bertamiráns soltando as pernas para chegar ás 2 á casa e con moi boas sensacións. O outro dia fun muerto, hoxe xa mellor, que creo que foi a tónica xeral nun grupeto tan homoxéneo coma o noso. Media de 27 e 115km. Pero esto son parvadas e faladurías; o importante foron as risas que botamos e as películas que nos montamos!

Deixovos os datos técnicos da volta:

cronica oea

 

Oscarito!

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.