Fotos

Transgalaica#02 Ames 2017 organizada polo Club Ciclista Os Esfola Arrós C.C.

Publié par Manuel Vieites Rodríguez sur lundi 13 mars 2017

MARCHA DA SERRA DE OUTES

Bueno tócame estrenarme como OEA coa crónica da ruta de Outes,

alí estábamos Panchito, Xoiero e mais eu dispostos a disfrutar dun gran día despois dunha semana de agua o día pintaba despexado e Panchito veña a amantarse, que si maillo, que sí chaqueta, que si…
Dan a saida e os compañeiros apretan na cabeza, eu coma sempre pola cola, máis penso que hay que aproveitar que a ruta arranca con casi 8 km llanos para entrar en calor, así que comenzo a apretar e adiantar coma un poseso, cando veo que os que quedan diante van o mesmo ritmo ca min, afloxo digo xa estamos na posición que me corresponde.

Así entramos no paseo maritimo pegado o mar e chegamos ata o Freixo con increíbles vistas, o cruzar a carretera xeral (ben protexido o cruce, coma tódolos da ruta) toda unha declaración de intenciones o primero mensaxe “comienza lo bueno” e comenzamos a subir rampas duras, rampas técnicas, algún sendero entre carballos para disfrutar e relaxar as pernas e volta a subir, atópome ben e sigo forzando e adiantando xente e así chegamos o alto do Tremuzo e penso non foi para tanto, xa está todo feito.

Paso o avituallamento creo que o 3* perdín a conta dos que había 4 líquidos e 2 sólido-líquido??!!!! Polo menos en 47 km!! ;

apreto ágora ven o divertido: toca baixar, levanto a cabeza e veñen 2 ciclistas de frente, -ostia! Onde me trabuquei?, pero si vou ben con tanta flecha imposible perderse….
Volvo a mirar e penso eses colores soanme, pero si son Xoiero e Panchito, Panchito caeu na baixada levou un golpe e Xoiero acompañao de regreso o punto de control mais cercano, vai ben e eu sigo para diante.

Baixadas embarradas, lodosas, con pedras resbaladizas,… En fin delicadillas e eu solto frenos e arrisco unha miga, hay que divertirse, seguinte subida novo cartel “el hombre del mazo” pero non estaba feita!! Menudas rampas técnicas rotas e pedregosas, veña que ven a baixada longa… Casi 6 km de baixadas enlodadas, pedregosas, reviradas e ¡divertidas!, agotadoras, chego abaixo agotado de pernas de aguantar a bici;

Novo cartel baixada perigosa e o lado “se tes medo a baixada a dar pedales” jajajaaaa indicando a alternativa, tírome pola baixada e a disfrutar, chegando abaixo alcanzame Xoiero, sigoo un anaco na baixada e no llano ( el vai con calma) chega unha nova subida e pásame conta o esforzo anterior e quédome un pouco.

Comenza unha zona de subidas curtas e baixadas encaracoladas alternandose sen previo aviso que rompen as pernas, o ritmo e a pouca forza que queda, veña que xa quedan 3 km casi llanos, apreto mantendo o tipo e chego o pabellón cun sorriso de orella a orella.

Panchito xa esta ali co no humor de sempre e a cara un pouco hinchada, Xoiero leva un bo rato por alí.
limpieza de bicis, ducha, pinchos, e para casa….

Xa teño a fecha reservada para o año que ven!!!
Un saludo
Santiago Soleto

Cronica ll duatlon popular Concello de Riveira

Despois dunha semana de tensas conversas por guasat, nas que o lanzamiento de cuchillos por parte do meu ” colega” Oscarito hacia min ( Suso Beis), eran continuas( “voute papar….non vou deixar de ti nin o pelexo…cando che pase diante vouche cuspir…debesme unha verveza que ainda non me pagaches, etc),chegaban as nove e cuarto do domingo 19 de outubro, hora na que quedara de recoller o elemento este para ir a Riveira para participar no ll duatlon popular que ali se celebraba. Colocamos bicis e bolsos no coche, e ala imos. A viaxe moi amena, conto vai, conto ven, musikita guapa, Oscar cantandome todolos radares habidos e por haber, e cando nos demos conta xa estabamos aparcando.Recollemos dorsais e chip e imos cambiarnos para quentar un pouco, xa que a saida era as 11, e ainda que tinhamos tempo, non queriamos andar apurados e sair frios.
A proba constaba de 4.200 metros de carreira a pe, 20800 metros en bici e 2100 metros correndo outra vez.
Pasaba un pouco das 11 cando nos avisan que nos coloquemos detras do arco, que van dar a saida, e ala imos os cento e pico que eramos, dispostos a botalas alejrias fora. Nos colocamonos casi o final. Ali habia de todo, alguns ” pros”, bastantes ” contras”, moita “trapallada”, e oscarito mais eu.
Dan o pistoletazo, e saimos todos como se viramolo demo, eu xa co corazon na boca, e oscarito creo que xa o botara fora e levabao na man, vaia ritmo senhores, a 3:30!!. Vou collendo o meu ritmo, e vexo que oscarito se vai quedando algo. ” Ah pajaro, ya eres mio”, pensaba eu…
Completamos as duas voltas a un circuito moi entretenido de 2100 metros, a un ritmo de 4 min/ km, chegamos o box para coller a bici, e vexo que oscar ainda lle faltan 50 metros pa chegar. Fago a transicion ca minha rapidez habitual, e dicir, dando verjuenza,  collo a bici, e vexo o carallo este xa ala adiante. Salgo coma unha autentica insolacion, e antes de que pasara 1 km, pilleino.
O sector de bici, que eran 4 voltas a un circuito de 5 kms, con dous repeitazos potentes, fixemolo sempre xuntos, a relevos, a un ritmo moi bo,( coma os pros, casi), e sempre con unha sanguijuela pegada a nos, destas que van sempre ahi a roda, e que nunca da un relevo, pero que a minima oportunidade fai por escapar. Que asco de tio!, a min comiame o demo….( menos mal que namais empezar a correr xa o papamos, senon eu ainda habia de ter pesadelos con el…)
Chegamos a ultima transicion, o oscarito xa quitando as zapatillas en marcha, e eu, como non o sei facer, pois hostias en vinajreta, con todo posto…Boto a correr, e o pollo xa me saca uns 200 metros de ventaxa.” Pois ainda me has papar…” pensaba yo. Non me venho abaixo, subo o ritmo todo o que podo, pero sin pasarme,( xa que ainda quedaban 2 kms) e antes de que pasara 1 km xa o pillara. Cando faltaban 500 metros para meta, acordamos non disputar a victoria, e entramos os dous xuntos na meta collidos da man, mariconada xa tipica nosa…
O final, 1h 10m, que tendo en conta que os pros lles levou unha hora, pois non esta nada mal
Para rematar, abituallamiento de frutas varias, aquarios, cervecita a rodar, unha camiseta moi chula, un par de fotos, e pa unha terracita tomarlle a ultima cervecita, contando as nosas batallitas no aptas para menores de dieciocho…eh oscarito!
Resumindo, foi unha manan de 10: a organizacion, a proba en si, a temperatura, a companhia, todo!!!
Nada mais
UNHA APERTA
Espero que vos guste, xa que estou perdendo de dormir por facer esto, e polo menos….

MMR CXperience (COPA ESPAÑA CICLOCROSS) by NANDO

Despois dunha semaniña rara, que si molestias na garganta, si vou ou non vou, que si solo teño 15 dias (inda non) de entrenos no lombo…

Pois nahh sale a expedición OEA formada pola miña representante, a encargada de facer inscripcións, a que controla que me hidrate mentras quento, a que me ajarra a chaquetilla cando van dar a salida, a que me saca as fotos mentras me berra dicindome como vou, a que cando acaba a carreira está ahí por si me fai falta calquera cousa, si chavalada, estas persoas son solo unha chamase Fátima e non sei que faría eu sin ela. Alá imos camiño a Oviedo ó MMR CXperience, copa de españa pa empezar a temporada de ciclocross.
Ó chegar sabíamos que era Oviedo porque o poñían nos letreiros, pero ó primeiro que vimos foi Alvaro do cambre, que está por todos lados, e a recua toda galega habitual no Cx. Vaia ambientazo, arrimamonos cara o circuito botarlle un ollo e… Buffff!!! Impresionante vaia sitio chulo chulo, inda que o primeiro que pensei foi “menudo desnivel ten esto” logo apenas se notaba. Se pasades por Oviedo arrimadevos o Parque de invierno.
Probando o circuito non as tiña todas comigo, curvas cerradas e contraperaltadas cun cesped/barro que as poñía pa trazar fino, e así casi todo, non sendo un par de rectas onde se podía dar pedal. Na segunda volta de recoñecemento xa me atopei máis cómodo nas curvas e en todo o trazado en xeral.
Formación da parrilla… Vaia parrillaca, eramos polo menos uns 20 e pico máis o resto jajaja, eu metinme onde puden, tirando cara atrás a dereita, levanto a cabeza e vexo por alá diante a A.Hernandez, Larrinaga e compañía, xa me tiñan uns metros de ventaxa, sona o asubio e luuuumeee!!! Merda, o de diante non engancha, intento esquivalo non podo pasan por todos lados, unha vez que arranco ben teño que ir remontando postos xa que os primeiros fixeran un tapón juapo juapo Xd… Pasando como e por onde podo, o tema era non cometer erros e forzar o xusto, cando na metade da primeira volta vexo a maneta dos platos que está trabada, vou no plato grande, non debía haber problema pero… Sorpresa cando no comezo da segunda, ó coller a bici nas escaleiras a cadena baixa ó plato pequeno, nas zonas de dar pedal non podía subír ó grande, e quedabame algo corto, bueeno, o caso era acabar como puidera. Cada volta fun a mellor, soltandome nas curvas, divertindome cada vez máis e pasando corredores, e acabei bastante fresco para levar tanto tempo sen competición, o tema era que non me colleran os de cabeza e conseguino, eses superhomes van polo aire por eso non patinan na lama.
Cando chego a meta a que non sabedes quen estaba? Pois si, estabanme esperando ca chaquetilla bebida e aljo de comer, pa que non caera redondo e non me collera o friu, que en asturies é chungo.
Organización, circuito, aparcamento cuberto, todo de 10 dos árbitros queixaronse a min tanto me ten o posto, o único que non me contaron a última volta.
Decidimos parar a comer de camiño, en Cudillero, sitio tamén guapo pero creo que nos engañamos de restaurante ;).
A próxima? a saber, depende de como me veña o aire, Llanes pa semana, pero é unha tirada… e haber si recluto a algún máis pa facer o OEA cx Team.
Alaa, unha aperta jrande!!!