ATENCIÓN

ATENCIÓN¡¡¡

CHEGARON RUMORES DE QUE HAI ALGUNHA XENTE QUE ESTÁ A ORGANIZAR ALGUNHA KDD FEMENINA E PON ENLACES Á NOSA WEB. O CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS ESTE ANO NON ORGANIZA A KDD FEMENINA. NON TEMOS NADA QUE VER. 

II RUTA DO LACÓN

PERFIL LACON

Ruta do Lacón…., 2 edición, Cuntis, Festa do Lacón….o ano pasado xente moi contenta…recorrido moi recomendado…bastantes bos comentarios da xente…pois nada, imos a anotarnos¡¡

Hacia Cuntis tiramos 5 OEA´S (Luis Montero, Angel, Panchito, Suso Beis e Jory (escribe). 08:00 desayunando en Cafetería Ventos. Montamos nas furgonas OEA e arrancamos cara Cuntis. O tempo…..en fin, que decir que non saibades; chuvia, frio, néboa, barro….pfff que PESTOSIDAD de tempo este ano. Chegamos a Cuntis e o primeiro que facemos é ir a polos dorsales.Bastante xente na zona de recollida pero sen grandes colas. A saída ás 09:30 e saímos bastante puntuais ainda que habia moita xente na saída e non saimos directos senon que demos mais voltas……miña nai jejej, xa conozo o casco urbano de Cuntis sen fallo. Bueno o caso, pensabamos que sañiamos contra adiante peeeeero…200 personas xa iban por diante e o Joyero xa vos imaginades, non vou comentar nada jajajja.

IMG_3561Todo o mundo sabía que ó principio habia unhas boas subidas e puidemolo comprobar in situ. Todo bastante estirado e sen embotellamientos pero o terreno que estaba algo roto facía que moi ta xente tivera que botar o pé á terra (normal) pero o que non é tan normal é ir andando polo mellor sitio do camiño porque a xente que intenta subir encima da bicicleta ten que ser respetado e na medida do posible deixalo pasar….pero bueno, pasado este primeiro tramo a subida xa era menos complicada e sen problemas. Terreno embarrado por cachos, pero non era intransitable. A subida longa ata o primeiro avituallamiento e a baixada moi chula. No avituallamiento aínda conseguimos beber algo os primeiros pero según escoitei, moita xente se quedou sen líquido para repostar…deberon ter algún problema na organización….ainda que estaba moi ben ubicado todo hai que dicilo. Continuo ca idea de facer a ruta larga completa, xa a conocía en parte pola Volta a Galicia e sabía que estaba moi chula ainda que o final….jejejje.

Sigo e logo de un par de subidas do 20% nunha trialera de subida moi rota TRAS¡¡¡ rotura de patilla (vaia puta merda)  Ala, acabouse a ruta para min despois de 15 km mais ou menos. Por suerte eu tiña as chaves da fragoneta da Pnachitada e nah¡ levantei a man, veu o quad da organización (darlle as gracias por levarme ata o avituallamiento con tanta celeridade 😉 ) quitei o cambio, puxen piñon fijo e aire, para Cuntis a ducharme e a tomar un colacao quente.

O resto de OEA´S xa contarán como lles foi pero bueno resúmovos eu…que acabaron contentos polas baixadas do final, as trialeras e cheos de barro. (Ben resumido no? jajaj)

Despois de tomar o colacao (porqué non me poñerían unha tapiña de lacón con grelos?? jajaja pedín o colacao porque tiña frío pero fame tamén¡¡ jejej) pois tocaba esperar e ir vendo como chegaba todo o mundo. Canta xente había…Moita. Sobre todo menuda se formou para lavar as bicicletas….Nós nin nos planteamos estar 1h ali esperando para lavala pero ahí si que se quedou pillada a organización…sabendo toda a xente que había e mais chovendo e co frío que facía. A ruta ata onde eu fun pois non estaba mal marcada, o avituallamiento ó que cheguei sen problemas, eu bebín, o resto…..O recorrido moi chulo e que volverei para facelo porque merece a pena. Ó final seica había un sorteo a quen entregara o dorsal….non sabiamos nada….seguramente non leímos a información toda completa….pero o dorsal veu para a casa jejej e…..que mais decir, penso que foi demasiada xente pero xa sabíamos o que había asique dende aquí un abrazo á organización porque fixeron todo o que estaba nas súas mans e un gran esforzo organizar unha rutaza así.

Contade cos OEA´S para a siguiente jeje seguiremos fozando polos camiños de Cuntis. E esperámosvos na nosa ruta o 14 de abril de 2013¡

UN ABRAZO

 

-Jory-

MTB OU CARRETERA?? AS DÚAS¡¡

                     DOMINGO PASADO POR LAMA (MTB)

Bueno chavalada, despois de mais de 1 mes ausentado da bici tocou volver a sair cos OEA´s. Esperábanos un domingo frío e con moita moita lama e charcos de nuestro señor, pero nada que un bo OEA non poida aguantar!

Saímos da praza das tetas  Taboada´s father, Adrián, José(compañeiro Adrián), José veterano, Luís Montero, o compañeiro de Luís do cal non me acordo do nome, perdoa, Kiko, Fernando (primo de Kiko), Juan e o que escribe (Taboada). Como tocaba Pedroso, as cabezas xa andaban a traballar para non ir tan directos cara o noso destino. Asique saímos da praza das Tetas cara a Ameixenda, onde por un tramo estreito nos fan presenciar un salto con tirabuzón con caida en regato! Jajaja foi o amigo de Luís que nese regato pinzou ca roda de diante e caeu, pero non se fixo dano que caeu o xeito. Aínda que despois veu Kiko e fíxonos un amago de caída, pero nada grave, todo controlado.

Despois destes incidentes proseguimos sen mais percances, polo momento… Seguimos uns camiños conocidos por Juan, onde nos iba contando que era por onde solía entrenar el cando saia solo. Seguimos andando,  ou intentandoo polo menos, que ca roda enterrada ata a metade nas lameiras complicaba un pouco a cousa, pero bueno ibamos tirando, subindo por camiños de herba mollada/lameiras/charcos no que saltou a frase de… Pero que pestoso se fai esto.. forzando ata que chegamos a unha baixada que enlaza co pedroso pola zona de figueiras, con bastantes charcos e incluso un vello con vara que apouco mais nos da con ela…

Logo desta breve pero intensa baixada comezamos a subir o Pedroso, ata chegar a metade do monte, pequena parada para avituallarnos e veñaa a baixar como toloos. Collemos baixada do descenso a fuego ata abaixo de todo, onde nos encontramos con Nando do Costa Vella probando unha Mondraker Podium 29, que chula a bici, eso ten que ir como un foguete, pero sempre con un bo motor encima jajaja

Deixamos a Nando e comezamos un tramiño pequeno de baixada con pedras con musgo e cheas de follas, aquí Adrián apareceuselle a Virxe pa salvalo de unha boa! COIDAO! O tipo resbaloulle a roda de diante nunha pedra e foise contra o valo da esquerda e como logrou safar? Moi fácil, simplemente hai que subir polo valo, xa nos dirás como o fixeches macho… jajaja

Agora toca a volta a casa, e como non, enganchamos o Camiño de Santiago, aínda que so seguimos  4, Juan, José, Taboada´s father e eu. Os outros, Luís e o se compañeiro xa iban para a casa que lles quedaba mais a man, Kiko e Fernando igual, e Adrián e José baixaron por carretera.

Proseguimos os  4 valentes  polo camiño sen aparentes incidentes ata bertamiráns, onde nos despedimos de Juan e José que tiñan algo de prisa. Aínda que non contento Taboada´s father aínda me fixo para a tomarlle unha na gasolinera jajaja E despois dunha tapiña pa casa, con lama en todoo o corpo, lavamos as bicis e deixamolas preparaditas para sair entre semana que haberá que buscar algun camiño para a IV Marcha OEA ou que?

Abrazoo!

ESTRENANDO A NECHO NA FLACA (CARRETERA)

Despois de moitos dias de auga e cansado de chegar cheo de terra a casa, decidín (Andrés), senón chovia, sair en carretera. A min unironse, Carlos D., Pato, Angel, e o novato  nestas lides Necho. Asi saimos da plaza das tetas os 5 camiño do Tremuzo (por non oir a Pato) a ritmo moi tranquilo, tan tranquilo que hasta nos adiantou un tipiño nunha btt, “a ver que vos está adiantando un Pegaso”, espetounos o joyitas, jajjaja. Asi con pouco ritmo( alguns non lle adiantaron o da mtb nin en Urdilde, e non quero decir nombres, pero hai moito reservón, xa vos sabedes,jajja), chegamos a meta volante de Martelo, con Pato lanzando un ataque gaseosa, que nos deron para as primeiras risas da mañan…e xa estabamos en Serra de Outes.
Ali produciuse un motín e decídimos non ir o Tremuzo e tirar hacia a Pereira que era unha subida máis levadeira. Pato, resignado, non ofreceu moita resistencia. A subida é levadeira pero bastante larga, serviunos para darlle clases teoricas o novato Necho, “que si mete plato, saca plato, vaite de pe un pouco, que hai que ir a roda moi cerquiña, coidado co afilador”… Pronto puxemos a teoria en práctica pois o acabar a subida, nos chans hasta a Pereira, pegamonos un bo recalenton a roda de Angel.
Na Pereira paramos a tomar unhas cocacolas con donetes, e de aqui cara a casa xa cun ritmo un pouco mais alto para chegar a Bertamirans ben quentiños con 80 km ó lombo, pero eso si: LIMPOS.
Saudos

Trail Río da Fraga

Como moitos sabedes, o domingo 3 de Febreiro, asistín ao Trail Río da Fraga en Moaña. Trátase da primeira de cinco carreiras dun Circuito de Montaña organizado por Galicia Máxica Trail.

Esta primeria proba, da que podedes ver abaixo o perfil, é anunciada pola organización como “perfecta para iniciarse no trail running”, pois só ten unha lonxitude de case 20Km e un desnivel positivo acumulado de 700m. E, a verdade, así me pareceu a min, pois despois de participar nela, podo asegurar que calquera que se atope medianamente entrenado para correr algo máis de 15Km e lle guste o monte, o barro, cruzar regatos, subir e baixar trialeras,… vai a poder rematar este Trail cun moi bo sabor de boca.

perfilmoaña2013

Cóntovos un poco como foi a miña experiencia. De principio comentar que estabamos case 600 inscritos, cousa que me inquietaba pois correr tantos polo monte, por camiños moi estreitos, parecía que ía ser un “follón”, pero ao final nada, só se notou nos 3 primeiros Km. Ademais, ainda que chovera moito as semanas anteriores, ese día saíu perfecto, un día soleado e cunha temperatura ideal para facer deporte ao aire libre, polo que a asistencia estaba case asegurada, e así foi, falaban alí duns 570 corredores. Para intentar arranxar este problema os membros da organización aumentaron un pouquiño o percorrido facéndonos correr uns 800 metros pola praia da Xunqueira, atravesar a desembocadura dun río e subir un dique, así, xa de saída, pelotón estirado e mollados case ata a cintura, jeje.

 

Moaña paso por río
Moaña, paso por río

Logo collíamos un camiño que transcorría paralelo ao Río, aí si que tivemos momentos parados, pois en algún punto tiñamos que pasar de un en un… pero nada, moi bo rollo e compañerismo, os que ían a competir ían moi adiante.

O camiño, a carón do río, xa vos podedes imaxinar como estaba (algunhas fotos da organización), moito barro, pedras con musgo, raíces, … que vos podo dicir, unha chulada. Así foron os 5 primeiros kilómetros. Logo o primeiro avituallamento, este só líquido, auguiña en vaso de Coca-Cola e seguir para adiante… quedaba o mellor por chegar.

Como se ve no perfil, todo para arriba os 10 primeiros kilómetros, pero, en especial, había un tramo por un “cortafuegos” que era peor que subir escaleiras, imposible correr, a andar… 

Ría de Vigo
Ría de Vigo

Unha vez arriba, e xa pasado o segundo avituallamento, nos atopamos cunhas vistas estupendas, tanto da ría de Vigo como da ría de Pontevedra, sitio e momento máxico que tiña que inmortalizar, así que nada, saquei de móbil e aí tedes algunha das fotos.

Ría de Pontevedra
Ría de Pontevedra

Pois nada, aí mesmo, nas Antenas, fixéronnos pasar por unhas escaleiriñas de a un, para control, e xa nos dicían que só nos quedaba “baixar con precaución”… e así foi, uns 7 Km de baixada. Que vos podo contar, pois que o pasei xenial, a primeira vez que non deixo pasar a ninguén baixando unha trialera, jeje… foi o mellor, eses 7 Km foron todos de risas, de adrenalina e, cando chegamos a zona de río, de barro, auga e… de todo!!! Xenial!!!

Subida ás antenas
Subida ás antenas

Bueno, ao final foron 2h14m de carreira moi moi amena, chegando coa sensación de que me pareceu curta pois, subindo non me atrevín a apretar por non cansarme e, estas baixadas tan empinadas, ¡¡¡non cansan!!!, jeje… Bueno, os 4 últimos kilómetros si que apretei o que puiden pero, con tanto barro, tiña que ir con coidado de non esvarar.

OEA
OEA satisfeito

Dicir, por último, que dos 570 que saímos terminamos uns 500, que eu quedei do posto 291, que o primeiro volou polo monte facendo un tempo de 1h27m en comparación có meu de 2h14m… Así que, a conclusión: se podo, repetirei, e espero que algún OEA se anime a vir conmigo, ¡¡¡¡non quero disfrutar tanto eu só!!!!

Un saúdo a todos

Manuel

 

I RUTA BTT OS DO MONTE BRAVO

Perfil da ruta
Perfil da ruta

 Os do Monte Bravo…pois si que é curioso ese nombre. Mais ben deverían chamarse “os da lama brava”. Como pode ser que desde o quilometro 2 ata o 38 estivera TODO tan enlamado? jajajja

27.1.13, 08:30 A.M. arrancan os ESFOLA ARRÓS (ahora en diante OEA´S) hacia Calo City. A idea era de ir en bicicleta desde Bertamiráns pero días antes falando por wasap xa decidimos ir en vehiculos xa que como había algo de papatoria ó final non era plan quedar ali cheos de frío. Eso, chegamos a Calo 9 valientes, perdón, foron 8 xa que o señor de folla caduca, Carlitos DuIMG_3426ro, non está preparado para que lle caia aIMG_3424uga e non se dignou a aparecer (mira a cara de Necho esperando por ti)

Os 8 valientes foron os siguientes:

  1. PATO: acostumbrado á auga como o seu nome indica
  2. ANDRÉS: xa esta cubrindo o seu cupo de rutas con chuvia
  3. ÁNGEL (JOYERO): a este dalle igual auja neve granizo ciclogenesis…
  4. PANCHITO: non lle prestedes nunca unha bici, pero ahi estaba…
  5. MANUEL VIEITES: progresa adecuadamente
  6. SUSO BEIS: o noso Harry sempre ca sua sonrisa e probando 29er
  7. NECHO: jodido pero contento de ser OEA jajaj
  8. JORY: xa sabedes que non me perdo unha like a JOYERO

Logo de poñer a alineación para a ruta vou a contarvos o meu punto de vista do que deu de sí a ruta. Logo nos comentarios da entrada xa escribirá cada un o que queira.

O tema era que alí nos xuntamos uns 250 btteros mais ou menos dispostos a pedalear baixo a chuvia. A entrega de dorsales a todo esto sen problemas o que si que non sei para que servia a pulserita tipo T.I. dos hoteles de Punta Cana… (BARRA LIBRE DE BARRO???). Antes de sair o señor DUCK xa estaba bourando con que habia que sair diante que despois habia atrancos e tal e cual e… non vos sona? o de todalas rutas e ó final os OEA´S sempre saen ó final. Pero de esta vez todo cambió¡¡ e estabamos entre os 30 primeiros para sair (non vos acostumbredes eh jjeje). A saída sen ningun problema e sen atrancos, así da gusto, deberían aprender moitos organizadores para que nunca houbera atrancos…. e ala xa nos metemos no monte a ratonear un pouco. Ó ir no grupo dos 30 primeiros o terreno estaba jodido pero con peripecia pasábase ben o que non sei e como os que viñan atrás farían moitos cachos porque despois de pasar 200 personas… aquelo tivo que quedar MOI MOI MAL. As flechas do recorrido personalmente poñerías de outro color. Xa sei que era color corporativo pero jeje e aproveito para decir que a ruta non presentou problemas en canto á señalización, simple pero sen problemas. Os primeiros 15 km o terreno era moi similar, con camiños estreitos e alguns pola beira de regatos que como calcularas mal alá ibas. E que decir da conducción que tiñas que facer, seguro que moitos de nós agradecemos estos días para coller técnica de conducción en condicións extremas ajaja. Qué maneira de irse para todos lados miña nai e qué divertido jajajaja a ver se suben fotos porque eso vai ser un espectáculo.

Chegados ó primeiro avituallamiento líquido eu xa iba entre os 15 primeiros e cun ritmo medio alto en todo momento, para probarme un pouquiño. Tomei un  chupito de auga por dentro (por fora xa estaba cheo) e continuamos. A partir de aquí comezou a ascensión cara as antenas do escala ou Meda e para min a subida e o tramo mais duro de toda a ruta. Esa subida por monte aberto desbrozado e cheo de auga e enchoupado como me deixou…. non habia forma de avanzar case… tirabas de riñons e apretabas o co…. e non habñia maneira pero bueno fixeno todo encima da bike. Logo pequena baixada e OHHHHH MCD estaba sen freno de atrás¡¡¡ En este punto foi cando me din conta de que estaba jodido e que o iba a pasar moi mal. Latiguillo roto e sen aceite no freno traseiro pero que somos leones o OEAS?? jajaja esto fixo máis épica esta ruta. Imaginádevos o que foi facer esta ruta sen freno de atrás…

A miña idea era chegar ó final, simplemente tiña que andar con ollo nas baixadas mais jodidas e listo. Xa no segundo avituallamiento antes de coronar metinlle un platanillo e algo de auga e continuei, case sempre solo… ainda que fun adiantando a algun que outro corredor. Xa no punto mais alto da ruta collemos á dereita por unha baixada que conozco ben ata que vexo o primeiro cartel de OJO PELIGRO. Xa dixen…”uy se estos do monte bravo poñen perigo….jajaja” e nada aquí comezou a miña odisea, esto era ciclocroos mais que mtb. As baixadas moi moi empinadas e claro sen frno de atrás e para non caer tiven que facelas andando que tamen tiña o seu aquel ehh. Se tivera freno de atrás algunha que outra faríase na bike pero non moito mais do que fixen. Os sitios espectaculares, todo pola beira de regatos crecidiños e por ladeiras, sendeiros labrados pola auga, carballeiras, pasarelas feitas de madeira (deixadeas) etc. Sinceramente estos camiños facelos un día que o terreo este seco e transitable ten que ser espectacular, o track quedou gardado e fijo¡ que repito jijij.

Os km pasaban e eu por suerte seguía na marcha, pasando a algun que outro biker que ainda quedaba pero segun fuentes de protección civil cando iba polo km 30 solo levaba diante 3 corredores. Por suposto que me daba igual se chegaba a onda eles jejje e eu seguía co meu ritmo e dentro da miña zona de traballo. Falando de protección civil, OLÉ, OOOOLÉEE. Alí estiveron cubrindo os cruces mais importantes da ruta á chuvia. Esto si que o quero salientar e quero agradecer que se preste atención a seguridade dos corredores. Prefiero mil veces unha ruta mal marcada que carente de seguridade, eso NO.

Pois nada xa nos últimos quilómetros e despois de subir cara Lampai (subida wapa de pedras si señor) pois xa encaramos a recta final onde me atopei con un Corbelo que pouco a pouco me fun achegando a él ata que o vin ó lonxe. Pero ademais apareceu outro mais. Era delgado, iba moito de pe, subcampeon Volta Ciclista España….GRAN PERSONA… quen é?? Ezequiel Mosquera. Pois sí, á altura da peaxe da ap9 dei chegado a onda eles e fomos xuntos os ultimos 5 km da ruta falando, contrastando opinións da ruta e do ambiente, aparte de comentarlle o tema de que nas baixadas non podia ir detrás deles que igual os inculaba por falta de freno (fliparon xD) e nada nos ultimos metros o cabrón de Ezequiel aprobeitouse dun recto que fixen para atacar e darlle un toque gracioso

á este final de ruta increible. Finalmente cheguei despois do 1º pero xunto co do Corbelo e con Eze que me comentaba o bo rollo que hai entre os ciclistas de montaña comparado cos de carretera, que non decía que fora malo pero que era mais sano…. (COMPARTOO 100%). Xa sei que non era unha competición pero sinceramente se vexo que podo apretar e ir algo adiante pois mellor que mellor.

la foto
recorrido 3d

E nada alí lavei a bike e falei algo coa xente da organización. O tema era que claro, como viñera con Panchito e tiña as cousas para cambiarme na súa furgalla, se tiña que esperar a que él chegara….miña nai…. asique collín e dixen. “vou á casa, duchome e volvo” dito e feito. Arranquei para Bertamiráns, cheguei a casa (escoitei a miña nai…MIRA COMO VES¡¡¡ VES BONITO¡¡¡ a que vos sona…jejejje) lavei a bike, laveime eu e arranquei para Calo no coche para comer os pinchiños e barullar coa xente que tamén é moi sano.

Unha vez alí encontreime xa con algúns OEAS. Panchito xa estaba cambiado porque chegou coa organización ó romperlle o cambio da bike de Oscarito e non poder rematar jejje e Necho tamen con algún problemiña de transmisión. Pato pinchou as duas rodas pero solucionou, Suso Beis encantado ainda facendo o superman nunha caida, O joyero (que iba cunha Mondraker de enduro…..xa vos podedes imaginar os comentarios del…. pestosa, penaliza, etc ajajja) chegou “castigado de pernas” e Andrés e Mnauel sen grandes males pero tamen mallaos completaron todos a ruta.

Unha vez duchados e xuntos, compartimos uns pinchiños que serviron para abrir o apetito e logo comer na casa co pano que nos regalaron posto no cuello, (chulo) 😉

IMG_3425
algo da papatoria

 Pois nada, xa para finalizar e a modo de resumen/agradecemento/crítica, en nome do Club Ciclista Os Esfola Arrós queremos en primeiro lugar agradecer que fixerades a ruta para que nos a poidamos difrutar, currastes un monton e notouse. En segundo lugar, moi rebuscado o recorrido e ciclable digamos que ó 99%? jjje en condicións normales. O barro doulle un toque extremo á cousa e fixo que o recorrido fose duro. A ruta foi sinxela, sen grandes infraestructuras nin montaxes pero efectiva e moi moi divertida. E xa veredes como hai xente que se queixa de que había que ter alternativas para o trazado….(a min non me gustan as alternativas eh) e bueno despois o tema das duchas que eso xa é o de siempre….auga fria patodos¡¡. A señalización……a ver….correcta, non houbo moita pérdida pero esforzaríame un pouco mais con carteles algo mais grandes e mais visibles. Con todo, un placer e os OEA´S quedamos contentos, moi contentos. Señores do monte bravo, un pracer. Espero que vos guste a crónica e xa sabedes ahora queda a 4ª ruta OEA…. jejejejje non digo mais…. un abrazo e boas noites.

FDO: Jorge Pérez “Jory”

Camiño a Vedra

Destino: Milladoiro-Luou-Cacheiras-Vedra
Asistentes: Pato, Angel Jollero, Jorge, Andrés, José, Juan, Panchito, Sergio, Kiko, M. Vieites, e tres mais que non lle sei o nome.

Domingo día 20 de Xaneiro, no calendario OEA marcaba como destino a zona de Luou – Cacheiras, pero non nos chegaba, e decidimos ir un pouco máis aló e pasar do Concello de Teo ao Concello de Vedra, chegando na nosa saída ata San Xulián de Sales para percorrer unha fraga moi chula que se atopa entre a AP-53 e a N-525.

image (1)

O día presentábase chuvioso, pero non tanto coma o día anterior, que caera moitísima auga acompañada de rachas de vento de ata 80km/h. Así que nada, non tiñamos ningunha escusa para non saír, ou así o pensamos os 14 que nos xuntamos e, sen ningunha dúbida, acertamos, pois o pasamos xenial e o tempo acompañou.

187_8398_mini

Coma sempre, a saída foi as 9:30 dende a Praza da Mahía, alí se atopaban todos menos Sergio e máis eu que, como saímos dende Santiago, decidimos xa non baixar ata Bertamiráns. A ver se nos comentarios os compañeiros poñen como foi a subida ata Milladoiro pois, como dixen, nós xa estabamos alí esperando, facendo largos polo Novo Milladoiro. Parece ser que, no camiño, Juan pinchou a roda de atrás da bici e así, entre unha cousa e outra, xa case eran as 11:00 cando saímos rumbo ao alto da Poboa, que era o noso primeiro destino.

A subida “Milladoiro-Depósito de auga da Poboa” é ben empinada e así o iamos comentando todos, Andrés incluso recordaba como a empregara de entrenamento para afrontar os Lagos de Covadonga, ¿non?

Unha vez arriba, xa todos agrupados, baixamos por pistas de concentración cara Solláns para logo ir ata cerca de Luou, onde recorrimos uns 4 km da marcha dos Monte Bravo do próximo domingo 27 de Xaneiro.

Logo, outra vez, pistas de concentración moi rápidas pasando polo Punto Limpo de Teo para chegar ata cerca da Urbanización dos Verxeles. A verdade é que nos estabamos xa alonxando moito de Bertamiráns, o tempo pasaba e algúns xa ían preguntando ata onde chegaríamos… ¡¡¡saíndo antes non teriamos eses agobios!!! pero bueno, decidimos igualmente seguir “ata o final”.

Ao pasar os Verxeles comezamos a percorrer parte da Marcha organizada polo Concello de Vedra, así que moitos dos camiños aínda estaban marcados. O problema apareceu porque moitos dos cruces pásanse máis dunha vez en distintas direccións, e así foi como Panchito, Jory e Jollero, que ían diante nun típico pique OEA, se desviaron da ruta que tiñamos pensado seguir… aí volvimos a perder outros 5 minutiños…jeje

Pero aínda non quedaba así a mañá no que se refire a avarías e perdas de tempo, esta vez tocoulle a Juan, que volveu pinchar. Bueno, nada importante que non poida arranxar rápidamente José. Iso sí, esta vez, decidiron colocar unha cámara antipinchazos que levaba Ángel e, así, xa non lle volveu a dar máis problemas.

Seguimos baixando cara San Xulián de Sales pasando por unha preciosa Mimoseira, o Aeródromo e baixando ata o río de Santa Lucía por unha pequena trialera.  

Xa estabamos no concello e Vedra, pero dende aí aínda tiñamos que cruzar a Autopista que vai cara Lalín. O cruce da Autopista o fixemos por un dos tubos que o atravesan, comprobando que son o suficientemente grandes como para pasar enriba da bici… ¡¡unha experiencia interesante!! 

No outro lado da Autopista quedábanos unha das partes máis chulas da saída, pois eran uns 8 Km de camiños entre carballos e bosque espeso. Aí tivemos tempo para todo, cruzar “Grandes charcos”, perdernos por algún camiño descoñecido, baixar algunha trialera “case imposible” (ata a pe) e, como non, a Panchito doulle tempo de romper o cuadro da bici…¡casi nada! 

Cando chegamos novamente á Autopista aínda nos faltaba cruzar un pequeno regato que se xunta có Río Santa Lucía, este viña crecido e só Kiko e Jory se animaron a facelo na bici…

 Video OEA 20-1-2013

Xa eran case as dúas da tarde e estabamos a máis de 20 Km de Bertamiráns, así que decidimos deixar a volta por monte para a próxima vez que se realizara esta saída e volver pola estrada (sen que sirva de precedente).

Pois nada máis, fomos xuntos ata Solláns e aí, Kiko e máis eu collimos rumbo Milladoiro e, os demais cara Bertamiráns, chegando alí pasadas as 15:00.

foto

Por último, pedir disculpas pola tardanza da crónica e a ausencia de “chistes”… ¡¡¡A próxima antes e mellor!!!

ALTO DA PENA

“MONOBIELA”

Destino: ALTO DA PENA
Asistentes: Pato, Angel Jollero, Jorge, M. Vieites, Luis Montero, Andrés, Yago, José,  Panchito, e dous chavales mais que non lle sei o nome, sintoo. (dous do ames).

Amencía un domingo mais de inverno cerrado, eran as 8:30, caian picarañas de punta e soplaba un airiño estilo cicloxénesis explosiva, á media hora comezan os primeiros juasapes de indecision dalguns,(chove, non chove, imonos mollar, mi madriña, aquí non cae gota) o típico nestas condicións meteoroloxicas. A esa hora xa tiven o primer problema da mañan, baixei antes da hora pa cambiar a cuberta de atras, e como non, cheguei con retraso á praza das tetas. Había tamen dous compañeiros do club ciclista de ames, que nos acompañaron hasta pasar ponte maceira. Todos preparados e alá imos camiño do pedregal, pasando por Castrigo, Brans dabaixo, Brans darriba, saindo ó Portanxil, o tempo moi inestable, unha de cal e outra de area, collemos camiño de finisterre hacia transmonte con ritmo normal (nin moito nin pouco) peeero, segundo percance pa min(Pachito), de repente notei que me escapaba a perna esquerda mais pa baixo do debido, mirei pa baixo e… vaia por DIOS, quedei ca biela esquerda colgada do pe, e dando pedal solo ca dereita, a simple vista segun mecánicos oficiales do club, non era nada, apretamos dous tornillos e en marcha outra vez.
Baixando hacia Ponte Maceira, caeu unha chuvieira de auga conxelada que nos deixou entalados, o incrible era que un amigo de Yago ía sin chuvasquero e arremangao (CUIDAO)  e o carallo é que non dou síntomas de hipotérmia nin cousas desas, ja, ja. (Un home é un home, índa que a muller lle peje) chegamos a Negreira sin mais percances, había “mercadillo” e quixemos comprar churros, pero deciimos non parar e ir tiando “pa no enredar”, e veña camiño de Fisterra pa riba e pa baixo, lama hasta las orellas, charcos de quedar espetados, carreiros cheos de pedras e paos, en fin, o que ven sendo…(MARAVILLOSO). Uns kilometriños antes de chegar á falda do monte, non chegades a imaginar o que pasou, pois sí, tádelo pensando, volvín a quedar ca biela colgada do pé esquerdo, puufffff, e desta vez parecía mais grave,  ” tes que ir por carretera” “eso ten a muesca comida e xa non vale”  “chama á muller que te veña buscar” etc… entonces  entrou en acción o manitas da escudería,(José arreglalotodo) coa axuda inestimable do Jollitas, (mais dun pau de pino duns trinta centímetros a efecto de martillo) nuns cinco minutos mentras todos merendaban quedou a máquina lista para seguir o trayecto. Por fin chegamos ó Alto da Pena, os primeiros esperaron polos rezagados e a baixar, que non se paraba co aire frio que facía alí arriba. Trialera complicada de pedras duns 200 metros e despois descenso moi rápido por pista de concentracion “paavernos matao” deberon quedar a mitad das pastillas de cada un, as de Jorge cheiraban como si frenara un coche. Nun vuelo estabamos en Negreira outra vez, esta vez sí, uns churriños con moito azúcar que nos sentaron como dios, e a tirar rápido por Ons e Rañalonga que xa era tarde, pero ainda fixemos a baixada dos cabalos porque vindo por esta zona, tiña que ser, disfrutamos coma enanos outra vez.

E esto toca a final, lavámonos na gasolinera, nós mais as bicis, e cada un para a súa casa que estaban as mulleres esperando ca comida feita, e penso que ninguen esperaba que o día que encontramos á primeira hora da mañá se fose quedar tan ben, e que gracias á gran compañia e ás ganas de querer disfrutar de cada minuto que estás na bicicleta, fósemos capaces de olvidar o frío e a molladura que tíñamos no corpo. Hasta a próxima.

PD: SARNA CON JUSTO NON PICA.

Dia de Reis: disfrutando do MTB.

Ola, son Oscar Freire como o seu propio nome indica, e vouvos a comentar (espero que brevemente) cómo de ben foi a xélida mañá dun 6 de Xaneiro. Non tiña moi claro que foramos a acabar saíndo porque: 1) os quintos do día anterior 2) o historial de jory pa quedarse durmido e 3) a min non me apetecía nada saír en MTB. Ó final, os que casi nunca taban últimamente, estaban: Jory e Oscarito.

O caso e que quedamos estirando o café ata as 10 no NewYork, patrocinador que nos coida bastante, e como non había presión, esperamos a que o día quentase un pouco. Malia todo, 3º que nos puxeron as orellas frías e os mocos tesos. O destino era o monte Scala, e fomos ata alá ratoneando pistas: rio Sar, obras AVE, fragas do río… Joer qué frío, pero qué belleza saír así en MTB con nieblilla e todo xiado… e nin un alma se escoitaba, os rapaces abrían os agasallos ó carón da lareira, e nos disfrutábamos do regalo dunha boa ruta mtb como esta.

Paraxes lóbregas e con encanto.

Eu iba de rodaje, non teño o corpo pa caralladas así que xa informo que non vou a facer nada máis que disfrutar da subida, otrora vez sufrida, pero hoxe o día iba de platillo. No medio da subida, paramos a estreitar lazos cun cazador, que nos dí que é o último día de caza… andaban todos locos por un conexo (risas).

Coronamos, e eu entre que busco por dónde andan os meus bronquios, chegan 3 Ultreias que resultaban ser os unicos valientes dun grupo máis numeroso. La unión hace la fuerza así que facemos a baixada por donde nos gusta tanto. O monte estaba rápido e bonito a partes iguais. Hora de disfrutar ata que ó pasar o río, previa molladura de pés nun dia como o de hoxe, atopámonos con repeitada. Afróntase con dignidad.

Cazador cazado

Xa son as 12 e o sol luce con esplendor, facendo que as 4 capas de roupa que levaba, que nun principio do día foron salvadoras, me fixeran botar as alegrías coma un chourizo da jamalleira cando o botas na sartén con aceite. Despistándonos un pouco chegamos ás faldas do Picaraña. Seguimos cos Ultreia ata que os nosos camiños se separan: eles siguen polo Camiño de Santiago para casa, e nos ratoneamos outra vez.

Conforme caían os Km’s íbamos disfrutando máis dos camiños, unha chulada. Cando levas tempo andando en carretera ou sin andar, botas de menos esa sensación de mollarte no monte e difrutar de cada metro. Jory iba sempre de paseo e a min as pernas xa me taban a pedir papas.

Así que nada, como colofón, volvemos a facer a do rio Sar pero completa e do revés, para comprobar que o camiño ta moi rodador e moi limpo. De ahí para pasarlle unha auga ás bikes e tar antes das 2 na casa comendo o roscón de Reis, con 45km ó lombo, e cun dor de pernas e de cú digno de cando un bo día fai uns anos se me deu por volver a desempolvar a mesma bici que hoxe me volveu a levar polos camiños.

vistazas Meda

Espero que os que non viñéchedes disfrutárades igualmente do día, algún día nos seremos os que quedemos na casa cos… ¿fillos? e Andresín Jr, David, Joyero Jr, etc sexan os que tomen o relevo.

Un abrazo!!

Oscurito!

ANO NOVO OEA EN ALTAMIRA 2012

Estréome nestas lides de facer a crónica das saídas que facemos os OEA’s os domingos e festas de gardar, polo que desculpade si non é tan extensa, tan lírica e con tanto humor como as fan os habituais nestas lides. Bueno pois ala bou.
Quedaramos as 9:30 como sempre na praza das tetas, alí nos xuntamos uns cuantos OEA’s e algún compañeiro biker visitante, a saber: Carlos D., Andrés, Angel (Joyero), Carlos T. (senior), Luís e un colega deste, Carlos (visitante), e o que escribe esta parrafada; máis tarde xa no camiño se uniría a nos Pato. Estaba tamén a chabalada: Pekeno, Carlos T. (junior), (aínda convalecientes os dous) Adrían, etc… pero só de visita.
Por certo día de cans, pasou toda a noite a chover e a xornada comezaba da mesmo xeito chovendo, debido a isto tivemos un momento en que si marcharmos para a casa que a onde vamos, que pero que somos OEA’s un auguiña de merda nunca nos freou, polo que ala fomos dirección a Altamira. Por certo hai que dicir que despois tivemos bastante fortuna pois durante a pequena ruta que fixemos non nos choveu nada.
Collemos camiño do pedregal, metémonos polo camiñiño de sempre que nos leva a zona de Castrigo, desde aquí nos diriximos ao paso que vai por encima da autovía e cando colliamos camiño directo para as torres aparece Pato e di que por alí non, que se non chegamos moi pronto, entón collemos dirección Rañalonga. Unha vez chegados alí tiramos para riba por un trazado bastante empinado e co camiño moi roto, debido a chuvia, e con moita ramallada, as zonas mais limpas a llanas estaban cheas de charcos que parecían pequenos lagos, o terreo polo que andabamos é zona coñecida por Pato e segundo nos ía indicando había sempre que ir para riba que así sempre hai saída que quen vai para baixo afoga (Pato dixit) entón cando estabamos chegando arriba de todo cagámonos no que dixo Pato e tiramos pa baixo para seguidamente volver a subir e coller dirección a zona onde se celebra a Festa dos Cabalos en Brión. Desde aquí collemos dirección ás Torres de Altamira onde nos estaba esperando Pekeno cuns turronciños de chocolate, comemos os melindres a palo seco pois non había cava.
Despois de facer a foto de rigor tiramos xa dirección Brión City, baixamos pola zona onde normalmente acabamos a nosa marcha dirección a gasolineira, pasamos polo paso que hai por riba da autovía e collemos dirección Guitiande demos un paseíño pola zona de monte que hai por alí fixemos unha pequena subida moi tendida a unha lomba que hai alí, onde quen menos quen máis pasounas canutas para chegar arriba e desde alí nos diriximos a cafetería da gasolineira para tomarlle unha.
Xa non me enredo máis que me fago pesado, en fin demos unha voltiña para estirar as pernas e celebrar a chegada do novo ano esperando que este ano novo sexa os máis venturoso para toda a familia dos OEA’s.
Unha aperta.
P.D.: Despois aínda lle tomamos unha xerriña de viño en Manolito e un cava para rematar como deus manda no New.