MMR CXperience (COPA ESPAÑA CICLOCROSS) by NANDO

Despois dunha semaniña rara, que si molestias na garganta, si vou ou non vou, que si solo teño 15 dias (inda non) de entrenos no lombo…

Pois nahh sale a expedición OEA formada pola miña representante, a encargada de facer inscripcións, a que controla que me hidrate mentras quento, a que me ajarra a chaquetilla cando van dar a salida, a que me saca as fotos mentras me berra dicindome como vou, a que cando acaba a carreira está ahí por si me fai falta calquera cousa, si chavalada, estas persoas son solo unha chamase Fátima e non sei que faría eu sin ela. Alá imos camiño a Oviedo ó MMR CXperience, copa de españa pa empezar a temporada de ciclocross.
Ó chegar sabíamos que era Oviedo porque o poñían nos letreiros, pero ó primeiro que vimos foi Alvaro do cambre, que está por todos lados, e a recua toda galega habitual no Cx. Vaia ambientazo, arrimamonos cara o circuito botarlle un ollo e… Buffff!!! Impresionante vaia sitio chulo chulo, inda que o primeiro que pensei foi “menudo desnivel ten esto” logo apenas se notaba. Se pasades por Oviedo arrimadevos o Parque de invierno.
Probando o circuito non as tiña todas comigo, curvas cerradas e contraperaltadas cun cesped/barro que as poñía pa trazar fino, e así casi todo, non sendo un par de rectas onde se podía dar pedal. Na segunda volta de recoñecemento xa me atopei máis cómodo nas curvas e en todo o trazado en xeral.
Formación da parrilla… Vaia parrillaca, eramos polo menos uns 20 e pico máis o resto jajaja, eu metinme onde puden, tirando cara atrás a dereita, levanto a cabeza e vexo por alá diante a A.Hernandez, Larrinaga e compañía, xa me tiñan uns metros de ventaxa, sona o asubio e luuuumeee!!! Merda, o de diante non engancha, intento esquivalo non podo pasan por todos lados, unha vez que arranco ben teño que ir remontando postos xa que os primeiros fixeran un tapón juapo juapo Xd… Pasando como e por onde podo, o tema era non cometer erros e forzar o xusto, cando na metade da primeira volta vexo a maneta dos platos que está trabada, vou no plato grande, non debía haber problema pero… Sorpresa cando no comezo da segunda, ó coller a bici nas escaleiras a cadena baixa ó plato pequeno, nas zonas de dar pedal non podía subír ó grande, e quedabame algo corto, bueeno, o caso era acabar como puidera. Cada volta fun a mellor, soltandome nas curvas, divertindome cada vez máis e pasando corredores, e acabei bastante fresco para levar tanto tempo sen competición, o tema era que non me colleran os de cabeza e conseguino, eses superhomes van polo aire por eso non patinan na lama.
Cando chego a meta a que non sabedes quen estaba? Pois si, estabanme esperando ca chaquetilla bebida e aljo de comer, pa que non caera redondo e non me collera o friu, que en asturies é chungo.
Organización, circuito, aparcamento cuberto, todo de 10 dos árbitros queixaronse a min tanto me ten o posto, o único que non me contaron a última volta.
Decidimos parar a comer de camiño, en Cudillero, sitio tamén guapo pero creo que nos engañamos de restaurante ;).
A próxima? a saber, depende de como me veña o aire, Llanes pa semana, pero é unha tirada… e haber si recluto a algún máis pa facer o OEA cx Team.
Alaa, unha aperta jrande!!!

Jory

Da gusto ver o ben que se pasa o ler estas cronicas que parece que estas ali. Respecto os axudantes,… Que decir jajaja sei todo o que fai por nós e o sacrificio que a veces lle supón.

Un abrazo grande os dous!

Nando

Si che gustou a crónica, máis che había gustar correlo, jajaja o que si botei de menos esa roda que estuvo durante toda a temporada… 😉

pepiño

Moi moi voa Nandiño eres un crak e polos elite podeste sentir como un deles porqe para min xa o eres noraboa,e de Fatima qe decir non ai palabras eso non se paga jaja sige asi aber cando te podemos ver por ai qe amin qedoume janas da ultima vez,e a proxima a comer nun bar de camioneros jajaja
Animo Campeon.

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *