ANTENAS SCALA + RUTA MONTE BRAVO

PERFIL RUTA SCALA

Moi boas familia! Aquí o Pekeno vaivos comentar, coa súa PROsa digna de Garcilaso de La Vega, o que deu de sí (que non foi pouco) a salida deste domingo! Partíamos case case case puntual as 9:30 da praza das tetas uns cuantos corzos, vease Luis, Vicente, Juan,Carlos D, Taboada Jr.,Joyero, Freire (CEO iAlma3D AmoteMoito), JoryTime, Manuel Vieites, Kiko, Andrés, William, David e o compañeiro  que non me acordo do nome. Ao que ibamas, collemos dirección Scala e nada máis salir aparece Pato, coma sempre, as últimas. Terreo para entrar en contacto co monte nada máis saír e pa coller caloriño que refrescaba de cara… Primeira baixa importante e a prudencia de Andrés que xa avisou que a baixadiña do gaseoducto sempre acarreaba algunha caída memorable…tal cual “mehome”, vai e apaña Juan! Cositas de la vida!!jajaja. Seeeguimos a ritmo normal imposto por su señoría Joyería enfiando camiño pola Peruca cara a saída na Excravitude para enlazar a subida ao Scala.

Comezamos esa subida cun principio roto, matador, pestosisisisisimo, con cazadores imprudentes…e así ao ritmo que cada un dá, foise subindo e o día comezaba a abrir e o sol sorría por primeira vez no día. A todo esto, comentar que diante de Juan e Andrés un cazador pegou un tiro no camiño…en fin, esto xa o dí todo, asique non digo máis e que cada un saque a reflexión que queira. Chegada arriba, comidiña e para abaixo! Ibamos enlazar coa que foi a marcha dos compañeiros do Monte Bravo, enlazando camiño cara Lampai…eso si, as baixadas moi moi a fuego! Subimos o repeitazo máis pestoso da redonda cuns % que case é mellor non miralos! Pero a nai natureza é moi sabia, e para baixar, hai que subir, e unha vez subida….a baixar! Previa caída de William en parao e as culpas das calas…jajajjaa. Baixadas….puuuf que guapas! O certo é que o terreo estaba bastante mollado e patinabase que daba gusto, pero ese tramo da marcha dos Monte bravo é acojonante! Falo por min, pero nunca o pasei tan ben baixando (debe sela bici). Unha vez chegados a altura do Faramello, uns xa se foron pola estrada e outros seguimos a escornear polo monte adiante vendo polos fritidos everywhere.

Seguimos indo pola ruta ata chegar a Ameneiro onde paramos na casa de Carlos Duro a ver se invita a unhas cocacolas (acompañadas duns aperitivos), pero o tipo salenos en peitos pola ventana…e non era plan!!!! Asique, baixada por Biduído e parada no New York para dar por finiquitada a saída matinal do domingo. En xeral, unha moi moi boa ruta para os domingos ou para entrenar, e a compañía como sempre de 10!

Un abrazo familia!!!!! Bicos!

Pekeno

PEDESTRE SANTIAGO 2013

PEDESTRE  SANTIAGO 2013

 PEDESTRE SANTIAGO 2013

Ola unha vez máis compañeiros, Yago Lestido ó teclado. Este Domingo 27 de Outubro presenteime á XXXVI  Carreira Popular de Santiago. A proba estaba dividida en dúas carreiras, a dos maiores de 11 km creo lembrar(persoas nacidas antes do 1997) e a dos pequenos/escolares 7 km(persoas nacidas posterior ó 1997 e este incluído). A min correspondíame a dos escolares, e ainda me queda un ano máis posto que son do 1998.

Todo correcto, todos na parrilla de salida, colócome diante de todo ó lado do gañador desta carreira, que gaña tódolos anos. A prensa como non xa o entrevistou a el e dicía que adestraba todo o ano para isto jajaja e eu ó estar ó lado chapei algo de cámara xD. Bueno, organización perfecta, non hai queixa. Saída puntual ás 11:30 despois de quentar un pouco por Xoán XXIII dende onde era a saída.

PÁS ! Pistoletazo e saída ! Collo o meu ritmo dende o principio xa aprendida a lección de capítulos anteriores … e algunha xente vai pasando. Carreira moi continua, sentinme ben correndo, non hai queixa. Subida por Bite durecha pero superable. Chegado arriba da costa pequeno puntillo no peito, subsánase e a seguir correndo. Agora empezaba a parte que máis me gusta a min, a zona vella de Santiago, toda a carreira ao meu ritmillo pero nesta parte si que no jajaja aquí é onde me encho e me enche de verdade a carreira e máis o disfruto. Eu sempre divido esta carreira en dous, a primeira dende a salida ata zona vella ao meu ritmo comodo e a partir de aquí ata o final FUEGO ! Sabía que a meta andaba preto, asique máis leña ó lume. Paso a uns cuantos e motívame. Sigo correndo a tope, chega a recta final … e máis leña ! Sprint … creo que nunca corrín tanto ! Houbo algún que se me intentou poñer ao sprint ó lado e non dou jejejeje chegado a meta en 33 minutos, para min boa marca, un posto 106 na xeral e de 70 na miña categoría. Non me vou con malas sensacións todo o contrario jeje ahora a entrenar para a pedestre de Negreira que é a que queda. Non sei se houbo máis presenza OEA polos maiores que non vin a ningún, que digan eles que tal lle foi.

Un abrazooos familia ! Vémonos !

Yago Lestido.

CARREIRA PEDESTRE DE BERTAMIRÁNS

PEDESTRE AMES 2013

Compañeiros, primeira vez que escribo unha crónica… non prometo que sala gran cousa. Pero o tema non é falar da miña experiencia ao teclado, senón sobre o que nos une a todos nós, o deporte, xa sexa sobre a bicicleta, ou correndo (Coma neste caso). Preséntome para os que non me coñezades, son Yago, o cadete.

IMG_5791

A pedestre estivo dividida en varias categorías, os absolutos onde competiu o noso compañeiro Manuel Vieites que era un circuíto de 7,9 km, alevíns, benxamíns, pitufos, e cadetes/infantís onde corrín eu cun circuíto de 2,4 km.

A Carreira partía da calle Entreríos – Bertamiráns. Recollida de dorsais un pouco desorganizada … pero bueno, efectivamente, atopei o meu dorsal e o chip como é de supoñer. Atopei a Manuel que el xa correra, xa que os cadetes eramos os últimos en saír. Púxenme a quentar, facendo pequenos sprints … xa había algún que prometía bastante solo con velo quentar pero non vamos coller medo jajaja 20 minutos de retraso entramos na parrilla das sardiñas … que desta vez si que nos deron volta e volta na parrilla con tanto mareo…PREPARADOS …LISTOOOS… … … … … NN SE OE O DISPAROOO ! Escorrego e ven algún comigo … volta a poñernos detrás da línea … volven a intentar dar a saída … e..,.. PREPARADOS LISTOS…………… NADA ! Outra ves ! esta si que non ma colaron e non me movín, o gatillo da pistoliña apertábano pero resulta que estaban sen petardos … e non se daba a saída …… resulta que á terceira vai a vencida … jajaja cargan a pistola … todos detrás da línea:

PREPARADOS LISTOS PÁÁÁÁÁS ! Saída a todo GAS ! Consigo poñerme 1º no sprint de saída ! Todo vai ben manteño o posto os primeiros 200 metros de primeiro. Pásame algún que outro atleta de Noia e do Dexter de Tríatlon. Contaba con eles jaja era de supoñer. Eu sigo ao meu ritmillo máis ben baixiño que levaba tempo saíndo en bici pero a correr 0 patatero jeje algunha pequena mala sensación polo camiño fixo que me desmotivara  bastante pero render non me ia render. 2 voltas bordeando o camiño fluvial e meta.

Cheguei ao final cun 25º posto na xeral, e 16º en cadete. O meu punto nótase que non é precisamente correr. Disfruto máis encima da bicicleta, para que mentir. Pero aínda así gústanme as pedestres. Este Domingo 27 irei á de Santiago, e o 10 de Novembro á de Negreira se Dios quere claro ! Apuntado xa estou jajaja solo  falta ir e correr 😉 escribirei crónica sen falta.

PD: Encantado de lucir o maillot OEA como non !

Un abrazo ! Vémonos !

Yago 😉

II RUTA BTT DA CARAMIÑA

ÓS TOMBOS EN CAMARIÑAS

IMG_5786

Como nón , habia unha marcha en camariñas, e alá fomos, Necho, Jory, Oscarito, Pato, Jollero, Carlos T, Carlos D, Andres, e o que escribe, Panchito, a visitar os nosos grandes compañeiros os PC BAIKERS DO VILAN.


Tocaba madrugar moito un domingo(outra vez), ás nove en camariñas, saída de bertamiráns ás sete e media pasadas, alguns ainda había pouco tempo que nos deitáramos pero sarna con justo non pica!!!!. Comenzamos ca rutina,recollida de dorsais, tomamos chocolate, preparamos burras, vestímonos de faena, catro parrafadas cos do vilan, etc. O tema principal da mañan era o dos kms, 45 a corta e 65 a larga, e coma sempre diversidad de opinións, “somos corzos ou que somos” ” teremos que facela larga ou que?”.
Chegou o momento de ír para o muelle onde era a saída da marcha, comendo un anaco de biscoito que fixo miña sogra con moito cariño… jajaja, sacamos un par de fotos antes de arrancar e o presi dou o pistoletazo de saída. Pato meteu algo de cizaña no jollero dicíndolle que había trofeos para os primeiros de cincuenta, e o susodito mais Carlos T coma fuegos detras dos primeiros,( o noso Jory desta vez, decidio non escornear cos de cabeza, e ir acompañándonos pa disfrutar da paisaxe) e o resto da cuadrilla na parte datras a un ritmo trotón falando burradas e vacilando uns cos outros. Entonces!!! carreiro estreito que desembocaba nun camiño mais ancho, cun pekeno badém entre eles sin peligro aparente…jaja home ó chan, o noso Necho levou un Tombo deses de caer barrija pa riba, jajaja(un despiste home) ó non ter consecuencias seguimos co ritmo trotón,  por uns camiños preciosos pola veira do mar, algunha trialera en subida que nos fixo sudar, e camiños de monte ratoneros “maravillosos”. Peroooo…. a tranquilidade durou pouco, empezaron os pikes en llano, plato grande e jastar rodas nos cruces e nas baixadas, adelantamientos interiores, exteriores, uns por riba dos outros, unha maravilla vamos. Nunha subidiña que nos freou un pouco, aí estaban, os nosos enviados especiais pa seguir ós andaadioses de cabeza, Jollero e Carlos T os dous cas máns cheas de aceite, si vos dijo a verdad, non sei que carallo lle rompeu, pero xa o contará carliños despois. O caso, e que estabamos os nove xuntos, e outra vez a jerrear!! Camiño medio cerrao, con moitas pedras soltas, Oscarito mais éu luchando por chegar a unha curva perseguindo a Andrés(iva escapau), entra el primeiro e eu intenteille facer un interior, pero falloume a estabilidad por culpa dunha pedra na roda de diante, e ai vai!! Tombo deses de caer barrija pa baixo, jajaja… unha rascadiña no xeonllo e a maneta do freo de diante un pouco doblada, e tiramos outra vez.LEÑA!!! Con estes rifis rafes, chegamos o avituallamento dos 25 km, onde se partía a marcha, corta ou larga, comemos un pouco de todo e dividímonos en dous grupos, os Prós para os 65 (Jory, Jollero,Carlos T,Oscarito) e os trotóns para os 45 (Pato, Andrés, Carlos D, Necho, Pachito). Uns paquí e outros palí, seguimos a aventura nós os cinco afrontando estes últimos 20 km con ansias de acabar pronto pa ir comer a casa, camiños moi rodadores, metemos plato grande e os cinco en fila de “a uno” dándolo todo, vistas preciosas outra vez por delado do mar hacia o faro de camariñas, oleaxe perfecto, colléndonos o sol nas pernas ca brisa marina, pedaleo constante, pensamentos de…(si seguimos con este ritmo, daremos acabauu) ase saber, peroooo…como dixen antes, íamos os cinco en fila dándolo todo,cando de repente óese un berro, miramos para atrás e faltaba ún, quen viña de último?…Patoo, bicicleta no chan e vemos uns brazos e unhas pernas movéndose no medio das silvas do arró, Tombo de Pato completo, barrija pa baixo e despois barrija pa rriba con esperneo incluido, Necho al recate!! un bo golpe na rodilla e unha boa rascada nun brazo, (todo por culpa da madeira que separaba o camiño peatonal do outro)

IMG_5793

no seguinte km protección civil abriron de botiquín, auga oxixenada a dolor,(picaba a diós), intentaron convencer ó accidentado de que non seguira na bici, que fora con eles no coche, e se non , polo menos que non seguira polo monte, que collera a carretera pa chegar rápido, pero o noso pato é un tipo duro, deses que xá non se dan agora, jajaja, e acabou con nós os km que faltaban sin problema, e con un ritmo xa non tan intenso desda caída (dounos a vida a algúns) recorremos os últimos metros da marcha entre risas, recordando os Tombos do día, gracias a que non tiveron consecuencias graves, e eu asta aquí podo contar,os que fixeron a larga que sigan.

ACTUALIZACIÓN DE CARLOS T CONTANDO A PARTE DA RUTA LARGA 

Boas chavales, o domingo tocou moverse hacia Camariñas, a chulísima ruta da PC Baikers do Vilán.  Quedamos as 7:30 en Berta, cargamos bicis, metemonos nos coches e arrancamos a temazos. De camiño xa nos iba comentando Jory que era unha ruta moi chula e bastante rodadora (si, os 65 km tivemolos que rodar jajaja).

Chegamos alá as 8:45 mas o menos, a risas xa ca xente dos Baikers do Vilán. Aparcamos, e ala, polos dorsales. Preparaditos e listos para sair, comentando as estrategias “Pégate á roda de aquel que anda ben” “Ves aquel? Vaite detras que ese malla”, cousas de equipo.. jajaja Saimos, Joyero e eu a cabeza ata que apareceu jory polo medio da multitú, pero caeulle o guardabarros e alá foi por el. Joyero e eu seguimos, ata que nunha subidiña a forza descomunal ddas pernas de Ángel rebentaron a cadena da súa bici! Pois nada, paramos, amañamos e xa estamos co resto dos OEA, a partir de aquí xa nada, de risas y na más! Imos subindo os repeitos en grupeta ata chegar ao avituallamento líquido. Rellenamos cacharras ( Quen as tiña ) e comentamos algunha xogada, ata que nos damos de conta de un chaval que estaba alí, que tiña unha arenilla no casco jajajaja. Despois das risas volvemos a poñernos en movemento. Que si sube, que si baixa, que si Oscarito vai apajarao, que si se fai a corta ou a larga.. e así ata  o aavituallamento grande. Aquí cambiaron os papeles… Andrés, Necho, Panchito, Carlitos e Pato a corta e o Joyero, Jory, Freire e eu a larga. Separamonos e alá imos a roda do Joyero, o tipo tirando dos tras a muerte ata chegar a outra rampaza onde PLÁS! Vólvelle a romper a cadena, neste punto xa dixo que non a volvía a amañar porque iba acabar rompendo de novo asique viñeron por el. Ao marchar Ángel xa o tomamos con outra filosofía, a de non entrar nun banquete de polos fritos! Vaaia planchas! Subir co molinillo enganchado todo o día. Nunha destas planchas de areilla decolorida tipica do noroeste galego, vemos a un parado no medio da pendiente, preguntamoslle se está ben, mirounos, dixonos que si que estaba descansando, aínda que nos sabíamos que os polos fritos chegaran a él.. pero cando eu mirei cara atras vimos unha mancha vermella e branca ala o fondo da rampaza. Pareceume un OEA pero desmentimolo porque quen podía ser? SIII ERA O JOYERO TODOPODEROSO!! Jajaja Seica lle puxeron cadena nova e tira!. Que fenómeno! A partir de aí volvemos a papar os 4 xuntos. Chegamos ao segundo avituallamento grande. Botamos un cachiño alí de risas cos da organización,e xa nos dixeron que agora tiñamos que subir Santa Mariña.. Cando che din eso, MALO!

Volvemonos a poñer en camiño, baixada chula e ala comezamos a subir Santa Mariña con Freire enseñando como arrancar en pediente, bien da 6ª vez saleulle ben, e con jory dando voltas pola cuneta jajaja. Subimos, subimos, subimos e subimos, vaia rampaza, tendida e prolongada, non se acababa macho! E alá arriba estaban os organizadores dando ánimos co de “Agora é todo llano!” Nunca esperes nada bo cando che din eso, vale  que había algunha subidiña, pero levábase perfectamente, pero menos mal que non se nos ocurreu poñer os chuvasqueiros, que entre que quedan un pouco frouxos e tal fan de vela e co temporaal que alí se levanto mimadriña! Menos mal que iba Ángel tirando a dolor e nos os tres agazapados detrás del jajaja Pero aínda indo fundidos nos quedou ese puntiño de forza para dar o espectáculo de entrar o pique como bos OEA´s jajaja

A partir de aquí xa foi relaxarse, duchiña, callos quentes, e un lote de conservas para Panchito! Jajaja

Aquí vos deixo! Para o ano haberáque volver!! Abrazoo

SIGUE PANCHITO

Nós ás doce e media da mañán collemos direccion para o pavellón, lavado de bicis, ducha, cañita e pa casa, como nón, escoitando as palabras sabias de Andrés, “non ai como ser andaadiós pa non facer cola para lavala bici e ter auga quente” jajajaja.

Recoméndovos a ruta a todos os que non poidestedes vír, merece a pena desplazarse a Camariñas, e merece a pena sempre tamén, levantarse temprano un domingo para pasalo ben, con xente tan “cojonuda”!!! Un saudo.

UN OEA POLO MUNDO (3º CAPITULO)

1 OEA entre viňedos na rioja. (3ª parte de UN OEA POLO MUNDO)

HARO-MIRANDA DE EBRO-LOGROŇO-EZCARAY  

Sona despertador as 9, desayuno fuerte, leer a prensa e a coller a mmr o bus. Sale o sol e foto no barril da rotonda IMG_5657e xa me manda necho si cargo o botellin de viňo ou qué, jajaja.

Salo para Miranda de Ebro x carretera entre bodegas IMG_5685si chavales moi valoradas pola xente,jaja xa viredes, saco foto na bodega de Muga- bo viňo e sigo. Desviome pa logroňo x a guardi jajaja salo de Euskadi e entro na comunidade da rioja, cruzome con uns ciclista uniformados ata os pes e eu en manga corta, solo con unha camiseta de manga corta x debaixo do maillot, mecajun qe frio fai. Congelabame pero era o que tiňa, bueh saludos e como eran vascos dinme APPAAA, e eu atalojo jajaja.
Sigo pa diante entre piques cos tratores cargaos de uvas, jajajaIMG_5693 e sigo pa logroňo, un alto a comer 1 uva que vai a dios e sigo pa sto domingo que chejo cheo de frio, en sto Domingo de la Calzada donde hai un galo na catedral, e conta a historia que o galo cantou despois de asado, jajaja, sigo para EZCARAY ca idea de subir a estacion de ski que ten un bo repeito e unha carretera chuliiisima, esa era a miňa idea pero o frio e o tarde que xa era decidin pegar volta xa que por estas carreteras non saben deixar a distancia xa qe volvendo pa HARO pasoume un camion a escasos 20cm de min e meteume un bo susto, bueno chejada a haro e po hotel, ducha quentíňa e a tomar os viňos jajajaja. km=95+- e un dia de marchetíňa- marchetiňa jajaja.

Bueno ahi queda amigos outro dia mais polo mundo adiante jajaja, espero que po proximo domingo estee x ai pa salir cos OEAS, ahhh o domingo pasado a muxia paseino moi pero moi ben,gracias amigos.

LIÑAREDO – TAPIA – LENS e a rodar¡¡

RODAAAAAAR Y ROOODAAAAAAAR, ROOOODAAAR Y ROOODAAAAAAAARRRRR

Así se podería titular a ruta de hoxe. Estaba claro o que buscabamos na xornada de hoxe. Tirar rápido ó Liñaredo e logo cara Tapia para descubrir algo aquela zona que temos tan abandonada.

Necho, Andrés, Carlos D., Kiko, Juan, Ito, Jory, Panchito, Pekeno, Luis Montero, Xisco, Willians, dous amigos de willians (un José creo e o outro que era cociñeiro non sei), David Gzlez, Botis e un Andadios de Villestro fomos os integrantes desta boa ruta. Bueno a dicir verdade LM apareceu ca bike de carretera que tiña que tar cedo na casa e Kiko algo igual pero veu en montaña. Outro día volvedes.

A noite era movida, varias fotogarcías amosaban a altas horas da noite que igual había varias baixas e non estaban todas do noso lado pero non tivemos maiores problemas, salvo a baixa de Oscarito que…. eso. jajja

Arrancamos dirección Liñaredo cunha “marchetilla” moi interesante e por camiños ultracoñecidos. Marchetilla que se ve interrumpida polo noso Pancho que fixo que a grupeta esperara por el en Ventosa. Todos xuntos seguimos dirección base do San Marcos por unhas subidiñas que xa nos poñían as pulsacións algo altas.
IMG_5707Era día de probas e o COI iba evaluando diferentes items. O primeiro do día era subida, “eu nunca fun por ese lado pero é mais directo” dicía Juan, naaadaaaa parribaaa, e parriba parriba ata que merdiña, roto tapao pffff e bicis ó lombo like José en sus mejores tiempos. Pero bueno pouco a pouco estábamos xa arriba moi preto do Liñaredo e da súa cima. Cada día mólame mais este monte 😉 Dende o alto poñemos a tirar ós trailers 29er e voando nos levan ata a primeira baixada importante da xornada, dirección Tapia. Pfff facía tempo que non baixaba tan rápido, a verdade e que a sorpresa do día foi o Botis que para ser carretero…..cara.. como baixaba ejejje. Seguíamos reagrupando e xa tocaba chegar a Tapia. Aquí o noso Pancho nun acto infantil total trilla a cuberta e aire pa foraaaa, a cambiar cámara e o grupo a meterlle uns nutrientes para dentro que olle, xa entraba a tales horas. 

A partir de aquí, algúns abandonaron (qué mal fixestes…) e o resto seguimos modo exploración ON con Juan e Andrés a la cabeza. A idea estaba clara e ala fomos. Moi directos e con referencias. Primeiro pola beira do tambre cara Pontemaceira (qué abandonada teñen unha paraxe como esta) e logo desde Lens a ver se había algunha pista…BINGOOOO. Camiño ancho, bo estado, rodador, sen case subidas, entre carballeiras….que nos leva ata Transmonte e alí enlazar co camiño de Santiago en Castiñeiro do Lobo. Os repechos víñanse a un xa pero a ruta estaba quedando moii chulaa. Os novatos seguían dando a talla ainda que por dentro igual se cagaban na virgen jejje. Antes do comezo da baixada de Castiñeiro do Lobo todo eran comentarios en plan, “no no hai que baixar amodo que hai peregrinos e podemos levar un golpe” “é moi peligroso ten unhas curvas que te botan para foora….” jajja Andrés arranca de coche 0 para avisar ós posibles pillgrins e ós 20″ a marabunta detrás…MIIIMAH como lle quedou a cara de susto a algun peregrino ajajjajaja eu paseille a un que case se quito o bastón xD pero bueno sen problemas ó final. Dende aquí xa dirección Caroubans por uns “Singles tracks” vai Andrés que déronlle un punto mais á ruta xa de por si interesante, para finalizar indo cara o asador donostiarra (gasolinera dos ánxeles) tomarlle os nosos preciados pinchos¡

EEEEEHHHH pensabades que me íba a olvidar da caída de Juan jajajajja non ohh. Ir pola beira do río e de repente escoitar “jory saca a cámara rápido que mira Juan onde caeu” e alí o taba, amarrao a unha pola a ras de río jajajja que tipo….

UN SAÚDO

JPérez

PEREGRINANDO A MUXÍA

Como dicía o outro, “mais vale tarde que nunca” e así é como ven esta crónica, case unha semana despois do evento, pero bueno tamén nos dou tempo de facer meeeeeemoria para contar as aventuras que un nutrido grupo de beteteiros tiveron de camiño ata Muxía pola vía da peregrinación.

muxia oea
Vista da iglesia da barca en Muxía, fin da ruta

Como todos os anos, o club ciclista os esfola arrós inicia a tempada dominguera a mediados de setembro. No verán a xente está mais para ir a praia e as festas que para pedalear. Este ano as saídas de domingocomezaron con forza e foron moitos os amigos oeas que se animaron a vir con nós e pasar un bo momento pedaleando polos montes da zona.

Pero o traca de saída sempre a da a primeira ruta a Finisterre. Xa empezamos fuerte, ainda nin dous domingos saíndo e xa 90km po lombo jeje. Pois si, así somos, que lle imos facer. Este ano apetecianos cambiar algo e planeamos ir ata Muxía, xa qe sabiamos que por ahi andaría en km, e ala fomos. Preparamos a loxistica de autobus, pabellón e comida e aire de Muxía.

Domingo 6 de octubre de 2013

A saída estaba programada para as 08:00 am. 21 ciclistas na parrilla das sardiñas e por diante moitos quilometros para as aventuras. Como sempre na saída os nervios de siempre, que si vamos xa que son e 5, que o que non está que queda en terra… jeje pero bueno arrancamos todos en comitiva pola carretera de Negreira para arriba. Vaia tropilla, un pelotón en toda regla, cos seus chalecos representantes, coas luces…todo moi organizado, como é normal. A idea era coller o camiño a altura de Transmonte enton ata o Portanxil fomos por carretera e a subida dos Barreiros serviu para entrar en calor. Xa con ese puntiño de alegría no corpo que da o frío da mañán dispoñemonos a cruzar a ponte sobre o río Tambre en PonteMaceira coas brumas sobre o ría que ven pasar un tras outro a todos os Esfola Arrós que contentos peregrinan cara Muxía.

Caras de felicidade na entrada de Negreira.
Caras de felicidade na entrada de Negreira.

Pero a alegría dura pouco na casa do pobre e jajajajja pasamos por unha zona do camiño cuns badéns que cruzaban a vía e un tras outro 3 OEA´S pinchan a cuberta ajajajja alaaaa¡¡ Aínda non eran nin as 9 e xa alí parados e vendo como se poñia toda a comitiva a reparar rodas. Aquelo parecía a de Traba nos seus mellores tempos. Pasados 20 minutiños todo solucionado

 Ruta sen demasiadas complicacións e que ata se prestaba para algún que outro pique. Sempre rodando todos xuntos e cun ritmo suavesito. (MARCHETILLA MARCHETILLA¡¡¡) Algún que outro pinchazo lle tocaba pero sempre rápido se solucionaba. Nos puntos complicados do trayecto alí estaban as cámaras para grabar as posibles caídas e é que os OEA´S sempre damos xogo para eso jejeje. Pero non foi nun punto complicado onde viñeron as caída….O primeiro en probar a terra foi o nooso compañeiro Necho que nun valiente xesto de manejar a burra cunha man topouse cunha pedra no suelo que fixo que se desestabilizara e pmmm ostiazo dos bos. Pero nahh alí estaba joyitas que moi hábilmente lle bota unha man e rápido tira de chave inglesa para arreglar unha simple desviación do manillar jejje. A todo esto íansse facendo grupos. Os andadios algo mais adiante e os que so fan a ruta a Finisterre cada ano algo mais atrás pero con bo humor que é o que se pide. O noso Presi dándolo todo para chegar o mais enteiro posible e non quedarse atrás xunto con algún outro rezagado das duas rodas jeje. Parada obrigada na cafetería de Olveiroa para tomar un cafelito e algo de comer e seguir. A partir de aquí comezaron os primeiros cambios de monturas, aquelo parecía o día de probas. Andrés a do Joyero, Necho a miña, o outro a do outro… todo sea por quentar un pouco a cabeza e se 29, se 27,5 …..E eso que no club xa temos todas as medidas posibles….O tema e pedalear e deixarse de caralladas¡

Bonitas estampas as que nos deixa o camiño sempre. Logo de esa proba de monturas chegamos ó Alto de Hospital e alí nos estaba esperando o enviado especial da Voz de Muxía jeje retratar a nosa chegada, todo un evento¡¡ Sacamos unhas cuantas fotogarcías e seguimos.

Reporteiros
Reporteiros

Xa quedaba menos para Muxía, segundo os postes uns 30 km. Íbamos ben de tempo. Dende o punto mais alto do camiño, solo quedaba comezar a baixar. E menudas baixadas, que ben o pasamos, cómo gozamos. Curvas cerradiñas, bo firme…e 20 OEAS monte abaixo eso solo pode dar nunha cousa. CAÍIIIIIIDAAAA¡¡ Desta vez tocoulle a LM, mais coñecido como o SALTABALOS jejje Este Luis cada vez lía unha diferente. Pero bueno a súa specialized 29er lo chupa todo e el sale despedido por enrriba da bike e aquí non pasou nada jeje A go pro está viva e continuamos. Seguen as baixadas e a xente emocionada. Todos se estaban a lanzar algo demáis. Adiantamentos por dentro, por fora, nunha roda…e nunpunto que ninguén se imaxinaba aparece Manuel como unha bola dos bolos e pmmmmm alá se leva por diante a Pato. Menudo ostiazo que se meteu o tipo… ainda que por suerte non houbo moitos danos, puido ser peor¡

A xornada sempre con bo humor e grandes dosis de aventura sobre todo cando chegábamos a puntos onde non sabiamos por onde continuar e empezábamos a improvisar jeje. Despois dunha boa quentada baixando sempre viña unha boa quentada subindo e eso xa se empezaba a notar nas pernas pero bueno xa nos quedaba pouco para entrar en Muxía e é que o camiño merece moito a pena. Entrás por un paseo moi chulo de madeira e co día que facía disfrutámolo moito.

ANDRÉS coa súa Pronjom de 27,5 que iba encantado, PATO, que é arrollado polo tren locomotor de MANUEL VIEITES. Outro que vai coma un tren que é CARLOS T. coa sua focusin de 29er, pekeno estrenando nova montura que non fallou nada, CARLOS D. sentíndose moi fuerte en todo momento xunto con KIKO que tivo momentos moi épicos durante toda a xornada. JUAN que volveu ás andadas ca specialized de 26, VICENTE ROMERO que pouca a pouco vai vendo de que pasta estamos feitos os OEAS, xunto con WILIAMS o noso compañeiro que se está unindo. Ademais de PEPE TABOADA sempre cun sorriso e un movil na man disposto a retratarte nas situacións mais cómicas. As autoridades do club, a PRESIDENCIA, aguantando coma un valente e volvendo ós camiños coa sua maneira clásica de pedalear. ALFONSO que tamén volve por fin a sair nesta ruta de comezo de temporada e coa bicicleta, non co bus. O que parece un autobús e o noso ANGEL alias JOYERO que mira que fai Kms parriba e pabaixo jejje sempre botando unha man a quen faga falta. Os chavales YAGO e JOSÉ dando a talla e desfrutando como bos OEAS que xa son. XULIO que coa súa marchetilla marchetilla nosameniza a ruta ademais de PANCHITO e NECHO que coa súa voz nos fan sentir que sempre están ahi ejejje e por ultimo LUIS MONTERO o cámara da ruta xunto co que escribe JORY, que sempre deixan imaxes para o recordo. Penso que non me olvido de ninguén…e se me olvido pois…. Bueno si. De ITO, OSCARITO, ABOGADO, ADRIÁN, SUSO BEIS, SERGIO que non puideron asistir a este gran comezo de ano pero que de seguro estarán para a próxima 😉

Xuntos chegamos a MUXÍA cun gran humor e un gran sprint final para chegar pronto ó pavillón deixar as mochilas no bus, ducharnos e a comer¡ Vaia comida. Percebes, navallas, calamares (pa uns mais que para outros jejejje) e raxo a fartar todo regado de cerveza (pa algúns mais que para outros jejje) e bo rollo xunto coas familias de algúns OEA´S que tamen comeron con nós e quixeron compartir con nós ese bo momento que vivimos.

UN ABRAZO FAMILIA

JPérez 

UN OEA POLO MUNDO (2º CAPITULO)

ZARAGOZA-PUEBLA DE ARBPRTON-ZARAGOZA.


15:00.h e en Zaragoza, tarde libre e a uns dias da festa do pilar. Hai policias x todas partes polo da boMba esa caseira q puxeron na basilica, bueno acabo a jornada x oxe asique agarro a mmr e a rodar.
Pregunto no hotel a donde podo rodar ca bici,si a calatayu (monasterio de piedra) ou a (huesca) non sei +- son 180 km,pero como x aqui pa coller as nacionales ai qe rrecorrer x as autovias varios km,decido escoller este pueblo perdido no medio do desierto de monegros si chavalada, monegros donde se fai uns concertos de rock de unha semana as 24 h. Bueno arranco entre carrilbici e semaforos e engancho 1 trozo de 6km de autovia para coller a nacional a castellon para desviarme a este pueblo, buff non vos podedes imajinar qe peligro esto non ai qen ande x aqui vai merd…bueno saio da autovia (que se pode circular co 2 rodas) e empezo a llanear ostras que pasada llano boa carretera e nin 1 pt coche,que guai.
Foto daqi ,foto da la, jajaja e wasap co pekeno (que non sei si estudia ou qe fai) jajaja pero sempre ta aí, e con jory e con necho machiňos asi non se pode conducir jijiji bueno a verda e qe asi me entreteňo mellor gracias x aguantarme, sigo dando pedal bue vou ben pero de repente 1 seňal, estreito curvas e a 50 (como si eu fora a mais jajaj) empezo a subir, na 1 subida peqena pero a carretera si se lle pode chamar asi moi mal con moito bache empezo a baixar, aire de catalina grande e piňon pueqeno, mima esto non ai qe o aguante, xa se empezan a sentir ruidos x ai (joder pero si a mmr vai adios) bueno xa vexo o pueblo aLa baixo con sentidiňo xa que as muňecas xa empezan a dar molestias, vexo as montaňas do deserto o fondo(foto)

IMG_5497.chejada o pueblo, joder non hai nin dios e por encima hai unhas nubes que van a descargar todo o que teňen.
Marcho cagangoleches xa qe a auga ben detras de min,f alando de agua o pueblo este tiňa 1 fonte seca pero seca, ala sin agua de volta, aunque creo que me iba caer unha pouca pero de arriba, tiro pa zaragoza de volta nin dios x a carretera, quito foto dun santo nuha columna no medio do monte(foto) IMG_5476que non sei quen é, asique os qe teňan mais cultura si saben quen é, eu ni dea jajaja, sigo xa qe a auga ben detras, chegada a zaragoza aire de autovia buff e a sacar foto no pilar,esta vez escollin a duas de 40,jaajaja para quitar a foto no pilar. IMG_5506
Asi caeron 90km e outra aventura mais, hoxe tou en Barcelona acabo tarde e fun correr 6km pa estirar as pernas maňan gran tirada pa casa chegarei as 02 da maňan pero con moita moita ganas para poder ir o domingo cos OEAS a Muxia, Vemonos o domingo rapaces. UN SALUDO.

UN OEA POLO MUNDO

Bueno familia  ai vai a  cronica dun OEA in solitario por Espaňa.

Pamplona-Roncesvalles-Pamplona,viva o S.Fermín

dia30,descanso de traballo en Pamplona,toca despertador as 8:30 e arriba 1 Bo desayuno con 2 ciclistas qe iban facendo o camiňo, polas alforjas que levaban, fijome que miraban moito po mailló e viase nos labios q qerian decir os esfola arrós e qe carrallo sera eso, jjajaja hai qe roelo mola a dios amigos. Despois da charla ca de recepcion,si chove,si non chove, ala saljo eu casi as 11:00 da maňan, trafico a dios si x aqui, si x ali, engancho a carretera a roncesvalles e empezo a rodar, ostia os acoples estes van de ptm. Xa tou quente pero prefiero gardar un pouco qe me qeda 1 puertaco de carajo paso o pueblo de burlada-villava donde e un famoso corredor MIGUEL INDURAIN, haber si mo encontro x ai jajaja, dandolle un ritmo suavecito como diria panchi, empeza a soar o tlf ata tres veces e nesto pasame 1 SIDI, si soa a rock pero nó chamolle asi xq levaba toda roupa da marca, colgei o tlfno pejeime a roda (ANDRES) e paseille, e o tipico saludo holaaaa, jaaa proximo cruce eu dereita el izq. Empezo a subir piňons e cando non qUedan mais empeza a patinar a cadea, dios, para, regula aqui ali, claro, piňons novos e cadea usada e normal, bueno despois de tensar un pouco o cable e regular sigo subindo. Ahora vai ben e 1 parada alto de erroimageengancho o do chiringito si me quita a foto e dime si e gratis,jajajaja eló meo, despois de falar un pouco cun peregrino e có do chiringito qe si baixadas qe si subidas sigo pa roncesvalles qe me qedan 2 puerticos qe subir.
Chegada a roncevalles fai un dia bo ata saleu o sol, sudando x todos os lados era o unico ciclista, ata o alto de erro ainda vin algun pero pa diante nada,foto (CON PROPAGANDA) imagejajaja e tiro po ultimo puerto o de IBAŇETA, cunha fame qe nin dios e por encima un olor a comida.
Chegada a Ibaňeta eu e 1 pelegrino e ai acordeime de Jory e o seu Ingles,jajajaj please foto óh jajaja,e cajando leches pa baixo a comer que xa empezaba a refrescar,vou pa comer e como me conocen ali (e qe solo ai un alberge e un hotel) xa empezan e ti qe fas,tas tolo,O QE NON TE MATA FAITE MAIS FORTE,ala pon de comer esparragos e pa liala traeme solomillo.
Despois desto regreso a pamplona,solo qedan dous puertucos qe subir o resto e baixar,130km,non e moito pero ai queda, e o sentimento x facer o camiňo e unica,como dixeron os compaňeiros jory e carlos.
Espero que vos guste a cronica e si metin a pata en algo perdoade.

UN SALUDO.

image