CLASICA DAS PAXAREIRAS 2013

Como todos neste club sabemos, hai unhas clásicas que abren a tempada de carretara, a volta a Pataca, a volta do Tour, a pájara de Freire…pero a máis célebre e que sempre significa a apertura da veda da tempada nas rodas fracas é a subida as Paxareiras. O domingo amencía cunha agradabel temperatura xa as 8:30! A mañan prometía xa que estaba o ceo azul recén aberto e co Sol timidamente asomando ao final do Val da Amaia. Na praciña das tetas xa estaba a expedición OEA coa maquinaria lista para pasar unha mañan dura pero en moi boa compaña. Aínda eramos un grupiño xeitoso, a saber, Sergi Gti, Pato, Joyero, Jory, Kiko, Harry, Carlos D., Necho (cuñao!!), Oscarito (chejou tarde vestido de chino SPD), Ito, Andrés, un colega do Ames e eu, Pekeno; todos dispostos a arrancar, Kiko o primeiro, e o resto esperamos, previo aviso de Panchito Andaadios de que tarda “2 minutiños”, e arrancamos sen el. Nada mais subir o repeito pestoso do Monte Balado, Harry rompe un radio da roda traseira que lle impide seguir…pero seguro lle fixo uns canto km a 29! Nesto chega Panchito, que por algo anda a dios. Subimos cara urdilde e xa se forman grupitos…. En A subida sempre levadeira levanos ata Martelo onde Kiko xa viña de volta porque marchaba onda a familia. Agora tocaba a baixada por San Xusto a tope. O camiño segue agora xa pola costa pero con dous grupos. Todo se fai ben, sopla algo o vento pero nada importante. Coma sempre o camiño entre risas e chistes, que si como se sube, que a quen lle vai dala pájara antes, a rodilla de Freire, as chinadas de Freire, moito Freire ese día jajaja.

IMG_4144

Chegamos xa ao noso destino, encarando a entrada en Muros a xente aplaudíanos na entrada! Logo na rotonda as caras cambiaron, os que non coñecian, coma Necho decian: “Boh, esto se é así non é nada…”, cambiou de opinion na primeira rampa dura do 10% e algun tirou para arriba a full coma fixo Jory, e outros fomos a ritmo sendo conscientes de que é unha subida moi falsa e como te quedes sen gas, adiós. Pouco a pouco foron chegando arriba, supoño, que eu iba atrás co meu ritmo constante para non morrer no intento (xa van 8 veces que subo). A calor xa se notaba, pero non moito, xa que soplaba o aire frontal que roncaba o car….Pero arriba tomamos un refrixerio, alucinamos algúns con polos fritidos e salimos para encarar o tramo negro da mañan…pasar de Paxareiras ata a Pereria…15km moi moi moi pestosos con aire de cara e terreo peleón. Todos en fila polas longas rectas da zona, bueno todos todos o que se dí todos….algún xa estaba algo aplatanao, e ese era eu que me descolguei ata chegar a Pino de Val onde tomamos a coca cola e unha tapa moi tardía de fabada. Algún xa nin quería parar porque as 2 había que estar na casa, pero outros agradeceron tomarlle unha. Logo arrancamos, despóis dunhas boas risas e comparativas de cascos, e seguía ese forte aire en contra, outra vez dous grupos, no de atrás tiraba Jory, e tiraba ben, notase que o chaval está nunha forma excepcional (tamén o malla). E eu volvo a quedarme descolgado, facíaseme moito, estar case 2 meses parado e entrenar dende o luns ata o domingo non iba ser suficiente e sabíao, ainda así seguin pelexandome contra o aire a falta de 9 km para a Pereira e vendo como o pelotón branquivermello se esfumaba nas larguísimas rectas da zona. Eu dixen, buf, vanme ter que vir buscar que eu non chego, pero tan pronto dixen eso, armeime de valor e fun sobrevivindo como puiden. Ao pasar da rotonda da Pereira (pasandoas moi put..s) largueime a tope cara Bertamirans, como podía sen pasarme pero a ritmo medio-alto, sabía que non os iba coller porque xa me levaban moito cacho. Mallando moito e sen parar inciblemente as pernas respondían moi ben, ata me permitín paparme a dous fulanos que rodaban rapido. Sorpresa a miña ver a Juan en Pontemaceira ainda que non o recoñecin (xa tiña a vista nublada) e veña a seguir sufrindo para chegar a Bertamirans e ver canta minutada me quitaron….

 IMG_4150

Xa na ultima baixada diviso uns cascos onda o instituto de Bertamirans, aí os estaban! A full para collelos na baixada e paro onda eles nun semaforo ante a sorpresa e os aplausos do grupo! Decir que foi un bó dia de carretera, as Paxareiras sempre dan moito de sí, pero nada sería igual sen esta gran grupeta que facemos os OEA.

 IMG_4155

Un saúdo. Pekeno

 

 

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.