NADAL OEA 2012 NO RUBIAL

Se a navida é o que fixemos este domingo no Rubial e polos arredores da zona…. cada mes que sexa nadal, jajaja porque vaia festa montamos.

Viandas listas para papar

A idea como todolos anos era xuntarse o maior numero de OEA´S e de amigos bikers da zona e así o fixemos. DUrante a semana cada un de nos iba pensando que podiamos facer alá no monte o domingo. Pero durante a semana vaia chuvia, aire que xa pensamos que había que suspender pero por suerte o domingo veu un día espléndido, que pasada. Sólo fixo vento e para eso arreglamos ben.

Saída ben organizada da praza das tetas ás 9:45 da mañá con todo cargado na furgalla oea e no taboada´s car (noraboa polo carnet). Non faltaba de nada: viño, champan, cava, viño, champan, cava, chourizos, churrasco, pan, turrón, roscon, etc e todo cedido por cada un de nós. Agradecer tamén ó noso colaborador a CERVEXERÍA NEW YORK polo detalle que nos fixo 😉

Con todo listo o presidente e o “rapas” tiraron para o alto do monte preparar todo. O resto direccion rubial pero en bike. A ruta como siempre tranquila, polos camiños de sempre e sen demasiadas complicacións. Non facía casi frío e a mañá prestábase para andar en bike. Estivemos case todos presentes salvo algúns que non puideron vir. Destacar a presencia de un Montero, 4º na linea sucesoria á presidencia OEA despois de Alfonso e do pekeno, o benquerido Luis Montero,  que alí estaba coa sua 29er case a estrear.

Os camiños non estaban demasiado embarrados e podíamos rodar sen problema por eles, os novos rapaces OEA van moi moi be polo monte arriba e da gusta saber que hai nova sabia no club. A altura de Macedos unha malla da cadea rota fixo algo de xisqueira no desviador de Jory, menos mal que ali estaba o coche escoba e o mecánico co alicates e solucionamos o tema cortando e pegando jejej. Xa na base do Rubial notabase as ganas de chegar arriba á papatoria pero ibamos a ter un visitante moi pestoso, o aire, mimahh que vento facía de cara, era moito…habia case que subir a relevos para o monte ajajja dous grupos feitos, un mais adiantado coa chavalada e outro mais atrásado de parrandeo. Pouco a pouco fomos chegando arriba ó Rubial e cal é a nosa sorpresa cando das a última curva xa para subir a caseta que alí cheiraba que mmmmmm entrábanche moitas moitas forzas. Ata chegfaron uns trialeros coas motos que no seu impetu por facer filigranas tiveron un pequeno percance jajaja que risas e que mal quedaron. E sen probar nada.

Unha vez no campamento base aparcamos as burras polo pasto e tocábamos encher. QUE MARABILLA¡¡ unhas boas brasas…pan, chourizos, chocolate…esto si que é vida¡¡ outra cousa non pero logística e infraestructura non falta cos OEA´S e ganas de pasalo ben tampouco. Ali comemos e bebemos e sobre todo estivemos ríndonos un bo cacho con todas as parvadas que se din nestos casos. 

Cando rematamos con todo o material salado pasamos para o primeiro postre, turrons, mazapans etc e o chiculate quentiño cun toque de queimado que sentou de vicio (polo menos a min) e quentou un pouco mais o corpo e refrescou o picante dos chourizos que tan gentilmente cedeu a grand mother de Jory. jeje

Pero claro, todo o que sube, baixa e eso era o que nos tocaba, BAIXAR. Podiamos escoller baixar polo asfalto, cousa que sería mais razonable pero….. que sería do espíritu OEA se non lle poñemos algo de emoción á mañán? e por eso escollemos a trialera da marcha 2012 para descender. A maioría sen problemas salvo unha rotura do buje do chaval Jose, e as aventuras de Necho que a partir de agora vai a levar viño e champan no bidón porque por fin baixou unha trialera chachooo¡¡¡¡ Jjajajajjajajjajaj GRANDE Nechoo.

Xa en Macedos decidimos tirar cara Rañalonga e baixar a dos Cabalos e como siempre non deixou indiferente a nadie, sobre todo a saída estilo Lemans ainda que a algún esos metros de carreira xa o deixaron baldao. Pato non sei como fixo pero xa arrancou antes e detrás todolos ginetes coas suas monturas a por él…. vaia estampida 15 OEAS detras dun pato. A baixada como sempre moi divertida e perfecta que cunhas copas faise algo mais estreita do normal jeje.

A partir de aquí xa arrancamos dirección 1ª taberna PEPE REI. Todo moi rico moi abundante,cheos coma pelotas. Pero quedaba o último tramo, o mais duro e de resistencia. ABELLEIRA.

Tratando co patrón.

Non foron moitos os que nos quedamos alí, pero si que demos bo trato de todo como se pode ver na foto. O día prestaba para estar na terracita e veña tazas e veña jrasiosa. Juan, Jory, Andrés, Oscarito, Suso Beis, Pato, Necho e Carlos D. alí sentados na mesa. Batallita va batallita viene que se imos vender as bikes (esto é verdade, vaise poñer á venda material atentos), que se o remolque OEA está wapisimo, proyectos para a nova tempada, partido de solteiros contra casados…..O discurso do rei Oscarito….Qué risas¡¡

Todo foi pasando ata chegar algo o frío e ter que ir para dentro. Alí xa se encargou o patrón de traernos unha de LK para rematar a festa e sentenciar outro nadal mais. A tradición manda. Todos contentos, cada un na sua casa por suerte e sen contratempos.

Decir que foi un día completo e que o pasamos coma enanos. Os que puideron e non viñeron esperámosvos para o ano, será igual ou mellor jejejje

Un saúdo a todos e xa imos comentando detalles.

PD. o pekeno e adrian perderon a bike no Rubial, se alguen a atopa que se poña en contacto con nos. 😉

ABRAZOS E BO NADAL

Jory

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *