TITAN DE LA MANCHA 2014

Bueno familia vou contar o desafio da Titan,
Despois de mais de 2 meses de entrenamiento sobre todo de noite xa qe o traballo non permite mais chega o dia 19 para arrancar,3 Mosqueteros OEAS dispostos a este reto(O JOYERO,CARLOS e o qe escribe PEPIŇO)si seňores 220km qe nos esperan buff.
Despois de duras negociacions co joyas qe si ai qe coller fondo a ferramenta qe ai qe levar a comida bue xa sabedes chega o dia de arrancar esa semana todos tubemos moito traballo asiqe deixamos as burras atadas o coche e ben atadas xa qe temos qe recorrer casi 800km a ALCAZAR DE SAN JUAN(ciudad real).
Viernes19/-7:00 pm salida e con nervios pasamos Madrid as 13:00 e todo tempo falando si temos qe ir xuntos si ai qe sair primeiros si os pueblos qe iamos pasando eran unha merda(segun Joyas)jaja mira qe nos reimos,paramos a comer a unha hora de Alcazar e as 16:30 chega mos a Alcazar xa inspecionando o terreno desde qe deixamos a autovia qe si a ruta vai por ali ect…
Chegamos a tienda de bicis +pulsaciones(vai tiende chavales buff)collemos os dorsales e po hotel cambiarse e sair a estirar joder Joyas estirar non votar o figado fora jaajaaja 20km e a cear qe maňan ai qe madrugar,a falamolo os tres(Nunca bimos tantas mujeres nun pueblo tan peqeno).
05:15 da maňan toca despertador(nervios) votar crem e baselina(non pensar maaaal)xa qeson moitas horas encima da bici saimos pa.plaza e vai ambientazo eramos 200 os focos das bicis iluminaban a plaza risas e preparados Joyas qentando motor e eu e Carlos iden primer problema qe mais tarde ia complicarse Carlos tiňa unha contratura no cuello.
6:15 saida asta salida do pueblo alí agrupamonos a voz de Joyas qe.decia ir mais pa diante mais pa diante e salida joder iamos en cabeza e os primeiros 15km de noite un polvo qe non se veia nada e a media era de 35 joderrrrr,ven a primeira subidiňa os muiňos e alaaa o cambio meu vai mal,satame os dous ultimos piňons e as subidas non eran moi prolongadas pero picaban de carallo chegamos o primeiro avitullamiento km42 agua e arrancamos iamos ben e agora era rodar y rodar e eso foi o qe fixemos.
Segundo avitullamiento collemos forzas e a seguir seguimos subindo e nunha peqena vaixada como non era de espera curva cerrada iamos o piqe e ala polo arro arriba este menda como non era de esperar e o Joyero e Carlos matanse a risa jaja pero ná a segir,pedra moi sulelta os km van caendo andamos polo 80 e de repende pico de subida joder qe pico e por encima pedra suelta(ollo pedra suelta pero pedrolos e afiados como cuchillas) coronamos a cima,Joyero e Carlos es perando por min como non jajaja e recreando as vista qe o lonxe vense os montes toledanos(pa lá vamos)empeza a vaxada,joder qe pedrolos e qe afiados,Joyas vaixa endemoniado Carlos atras e eu con distancia,ta moi pero moi jodido esto pero imos plo aire chejando a baixo curva cerrada e vexo Carlos e o Joyas parado o Joyas ca cuberta rajada (joderrrr)problema grave ala a maňamos qe un parches doblr un neumatico bue tiramos segimos baixando pero o amaňo non valeo e dí o joyas e si metemos a cinta da luz qe e ancha(joder amaňao si algun dia vos pasa poňedelle algo duro jajaja) ala e a segir.
Bue despois desto empezou a marchetilla Joyero tirando diante,levabamos moito retraso pero xa tabamos comvencidos qe o qe qeriamos era acabar,subimos LA CALDERINA e os qe pasabamos falaban do reventon joder qe serapolo nome mete medo,pasmos a uns qe levaban o perfil no manillar joderr vaia subidaca nos qeda,km100+- bue chejamos a ela todos din qe e dura asta o Joyas e Carlos,para qe vos deades unha idea as curvas estan de cemento o resto era pedra suelta e ai qe vaixar polo mesmo sitio,eu subin o xeito jajaj.
O chejar a cima divisabanse os montes toledanos e despeňaperros os qe andamos na carretera conocen ben esto jaaja vaixamos como tiros o chejar a vaixo sorpresa eo teňo a roda da tras sin aire joder outra despois de tres intentos de dar aire ai qe cambiar o tuvelex,joder a min e o Joyas non nos dou resultado bue camara e aire qe xa perdemos mais de hora e media.
Subidaca os muiňos dun 23% joder tanto parar amin reventoume (subida  Molinos Fuente del fresno) vaixada tecnica e avituallamiento con pasta e todo a organizacion un 10 moi pero moi ben e atentos en todo pero xa non entraba nada no corpo qeriamos chegar asiqe cuberta pa roda do Joyas(eso si usada jajaja) e tira.
Km130 este menda bense a vaixo moralmente a cabeza da moitas voltas empezo vaixar ritmo o eqipo espera por min e eu cadavez vaixo mais o ritmo metolle geles joder ná derrepente vexo a Joyero e a Carlos debaixo dun pino a sonbraaa ui non me gusta nada esa parada algo pasa,Carlos di qe non pode seguir qe a contratura pasoulle pa espalda e con tanta pedra suelta non aguanta.
Nesemomento eu binme avaixo detodo non o ia deixar solo no medio do monte,Joyas dixo somos un eqipo e si para un paramos todos,nin de coňa lle dixen arranca ti só despois de vir tan lonxe,joder polomenos acaba ti,despois de insistir tanto colleu un grupeta e foi eu e Carlos qedamos Carlos con cara de dolor estubo sentado unha media hora a sombra despois avisaronos qe o proximo avitullamiento taba a dous km el a andar e eu en platillo,encuntramos a outro qe tiňa tirons e decidimos de qe Carlos qedara con él,a Carlos viase moi dolorido per mais lle doia non poder acabar xa qe me insistia qe segira tabamos no km 145 e qe esto xa taba feito segin asta o avitullamiento e mandeille a ambulancia xa estaba mais tranqilo tocaba dar leňa jajaja pero despois desto e de deixar un compaňeiro atras joder emezou a calor o sol era fuerte e ia eu solo toca subir mimaaaa.
Km160toca llanear chavales e eso vai a dios o dia anterior falavamos qe apartir deste km ai qe dalo todo asi foi marchetilla aunqe as peeernassss bufff os geles van a dios collo un grupo vou uns 10km con eles chamo a Joyero pa decirlle qe sigo xa qe el non sabe nada non colle o tlf,normal ira na llama,sigo qedemo uns 100 metros atras joder solo qedan 40 km e a subida o molino mima ian falanda desa subida desde qe deixei a Carlos ná caňa o mono recuperei un pouco estaba collendome outro grupo qe levaban uns chaleqos reflectantes e oialles qe me tiňan qe pasar a min e os do grupo de tres qe ian diante miňa,joder empecei a darlle non se donde saqei forzas pero cllin o grupo aviseinos e deixeinos a tras volvia facer media de 30 subin os muiňos xa esta esto ta feito me decian os da organiciacion un chaval do club +pulsacions acompaňoume asta Alcazar e me decia qe pa levar estes km qe vai marchiňa qe levava.
Entrada na meta,joder vai sensacion non se pode describir(Jory agora entendo cando ti entras de primeiro)a meta taba a raventar de xente e animandote todo dios nese momento non che importa os km qe fixeches vaia sensacion vale a pena todo o qe nos pasou e as averias qe tuvemos por solo disfrutar destes segundos.
Esto foi todo familia espero transmitir a TiTan como a vivín eu mais os nosos compaňeiros
Gracias a todas polo voso apoyo e animar a CARLOS qe po ano qe ben a acabalan.
Domingo23 regreso a realidad e toca traballar mentras os compaňeiros regresan eu arranco camiňo Panplona,miercoles toca descanso e salín a soltar a pata e acabo facendo 197 en carretra(jodeeer)
Un abrazo Familiaaaaa.

RUTA BTT RIO TAMBRE DE BRIÓN (14-9-14)

Logo de moito sen publicar ningunha entrada volvemos escribir unhas líneas para intentar retomar as nosas crónicas. Desta vez falaremos un pouco como foi a Ruta do Esquío no Piñeiro de Brión. Unha asociación que por terceiro ano organizarón unha ruta en bicicleta de montaña.

Logo de non asistir o ano pasado por dificultades no calendario este ano todo se puxo de cara e o 90% dos socios anotáronse á ruta para sorpresa de moitos. Desta vez non se nos botou de menos ainda que os que botamos de menos fomos nós a certos bikers os que lle gustaría vernos, pero xa se sabe que o calendario está cheo de probas e a todas non se pode ir 😉

En canto á ruta decir que o tempo fixo que se volvera bastante pesada pero aínda así moi moi chula e traballada. Ben marcada e se ibas atento non te perdías e eso que en 65 km había bastantes cruces, cubertos por personal os máis perigosos.A maioría dos OEA´S decidiron rodar pola ruta dos 45 km e uns poucos pola ruta longa que pouca xente fixo, só un 10% dos 300 inscritos (mais ou menos).

Ruta que poucos erros tivo e os que houbo perdónanse 😉

Esperamos que sigades moitos anos máis facendo esta ruta no concello veciño de Brión, dende Ames intentaremos acudir sempre que o calendario o permita.

10659423_938985119451721_404227966268120503_n
PODIUM CON JORY (OEA)COMO GAÑADOR DA PROBA

 

 

 

 

 

 

CRÓNICA DA RUTA DA CAMELIA VEDRA

Unha vez máis, e como non en domingo, tres dos integrantes dos OEAs, atrevímonos a percorrer este pasado domingo a ruta que nos tiñan preparado na Marcha Da Camelia de 2014.

Puntualmente as 8:15 da mañán saimos Jose e o que escrebe cara Vedra, alí reuniríamonos con Suso Beis. Unha mañán a verdade que moi boa no que respecta ao tempo. Non choveu e non facía vento.

Despois das primeiras risadas do dia co número de Jose “13”, que si nos avións non levan este número, que si da llullu, … O carallo e que “habelas hailas”… Xa veredes porque o digo.

A saida prevista para as 9:30, demorouse para as 9:45 despois dos consellos e normas publicadas pola organización.

Xa na saida, corte de cinta protocolario, e lumeee… Tanto foi así que Suso ía 5º nos primeiros intres de carreira, eu nas suas costas e Jose nas miñas.

Carreira bastante rodadora, con percorrido rompepernas e moito asfalto. Papamos asfalto que si o chego a saber poño neumáticos de estrada. Despois de 5km empezou a primeira zona técnica e ahí xa foi cando perdín a Suso de vista, Jose seguía conmigo e mantiñamos o posto.

Pronto, despois dunha sinxela e curta baixada bordeamos o rio, e menuda lamada papamos. Tanta que foi inevitable por pe a terra. O final deste carreiro 1º dos avituallamentos (platanada, Aquarius, Agua, e demáis). Neste intre foi cando me din conta que Jose non estaba preto, raro, raro, … Nada, foi ver un dos do Monte Bravo arrancar e a fuego detrás del, pero as perniñas nin pa diante nin pa tras.

Nesta segunda parte da Marcha máis repeitos e pistas anchas nas que rodar a fuego. Fun alcanzado por nada menos que Ezequiel, daquela debía ir 15º, e claro está non o vin máis de 30 segundos. Pasamos varias pontes a primeira delas sobre o rio Ulla e outra a do tren de cercanías. Neste intre ía a carón de Silvia que despois de 3km de seguirlle a marchetilla, como non na baixada cara a seguinte ponte perdinna de vista .Moita caña lle din as perniñas na subida. Hai que dosificar …

Seguindo a marcha imposta por Silvia un paisano petou un ostión en asfalto e en baixada, que fixo historia na carreira. Derrapou de atrás e tijeretazo al canto. Ufff…

Hai que dicir que o compañerismo reinou neste intre e os 7 que íamos preto del paramos e vimos como se volvía a reincorporar. “Hoxe andará con analgésicos” Seguro!!!

Despois disto chegamos ao último avituallamento, eu non parei, xa que estaba desexando chegar, e empezou a poñerse o terreo algo fastidiado con herba alta, barro e auga acumulada.

Os dous últimos quilómetros parecéronme interminables. Tanto que cando me pasou un maior dos Ultreia, uff … Como me ardía o corpo.

Chegados á meta 2 horas e 27 minutos para 41km. Suso xa estaría duchado (6º na marcha) e Jose, e Jose, onde carallo está o coche de Jose… Resulta que o final o número 13 do dorsal tivo a culpa de que partira a tija do asiento guapísimamente.

Rematada a sesión ducha bici, ducha aseo lavatorio persoal. A palicar un pouco coa xente, e para a casiña. Cabe dicir que a organización portouse e regalaronnos un planta de camelia a cadanseu. Un pasote.

Ata a próxima, que nos vexamos todos.

DavidGC

MARZO MARZAL OS OEA´S EN RIANXO

Outro domingo, outra ruta de Btt, a segunda que organizaba a Peña Cicloturista Castro Barbudo de Rianxo. Xuntamonos a hora acordada (algún un pouco máis tarde) e poñemos no GPs pa ir a Rianxo…..eemmmmm…. Tabamos algo sopas, inda era cedo, pero pronto despertamos cando chegando a picaraña Panchito nos enseñou como se adiantaba, BUAAAAA!!!  Pensei q non entrabamos na curva jajaja.

Ó tema, falaban que a de 60km era moi dura, que si 40 chegaba, que si facía frio, que si o aire, eu non mirara o perfil de ningunha, pero que somos?? 60km ou? Eso sin contar a kilometrada do dia anterior . Unha vez arrancamos detrás dos que se sabía que estarían diante, as pernas non estaban ó que tiñan que estar, pero o Jory non sei a quen viu e empezou a tirar desde as primeiras rampas de asfalto, eu a roda de Joyero que me levou un anaco, e o resto andaba por alí cada un ó seu. Tiña pensado tomarme a ruta con calma, pero sempre pasa o mesmo, e entra o jusanillo de tirar pa diante, Jory sabía ben o que facía e mantiña o ritmo, eu tiña jas, pero non era plan ir solo toda a marcha ;b, asique aguantei con el, boas pernas, bo ritmo e chegamos o avituallamiento (a miña morte). Pois si, inda que parezca o contrario fallo meu que papei de máis, non estou acostumbrado a parar. Pouco despois na subida larga a muralla km 30+- noto que non vou ben, e escapanseme os 3 do grupo que íbamos, Jory parou a mirar por min, e xa lle dixen que tirara que estaba petando pero bien. A partir dese punto solo quedaban outros 30 km de sufrimento, calquera rampiña faciase infernal, calambres por todos lados e a ventolera que facía no alto non era do mellor que me podía pasar, e por riba empeza a engancharme o núcleo… Inda así mantiven o posto, e na baixada ata lle pasei a outro que debía estar coma min nas últimas, pero rematando a proba. Inda que pouco lle faltou para coller a baixada de asfalto e abandonar, pero un que é cabezón…

Xa na meta esperaban casi todos por min, máis que nada porque levara eu a chave da furgoneta e todos a papar frio, empanada, tortilla y demás historias que fixeron que a pajarraca se fora por onde veu. Detalle de Jory q me limpou a bici ;b pero que xa me avisou que non me acostumbrara jajajaja

E para acabar este duro fin de semana, resulta que fomos o club máis numeroso, con 12 corredores inscritos:  , Andrés, Carlos D., Suso, Panchito, Necho, David, Jose D., Wiliams, Joyero, Pato, Jory e o que escribe Nando.

 Ala unha aperta a todos!!!!! E po finde outra

P.D. Por si Andrés non fai crónica dos 40km dixo que foi igual, pero máis corta.

NAVIDADES OEA 2013

bueno bueno bueno….un novo ano esta chegando e o vello está rematando. Ano tras ano, e xa van uns cuantos, a familia OEA xuntase para celebrar o nadal. Xa se sabe que os dous ultimos fins de semana do ano son para subir ó Rubial (celebrar o nadal) e altamira San Marcos (celebrar o ano novo).

Fai xa unha semana que moitos de nós, cargábamos as camelbags de todo tipo de víveres, sobre todo viño, champan, chourizos, queixos….e facer unha pequena ruta, xuntarnos arriba no Rubial e a papar¡¡ Iba un frío……que te deixaba congelado (para eso tiñamos o anticongelante jeje).

No alto do Rubial dedicámonos a comer, beber, botar unhas risas, comentar anécdotas…os novatos nestas reunións flipaban e é que semejante festa nunca se viu encima da bike.

Logo de encher e encher tocaba baixar do monte e algún baixou mellor que nunca¡ as trialeras parecían autopistas ca velocidade que levaban algúns jajaja. Pero bueno todo sen consecuencias case. Logo a baixada de Rañalonga, que sempre da moito xogo e sirve para poñer a cada un no seu sitio tamén. ó acabar o día tocaba o 3º tempo na de Manolito e vaia trofeo nos tiña preparado alí o tipo. IMG_6475

Dende as 9:30 da mañá ata as 5 da tarde dou tempo para pasalo ben e aproveitar o día….jejeje.

Logo chegou este domingo. Día sen choiva pero moito frío e que mellor para quitalo que un bo chiculate?? Moitos OEA.S (20) e algún compañeiro máis que nos acompañou. Fixemos parte da ruta OEA V probando cousiñas. As vistas desde o Alto do San Marcos con toda a néboa abaixo….Impresionante 🙂 O ambiente caralludo e as baixadas mellores aínda. Pero o bo aínda estaba por chegar e era a pota de chocolate que preparamos xunto co a rosca que sentou de maravilla. Preguntádelle ós canciños de Juan. jejeje

IMG_6576

E bueno de esta forma damos por rematado este 2013. Ano de moitas alegrías, o equipo foi medrando, cada día que pasa os OEAS imos tendo representación en moitos eventos e con xente que merece moito a pena. Eso e o máis importante. SEGUIR ASÍ DE UNIDOS.

O 2014 ven cargado de novidades e pensadas para que sigamos desfrutando da bicicleta.

PD: ahora a entrenar ehhh acabáronse as cheas jejeje

FELIZ ANO A TODOS¡

UN SAÚDO DOS INTEGRANTES DOS ESFOLA ARRÓS¡¡

COMUNICADO OFICIAL CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS (6-12-13)

COMUNICADO OFICIAL CLUB CICLISTA OS ESFOLA ARRÓS (6-12-13)

A la vista de los hechos que se han venido sucediendo estos últimos años en el Ayuntamiento de Brión, y dada la insistencia del Ayuntamiento de Ames por impulsar las actividades deportivas dentro de su organigrama contando con nuestro club ciclista para llevarlas a cabo, hemos tomado la decisión de cambiar nuestro domicilio social a dicho concello.

Gran parte de los socios del club estan censados en Ames al igual que nuestras salidas dominicales, que siempre se realizan desde Bertamiráns.

Sabemos que el Ayuntamiento de Brión queda en buenas manos en lo que a organización de eventos se refiere gracias al buen hacer de diferentes Asociaciones , tanto culturales, como deportivas.

Aprovechamos la ocasión para agradecer publicamente todo el apoyo mostrado de más a menos durante 4 años en los cuales nuestro evento insignia (MARCHA CICLOTURISTA BTT OS ESFOLA ARRÓS) ha ido creciendo, de menos a más.

Por ultimo dar las gracias al Ayuntamiento de Ames por abrirnos las puertas y darnos la posibilidad de desarrollar nuestra actividad, el ciclismo, sin ningún tipo de impedimento.

PD: os esperamos en BERTAMIRÁNS (Ames) para la V MARCHA BTT OS ESFOLA ARRÓS el 13 de abril de 2014

Fdo: la directiva.
Bertamiráns, a 6 de diciembre de 2013

II DUATHLON TRAIL RIVEIRA

Titulo de la pelicula: “Corre, corre, que te papo”

Dia 1- 12 2013, 8:00 AM, sona o despertador, hai que levantarse, que toca duatlon en ribeira, e hai que chegar con tempo. Na minha cabeza solo unha idea, acabar sin sufrir moito. Bueno, no, mentira cochina, a minha idea era papalos a todos, sin compasion.
As 9:45 xa estabamos toda a comitiva OEA ( Andres, Manuel V., Oscarito, Sergio, Ito e Suso de Beis,que soy yo), retirando os dorsais e botellin de agasallo, algo de cola, pero sin problemas, deixamos os zapatillas de correr no box, e para a saida cas nosas monturas, xa que primeiro habia que facer 15 kms de bici, e despois 5 kms de carreira a pe.
OEAs
OEAs
As 10:30 saida neutralizada durante 2 kms por asfalto, (intentando ganar posicions, xa que non saliramos moi adiante) e apartir de ahi, entramos no monte, intentando coller cada un o seu ritmo, nuns primeiros kms rompepernas, e con moito trafico de xente, con Oscarito diante, eu chupandolla en todo momento,(ainda que non e o meu estilo, pero como di o refran; ” a perro flaco, dios le ayuda”) e o resto de oeas a pouca distancia.
Pasan os kms, e as cousas siguen igual, ata que no km 10, nunha zona rodadora de falso llano, lanzo un ataque, que dejo a Freire abaneando, e chego a transicion con uns segundos de ventaxa. Hora de correr, ponho zapas e salgo coma unha insolacion, a un ritmo de…,bueno eso mellor non o digo. Antes de que pasara 1 km, xa tina a Oscarito soplandome detras da orellas, e o pouco tempo querendo deixarme tirado coma un condon usado, pero dei aguantado o tiron, e seguimos xuntos, ata que nunha zona de baixada de forte pendiente, (50% polo menos) lanza outro ataque demoledor, o cal non puiden responder. Logo de unha potente rampa, llaneamos un pouco, e consigo darlle alcance, chegando xuntos o ultimo km, donde de seguir asi, eu incluso me via con forzas para intentar demarrar,peeeroo, cando faltaban uns 800 m, chega outra baixada doente na que me mete uns  50 metros, forzo un pouco mais a var se recorto un pouco, e a falta 200 metros xa o tinha a tiro de pedra.Chegamos a recta de meta, 4 metros nos separan, vamos!!, el mira para atras e acelera e,( agora ven o detalle gracioso da xornada) non sei se foi pola presion a que o sometin, xusto o cruzar a linea de meta, o amigo oscarito levou por diante unha das vallas de ferro que habia polos lados, a pouco mais se mata, vaia almendrao!!.
Tres minutos despois de nos, entrou Manuel, logo Andres, que se lle desmontou a cadena, e perdeu uns segundos, despois entrou ito, e o final sergio, que tamen lle pasou algo pero non sei o que.
O final oscarito entrou de 35, eu de 36, e os outros non sei, pero todos entre os 75 primeiros, que entre 200 e pico que eramos, pois non esta nada mal.Para rematar,sorteo de regalos, a oscarito tocoulle unha mochila, e a sergi tamen algo, pero como non estaba, a nos non nos deixaron levarllo
Bueno, e nada mais quedoume pena de non tomar as cervezukis, pero habia que marchar comer ca outra familia

Unha aperta

CX TROFEO DE SANTIAGO (Granxa do Xesto)

Sete da mañan, coma estes últimos domingos (e os vindeiros) toca madrugar, inda que desta volta era distinto para min xa que sería a miña primeira carreira como OEA e nada menos que nun dos meus circuitos preferidos o da Granxa do Xesto.

Arrancamos cos colegas do CC Padronés  e nun viravira chegamos ó circuito, entrame unha bobera nas pernas, non sabía o que tiña que coller no bolso, facía cousas sin sentido… eu penso que sería a presión que me meteron o dia antes, que si  hai que apretar, imos ir todo o club, que tal e cual… mimaaaaaaa!!!!!  Ou sería o frio?? Estaba coma un flan ;b

Despois de un par de voltas para mirar que todo estaba no seu sitio e ver as primeiras carreiras xa non me paraba o corpo e poñome no rodillo, cando de repente vexo ó lonxe unha grupeta duns 15-20 bikers, Buaaa, ahí os veñen, que pasada!!!!  Acercome a saludalos un minuto e xa a formar a parrilla, non sei por qué pero xa non estaba nervioso.

Pitido de saída, por diante 60 minutos de moita explosividad, o caso era non reventar un, e nada máis pasar a curva de meta vexo unha morea de xente de rojo e blanco a ambos lados da subída berrando e incluso con trompetas, parecía aquello a grada ducati, Subidón ,Subidón!!! Ahí xa adiantei algún posto, e colocados estratexicamente para apretarme en cada subida e quentarme nas baixadas, tanto se notaron os berros que aguantei  con Darío (costa vella) algunhas voltas, estando físicamente moi superior  a min, ata que a falta de 2 voltas cambiou o ritmo e eu decidín mantelo, porque se non igual petaba, decisión acertada. Finalmente acabei no posto 10º, contento polo meu debut con Os Esfola Arrós creo que me saleu unha boa carreira inda que me faltou ese puntiño pa rematala.

A próxima semana estaremos o sábado por Dumbría e o domingo en Navia, un finde durecho.

Por sorte puiden sentir eses berros que entre tantos corredores dician o meu nome, e asi volta tras volta e en máis dun punto do circuito, unha cousa é contalo e outra moi distinta é vivilos. Espero que o pasarades tan ben coma min, e inda que sei que vai ser difícil repetilo, creo que máis de un merecedes tanto ou máis eses berros de apoio. Gracias a todos e en especial a un liante que me alegro non sabe el canto de estar entre OEAs. Gracias Jory!!!!!

by Nando

I DUATLON POPULAR RIVEIRA

Qué tal corzos, cómo vai eso? Supoño que se me fai raro voltar a escribir unha crónica, xa sabedes o liados que tamos últimamente outro OEA mais eu (oscurito) en outros menesteres. Pero aquí tamos e vouvos contar como foi a aventura de 3 OEAS e cuarto en susodicho evento este pasado dominco.

intro

Non madrugamos moito. Ito que me recolle e alá nos atopamos co segundo comando do equipo: Suso Beige + Pelucas. Que si aparcar no quinto carallo, que si espera que aquí non é, que si donde se recollen os dorsáis… bueno, non había presa, a proba era para as 10:30 e tiña pinta de que a categoría absoluta ía ir con retraso. Nesto que xa vemos un pouco o contraste; dende globeros con bici de paseo, ata élites con pepinacos. E no medio tabamos nos, globeros a secas xD.

120 participantes para cubrir 2,3 km a pé polo paseo, 17km de bici a un circuito de en 7 voltas e outros 2,3 km a pe again. Ou en cristiano: ir co corazón na boca todo o tempo. Pero ninguén estaba alí disposto a vender o primeiro posto barato, e é que o premio ó que máis rápido completase o percorrido sería… grabar o seu nome no monumento do paseo que ese día estreábamos. Mola.

Quencemos correndo uns km’s nos que Ito xa se puxo na zona roja do contarevolucións, todo eran risas… os 4 que íbamos parecíamos os Dalton jajaja. Nesto que tras ver á chavalada pequena imos para facer cola e acceder a boxes cando noto que… pinchazo! merda merda e máis merda. Toca segmento de carreira a pé ata o coche para cambiar a roda… qué velocidad. Casi me acerco ó recor de Oliveira cambiando rodas. O precio a pagar? saberíamolo logo… pero eu fun deixar a bici convencido.

Os xuices non me descalificaron por chegar tarde ó control de bici… debía ser porque é unha espesialais jajaja. Alá a deixo. Volto cos outros quentar… “que si eu voume liar na transición”, “ese corre a dios”, “eu vou abrir coma un cacheliño”… cada un co seu… e xa estábamos para o berro de saída. Si, dixen berro; nin silbato nin pistoletazo nin nada. Son os encantos das probas populares. Respírase ambientazo… e alá imos!

1395776_1415909635309233_910275128_n

A sprint sale a peña. Eu que tiro, Pelucas que me sigue e Ito e Suso por detrás jardando. (el que jarda siempre tiene). Antes do giro de volta pasame o peluquero máis rápido da estepa Arzu-Castrofeitana, ó que me engancho cual Pekeno cando vai muerto e colle a roda do Joyero, e así chegaríamos xuntos pero no revueltos á zona de transición.

Zona que para un experimentado Oscarito coma min, non ten secretos, xa que son un tipo acostumado a facer transicións sen oxíseno muerto perdido. E así foi como abrin brecha co pelucas para salir diante na bici… Fago todo de manual, e cando chimpo enriva… “dios! qué oxidado tou! eu antes daba metido os pés à primera…” e si, houberaos metido á primeira… de non ser porque coloquei as jodidas zapas do revés. En fin. Baixar da bici, desenganchar as zapas coas mans e calzalas e volver a subir. vamos, de almendrao parriba jajajaj

Qué decir ten que me pasou Pelucas… e medio pueblo de Riveira. A cabeza (que non para) de carreira que a tiña a uns segundos na transición, ahora estaba a case un minuto. Xa me desconcentro e vou en solitario pouco a pouco remontando. Collo a pelucas, e nesto que me vou cruzando nos nos cambios de sentido con Teodorn e Suso-harris, que lebavan unha particular batalla un co outro, á vez que unha cara de muertos importante jajaja. Vaia risas. Os animos dos presentes fanlle sentir a un profesional por uns momentos, pasámolo moi ben, media hora de levar as perniñas apretadas pero xa está rematado.

harry-teo

Ahora a correr… pfff qué malas sensacións! Pero a nadie lle gusta baixar o pistón cando apenas son un par de kilómetros os que che separan da meta, bueno, eso mais un aire de cara que estivo presente toda a carreira que facían pensar que alguén lle deixara o tiro aberto á lareira. E ó final… acabamos os 4, moi contentos e felices. Ah! e Ito… protagonizou o sprint da xornada (ver fotos). Todo un espectáculo para a xente. E gratis.

1461282_1415929845307212_988155063_n

Tardamos uns mins en recuperar a fala do esfuerzo, pero apenas uns segundos en decidir que o colofón perfecto serían unas merecidas rondas de birras. E así foi. Gran domingo diferente para acudir a unha proba moi ben organizada, cos seus detalles, pero é importante que cousas como esta vaian gañando peso e haxa máis iniciativas deste tipo na zona. Pero debíase poñer límite máximo de pulsacións para os corredores, aí queda a miña proposta jajaja.

fotowapa

E nada, deixovos cunhas fotiñas (fotazas) que sacou a xente durante a proba, amén dos tempos para que os analiceces e vos poñades a temblar para o próximo du-croos-trail riveira de dentro duns días… jajaja.

TEMPACOS —> http://cronotec.es/index_htm_files/clsdu.pdf

Joder qué larga me quedou a carallada esta… vaia mono tiña de escribir. Ata me vou a permitir a licencia de deixarvos cunha frase dun filósofo da zona, que reza así: SEMPRE HAI QUEN VEXA!!!

Unha aperta OEAS!!!!!

Oscarito!

LIÑAREDO – TAPIA – OCA – LENS (17-11-13 OEA)

Boas OEAs, a petición da directiva Jo … ejem ejem … Tocoume a min desta vez describir un pouco a saida do pasado domingo.

Coma sempre a saída foi dende a praza das TETAS. Alí estábamos uns 20 cascos máis ou menos, todos con ganiñas de quentar as perniñas polo frio que facía.

Diriximonos sobre as 9:30 dirección Cobas e a mala sorte tocoulle esta vez a Alfonso xa que partiu, perdeu ou saíuselle un parafuso da súa mtb, mala sorte!

Empezamos a subir toda esta zoa de Cobas e xa chegando ao desvío habitual para o Monte SanMarcos decidimos ir por outro e despois de sortear ramas, e cachopos recén recortados tivemos que dar volta e subir pola estrada.

Encaramos un par de pendentes en dirección o SanMarcos das que fan parar moito o ritmo. Unha vez sobrepasadas, diriximonos sempre subindo ao alto. Algúns xa nel e outros collendo un atallo na baixada polo monte, “10 segundos” de baixada e todos a pe de monte. Eso si, houbo quen se atreveu a baixar enriba da mtb.

Namentres ¡Ángel rompe a cadea!, non tarda en reparala e xuntarse co grupo no pe do monte. Entre risas e caralladas polo que se acababa de baixar, Juan solta unha verdade coma un puño “Qúen carallo limparía o monte con esa pendiente?”, a saber, Juan a saber!!! pero as risas non no las quita ninguén 😉


Seguindo o camiño dirixímonos en dirección ao rio Tambre, todo discorreu rápido xa que as pistas estaban en moi bo estado e as zonas técnicas limpiñas que daban gusto.

Pasados uns 20 km xúntase de novo Alfonso, con nova mtb e Carlos e Necho aproveitan para reunirse coa familia. Rápidamente empezamos a descender e algún que outro a soltar pata nas curvas de baixada. Mi madriña se se comen a Angel abaixo de todo … Lume botaban as rodas …

De alí diriximonos a Tapia, coñas cos novos, fotos e arreando que hai que voltar a subir para encontrar novos camiños.

Chegando as 14:00 h, hora H, o careto era de eu quero ir pa casa!!!, así se fixo, ca mala sorte de que Alfonso trilla a roda, reparación rápida e a fogo para Bertamiráns, mi madriña como ían Jory, Joyero, Pato, Juan, … (carreteira de Negreira abaixo) Buff sin palabros, os autos dábanlle paso 😉

Unha vez ocupado territorio Bertamiráns, Pepe e Pekeno despídense cara Brión e o resto pa casiña.

Mi madriña que voltas cachondas se deron.

Ata a próxima

DavidGC_oea